Lista de linguas por número de falantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribución actual das familias de linguas.

Esta é unha lista de linguas, ordenadas polo número de falantes como lingua nai, con algúns datos como segunda lingua.

Cabe facer unha distinción entre lingua nativa e segunda lingua. Lingua nativa é aquela que o falante aprende ao nacer e que desenvolve ao paso que crece como cidadán. Segunda lingua é aquela que é posteriormente estudada como unha lingua de instrución ou de comunicación diaria.

  1. O árabe aparece como lingua única a pesar de que o árabe magrebí e o árabe levantino, por exemplo, son incomprensibles entre si. O mesmo xa non acontece para o árabe estándar, que é unha forma padronizada de árabe.
  2. As linguas que son oficiais en estados soberanos son listadas por separado. Exemplos: noruegués, dinamarqués e sueco, a pesar de ser mutuamente comprensibles, serán listadas por separado, o mesmo ocorre para o caso do malaio-indonesio e do galego-portugués.
  3. Diferentemente da versión en inglés da Wikipedia, separaranse aquí os diversos dialectos do chinés, unha vez, que o mesmo ocorrerá para os dialectos da India e da Indonesia, por exemplo.

Máis de cen millóns de falantes nativos[editar | editar a fonte]

Lugar Idioma Familia Estatuto oficial Número de falantes
Mandarín Sino-tibetana Lingua oficial en: República Popular da China, Taiwan e Singapur. 867 millóns de nativos
Hindi indoeuropeas, Indo-ariana Lingua oficial na India 440 millóns de nativos + 125 millóns como segunda lingua = 565 millóns en total.
Castelán indoeuropeas, Itálica, Linguas románicas Lingua oficial en: Arxentina, Bolivia, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, República Dominicana, El Salvador, Ecuador, España, Estados Unidos (Novo México), Guatemala, Guinea Ecuatorial, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, Uruguai e Venezuela. 400 millóns de nativos + 50 millóns como segunda lingua = 450 millóns no total.
Inglés indoeuropeas, Lingua xermánica, Occidental Lingua oficial en[1]: Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Botswana, Brunei, Camerún, Canadá (agás Quebec), Dominica, Filipinas, Gambia, Ghana, Granada, Güiana, Fixi, Illas Marshall, Illas Salomón, India, República de Irlanda, Xamaica, Quiribati, Lesoto, Liberia, Malawi, Maldivas, Malta, Mauricio, Micronesia, Namibia, Nauru, Nixeria, Nova Zelandia, Palau, Papúa Nova Guinea, Paquistán, Reino Unido (e en todos os territorios británicos e dependencias da Coroa Británica), Samoa, Santa Lucía, Saint Kitts e Nevis, San Vicente e Granadinas, Serra Leoa, Seixeles, Singapur, Suacilandia, Suráfrica, Tanzania, Tonga, Trinidad e Tobago, Tuvalu, Uganda, Vanuatu, Zambia, Cimbabue, na maioría destes lugares é meramente segunda lingua. 345 millóns de nativos + 200 millóns como segunda lingua = 545 millóns en total
Portugués indoeuropeas, Itálica, Linguas románicas Lingua oficial en: Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe, Timor Leste e na R.A.E. de Macau. 249 millóns de nativos + 30 millóns como segunda lingua = 279 millóns en total
Árabe Afroasiática, Semíticas Lingua oficial en: Arabia Saudí, Alxeria, Bahrein, Comores, Chad, Djibuti, Exipto, Emiratos Árabes Unidos, Eritrea, Iemen, Iraq, Israel, Xordania, Kuwait Líbano, Libia, Marrocos, Mauritania, Omán, Qatar, Siria, Somalia, Sudán, Tunisia. 206 millóns de nativos + 40 millóns como segunda lingua = 246 millóns en total.
Bengalí indoeuropeas, Indo-ariana Lingua oficial en: Bangladesh, India (Bengala Occidental, Tripura). 171 millóns de nativos + contando 14 millóns de Chittagonian + 10,3 millóns de Sylheti = 195,3 millóns en total
Ruso indoeuropeas, Eslava, Oriental Lingua oficial na: Abkhazia (de iure parte de Xeorxia) , Bielorrusia, Casaquistán, Quirguicistán, Rusia, Transnistria (de iure parte de Moldavia) 145 millóns de nativos + 110 millóns como segunda lingua = 255 millóns en total
Xaponés Altaica (controverto), Xaponesa Lingua oficial no: Xapón e Palau (Angaur). 128 millóns de nativos
10° Bhojpuri indoeuropeas, Indo-ariana (incluído no Hindú) Lingua oficial na: India. 126 millóns de nativos
11° Alemán indoeuropeas, Lingua xermánica, Occidental Lingua oficial en:Alemaña, Austria, Bélxica (Cantón Occidental), Italia (Tirol do Sur), Liechtenstein, Luxemburgo, Suíza (Aargau, Appenzell Exterior, Appenzell Interior, Basilea-Campo, Basilea-Cidade, Berna, Friburgo, Glarus, Lucerna, San Galo, Schaffhausen, Schwyz, Soleura, Zug, Zúric, Grisóns, Nidwalden, Obwalden, Turgovia, Uri, Valais). 110 millóns de nativos (105 millóns de Alemáns, 5 millóns de Alemáns-Suízos, 22 millóns como segunda lingua = 132 millóns no total

De trinta a cen millóns de falantes nativos[editar | editar a fonte]

Lugar Lingua Familia Estatus oficial Número de falantes
12° Francés indoeuropeas, Itálica, Linguas románicas Lingua nacional ou oficial en: Bélxica (Bruxelas e Valonia), Benin, Burkina Faso, Burundi, Camerún, Canadá (nacionalmente e en New Brunswick, Quebec, e territorios externos), Chad, Comores, República do Congo, República Democrática do Congo, Costa de Marfil, Djibuti, Estados Unidos de América (Louisiana), Vanuatu, Francia (incluíndo territorios externos), Gabón, Guinea, Guinea Ecuatorial, Haití, India (distritos de Karaikal e Pondicherry), Italia (Val de Aosta), Líbano, Luxemburgo, Madagascar, Malí, Martinica, Mauricio, Mónaco, Níxer, Reino Unido (Guernsey, Jersey), República Centroafricana, Ruanda, Senegal, Seixeles, Suíza (Berna, Cantón de Friburgo, Cantón de Xenebra, Xura, Neuchâtel, Valais, Vaud), Togo. 78 millóns de nativos + 120 millóns como segunda lingua = 198 millóns en total
13° Xavanés Austronesia, Malaio-Polinesia, Sunda-Sulawesi Lingua nativa na Indonesia (Orixinalmente na illa de Xava). Comunidades Significativas na Francia (Nova Caledonia), Malaisia, Suriname 76 millóns
14º Coreano Altaica (controverso) Lingua oficial en: Corea do Norte, Corea do Sur, República Popular de China (Yanbian). Comunidades Significativas en: Australia, Estados Unidos (Guam, Hawai, Illas Marianas do Norte, Xapón. 71 millóns
15º Vietnamita Austro-Asiática, Mon-Khmer, Viética Lingua oficial en: Vietnam. Comunidades Significativas en: Australia, Camboxa, Estados Unidos (California), Francia (Nova Caledonia), Laos, Noruega, Vanuatu. 70 millóns de nativos + 16 millóns como segunda lingua = 86 millóns en total
16º Telugú Dravídica, Central-Sur Lingua oficial en: india (Andhra Pradesh, distrito de Yanam). Comunidades Significativas en: Bahrein, Fidxi, Mauricio 70 millóns de nativos + 5 millóns como segunda lingua = 75 millóns en total
17º Maratí indoeuropeas, Indoiranias, Indo-Ariana, Zona Central Lingua oficial en: India (Damão e Diu, Goa, Maharashtra). Comunidades Significativas nas: Mauricio. 68 millóns de nativos + 3 millóns como segunda lingua = 71 millóns en total
18º Támil Dravídica, Sur Lingua oficial en India (Tamil Nadu, (distritos de Karaikal e Pondicherry), Singapur, Sri Lanka. Comunidades Significativas en: Bahrein, Francia (Reunión), Fixi, Mauricio, Malaisia 68 millóns de nativos + 9 millóns como segunda lingua = 77 millóns en total
19º Persa indoeuropeas, Indoiranias, Indo-Ariana, Occidental, Suroeste Lingua oficial en: Afganistán, Irán, Taxiquistán. Comunidades Significativas en: Bahrein, Emiratos Árabes Unidos, Iraq, Israel, Omán, Qatar, Usbequistán. 61-71 millóns de nativos (incluíndo 50%-60% do Iran, 40% do Afganistán, 15%-30% do Usbequistán), podendo incluír Mazanderani e Gilaki con 50 millóns de falantes como segunda lingua = 110 millóns en total
20º Urdu indoeuropeas, Indoiranias, Indo-Ariana, Hindustani Lingua oficial en: India (Cachemira, Nova Delhi, Jammu e Uttar Pradesh), Paquistán. Comunidades Significativas en: África do Sur, Arabia Saudí, Bahrein, Botswana, Fidxi, Mauricio, Malawi, Omán, Qatar. 61 millóns de nativos + 43 millóns como segunda lingua = 104 millóns en total
21º Italiano indoeuropeas, Itálica, Linguas románicas, Italiano Lingua oficial en: Croacia (Condado Istriano), Eslovenia, Italia, San Marino, Suíza (Graubbden, Tessino). Comunidades Significativas en: Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá, Estados Unidos (Connecticut, Massachusetts, Nova Jersey, Nova York, Rhode Island), Francia, Grecia, Liechtenstein, Luxemburgo, Mónaco, Uruguai, Vaticano. 61 millóns de nativos (todas as variedades, incluíndo 7 millóns de Napolitano e Calabrés + 5 millóns de Siciliano, mais non levando en consideración o Sardo)
22º Punjabi indoeuropeas, Indoiranias, Indo-Ariana, Lingua oficial en India. 60,8 millóns (occidental) + 28 millóns (meridional) + 14 millóns Siraik = 102,8 millóns en total
23º Cantonés Sino-tibetana, Lingua oficial en China. 66 millóns de nativos ~ 100 millóns en total
24º Turco Altaica, Turco, Suroeste, Oghuz Lingua oficial en Bulgaria (rexional), Chipre, República Turca do Norte de Chipre (de facto en parte de Chipre), Turquía. Comunidades Significativas en: Alemaña, Australia, Austria, Xeorxia, Grecia, Países Baixos, Irán, Moldavia, República de Macedonia. 60 millóns de nativos + 15 millóns como segunda lingua = 75 millóns en total
25º Polaco indoeuropeas, Eslava, Oriental Lingua oficial en: Polonia. Comunidades significativas en: Bielorrusia, Estados Unidos (Connecticut, Illinois, Nova Jersey), Israel, Letonia, Lituania, Ucraína. 50 millóns
26º Min Sino-tibetana, Lingua oficial en China. 46,2 millóns de nativos ~ 100 millóns en total
27º Guxaratí indoeuropeas, indoiranias, Indo-Ariana, Zona Central Lingua oficial en: India (Dadra e Nagar Haveli, Damão, Diu, Guxarate). Comunidades Significativas nas: Fidxi. 46 millóns
28º Maithili indoeuropeas, indoiranias, Indo-Ariana, Zona Oriental Lingua oficial en: India (Dihar). . 45 millóns
29º Ucraíno indoeuropeas, Eslava, Occidental Lingua oficial en Ucraína, Transnistria (de iure parte de Moldavia). Comunidades Significativas en: Bielorrusia, Casaquistán, Eslovaquia, Estonia, Xeorxia, Hungría, Letonia, Lituania, Moldavia, Quirguistán, Rusia. 39 millóns
30º Malaialam Dravídica, Sur Lingua oficial en: India (Kerala, Lakshadweep, distrito de Mahe). Comunidades Significativas en: Bahrein, Emiratos Árabes Unidos 36 millóns (1997)
31º Canarés Dravídica, Sul Lingua oficial en: India (Karnataka). 35 millóns de nativos + 9 millóns como segunda lingua = 44 millóns en total
32º Hakka Sino-tibetana, Lingua oficial en: China. 34 millóns de nativos
33º Oriya indoeuropeas, indoiranias, Indo-Ariana, Magadhi Lingua oficial en: India (Orissa). 32 millóns
34º Birmanés Sino-Tibetana, Tibeto-Birmana, Lolo-Birmana Lingua oficial en: Myanmar. 32 millóns de nativos + 10 millóns como segunda lingua = 42 millóns en total
35º Azerí Altaica, Turco, Suroeste, Oghuz Lingua oficial en: Acerbaixán e Iraq. 31,4 millóns de nativos + 8 millóns como segunda lingua = 39,4 millóns en total
36º Tai Tai-Kadai, Kam-Tai, Be-Tai, Tai-Sek, Tai Lingua oficial en: Tailandia. 31 millóns de nativos + 29 millóns como segunda lingua = 60 millóns en total. Incluíndo Tai do Sur, Tai do Norte/Laociano Oriental, mais non tendo en conta Shan, Isan, ou Laciano.

De dez a trinta millóns de falantes nativos[editar | editar a fonte]

Lugar Lingua Familia Estatus oficial Número de falantes
37º Curdo indoeuropeas, indoiranias, iraniano Lingua oficial en: Iraq. 29 millóns de nativos
38º Amhárico Afroasiática, Semítica, Meridional Lingua oficial en: Etiopía. 27 millóns de nativos + 7 millóns como segunda lingua = 34 millóns en total
39º Sudanés Austro-asiática, Malaio-polinesia, Sunda-Sulawesi Lingua oficial en: Indonesia. 27 millóns de nativos + 7 millóns como segunda lingua = 34 millóns en total
40º Romanés Afroasiática, Semítica, Meridional Lingua oficial en: Romanía. 26 millóns de nativos + 4 millóns como segunda lingua = 30 millóns en total
41º Hausa Afroasiática, Chádica, Lingua oficial en: Nixeria. 24,2 millóns de nativos
42º Oromo Afroasiática, Cuchítica, Oriental Lingua oficial en: Etiopía. 24 millóns de nativos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Os Estados Unidos da América non ten ningún idioma oficial, pero de facto se usa o inglés