Lingua lorenesa
| Lorenés | ||
|---|---|---|
| Outros nomes: | Lorrain, gaumais | |
| Falado en: | ||
| Rexións: | ||
| Total de falantes: | Descoñecido | |
| Posición: | Non está entre as 100 máis faladas. | |
| Familia: | Indoeuropea Itálico Románico Ítalo-occidental Galo-ibérico Galo-románico Galo-rético Oïl Lorenés |
|
| Escrita: | Alfabeto latino | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Lingua rexional endóxena en Bélxica. | |
| Regulado por: | Non ten regulación oficial | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | --- | |
A lingua lorenesa ou lorenés (lorrain en Francia ou gaumais en Bélxica) é unha lingua románica pertencente ao grupo das linguas de oïl falada maioritariamente na rexión da Lorena (Francia). O estado francés non a recoñece, como moitas outras linguas.
Localización [editar]
Fálase maioritariamente na rexión da Lorena (Francia), que fai fronteira con Alsacia polo oeste. A fronteira lingüística entre o lorenés e o alsaciano segue a delimitación entre as dúas rexións até a altura de Lutzelhouse, onde o lorenés se interna en territorio alsaciano, de xeito que tamén se fala en diversas zonas dos altos vales dos Vosgos e en Courtavon, ao extremo sur do país. Tamén son de fala lorenesa o val do Bruche, dende Lutzelhouse, o val do Giessen e a zona de Liepvre (variedade vosguesa). Na localidade de Sainte-Marie-aux-Mines, entre hai unha situación de bilingüismo co alsaciano. O número de parlantes do lorenés en Alsacia é duns poucos milleiros. O lorenés tamén se fala en determinadas zonas de Bélxica, especialmente na rexión do Gaume.
Normativización [editar]
Non ningunha normativa aceptada en xeral.
Status legal [editar]
O lorenés non ten ningún tipo de status oficial nin na alsacia nin na Lorena, mais Bélxica ten recoñecido recentemente ao idioma coma lingua rexional de Valonia co nome de gaumais.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||