Arquipélago de Hawai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa das illas Hawai

O arquipélago de Hawai (en inglés Hawaiian Islands) é un arquipélago está formado por dezanove illas e atois (antes coñecidas como illas Sandwich), ademais de illotes, arrecifes e bancos de area, nunha aliñación do noroeste ao sueste ao longo de 2.400 km no Pacífico Norte. O arquipélago toma o nome da illa máis grande, Hawai, que á vez é a máis oriental e pertence ó estado de Hawai, Estados Unidos.

As illas do arquipélago son as cimas que sobresaen dunha gran serra submarina formada pola actividade volcánica. Situado a 3.000 km, aproximadamente, do continente máis próximo, América, é o arquipélago máis illado da Terra.

Illas[editar | editar a fonte]

De leste a oeste són as seguintes:

Illa Poboación (2000) Àrea (km²) Densidade Coordenadas
Hawaii 148.677 10.432´52 14´3 19°30′N 155°30′W / 19.500°N 155.500°W / 19.500; -155.500
Maui 117.644 1.883´5 62´5 20°48′N 156°20′W / 20.800°N 156.333°W / 20.800; -156.333
Kahoolawe   115´5  

20°33′N 156°36′W / 20.550°N 156.600°W / 20.550; -156.600

Lanai 3.193 363´97 8´8 20°50′N 156°55′W / 20.833°N 156.917°W / 20.833; -156.917
Molokai 7.404 673´44 11´0 21°8′N 157°0′W / 21.133°N 157.000°W / 21.133; -157.000
Oahu 876.156 1.545´3 567´0 21°26′N 157°58′W / 21.433°N 157.967°W / 21.433; -157.967
Kaua'i 58.303 1.430´43 40´8 22°3′N 159°30′W / 22.050°N 159.500°W / 22.050; -159.500
Niihau 160 179´9 0´9 21°54′N 160°8′W / 21.900°N 160.133°W / 21.900; -160.133
Kaula   0´64   21°39′N 160°32′W / 21.650°N 160.533°W / 21.650; -160.533
Nihoa   0´70   23°3′N 161°55′W / 23.050°N 161.917°W / 23.050; -161.917
Necker   0,18  

23°34′N 164°42′W / 23.567°N 164.700°W / 23.567; -164.700

French Frigate Shoals   0´25  

23°45′N 166°10′W / 23.750°N 166.167°W / 23.750; -166.167

Gardner Pinnacles   0´02   25°1′N 167°59′W / 25.017°N 167.983°W / 25.017; -167.983
Arrecife Maro   0   25°25′N 170°35′W / 25.417°N 170.583°W / 25.417; -170.583
Laysan   4´11   25°50′N 171°50′W / 25.833°N 171.833°W / 25.833; -171.833
Lisianski   1´56   26°2′N 174°0′W / 26.033°N 174.000°W / 26.033; -174.000
Pearl e Hermes   0´36   27°48′N 175°51′W / 27.800°N 175.850°W / 27.800; -175.850
Midway   6´2   28°13′N 177°22′W / 28.217°N 177.367°W / 28.217; -177.367
Kure   0´86   28°25′N 178°20′W / 28.417°N 178.333°W / 28.417; -178.333
TOTAL 1.211.537 16.639´44 72´8  

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

As illas Hawai teñen unha gran cantidade de especies endémicas. A fauna e a flora desenvolvéronse case en completo illamento durante 70 millóns de anos. O primeiro contacto humano cos polinesios, introduciu novas árbores, plantas e animais. A poboación crecente deu inicio á deforestación e a degradación do ecosistema. Como resultado, algunhas especies extinguíronse.

A chegada dos europeos tivo un gran impacto coa promoción a gran escala da agricultura de monocultivo para a exportación, a introdución do gando e o desenvolvemento urbano. Hoxe en día moitas das especies endémicas que queden están en perigo de extinción.

Clima[editar | editar a fonte]

As illas son máis húmidas no norte e ao leste, a sobreviento dos ventos alisios, onde hai máis precipitación. As áreas litorais en xeral, e especialmente no sur e ao oeste ou sotavento, son máis secas. A maioría de áreas turísticas están no litoral de sotavento das illas.

A maioría de choivas concéntranse entre os meses de outubro e abril. Sendo a estación máis seca de maio a setembro, pero con risco de furacáns.

A temperatura media ao nivel do mar varía entre os 29 e os 32 °C no verán e entre os 18 e os 21 °C no inverno. A temperatura diminúe coa altitude e, de feito, as tres montañas máis altas, Mauna Kea, Mauna Loa e Haleakala, cóbrense de neve no inverno.

Os tsunamis poden afectar ás illas Hawai. Historicamente, a cidade de Hilo, na illa de Hawai, recibiu o impacto de tsunamis acentuados pola forma da baía onde está situada.

Furacáns[editar | editar a fonte]

A tempada de furacáns nas illas Hawai afai ser de xullo a novembro, momento en que os furacáns e as tormentas tropicais son máis frecuentes no pacífico. Estas tormentas tenden a orixinarse na costa de México (en concreto na península da Baixa California).

Hawai está protexida do vasto océano pacífico, xa que a medida que as tormentas cruzan o Pacífico tenden a perder forza se topan con masas de auga fría. Pénsase que a topografía das illas máis altas (Haleakal? en Maui, Mauna Kea e o Mauna Loa na Gran Illa) poden protexer as illas, e é certo que Kauai foi golpeada máis a miúdo nos últimos 50 anos que as outras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]