Castrapo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O castrapo é unha variedade de castelán que se vale seguido de xiros, trazos e expresións propias da lingua galega que ten polo xeral unha consideración social baixa, posto que non se axusta a ningunha das devanditas linguas.

Orixe e evolución

Este fenómeno xurdiu pola castelanización de Galiza e a imposición da lingua castelá, proceso secular que decote se denominada Doma e Castración do Reino de Galiza[1]. O galego perdeu oficialidade e durante o período que hoxe se coñece como os Séculos escuros non se aprendía nas escolas, nin se usaba nas igrexas, nin en ningún dos demais ámbitos públicos e administrativos, quedando reducido ao núcleo familiar, se ben en ningún momento perdeu a súa condición de lingua maioritaria de Galiza.

Intelectuais recoñecidos como Manuel María tiveron unha postura belixerante ao respecto desta cuestión e aínda hoxe non hai consenso entre os lingüístas e entre os colectivos reintegracionistas, malia que manifestamente minoritarios, que difiren na súa concepción de castrapo da outorgada pola institucións oficiais. Con todo, o dicionario Estraviz (que recolle a norma da AGAL) defíneo como "Espanhol, muito influído polo galego, que se fala na Galiza".

O Dicionario da Real Academia Galega defíneo como unha "variante do idioma castelán falado en Galicia, caracterizado pola abundancia de palabras e expresións tomadas do idioma galego". O que a día de hoxe parece seguro é que se trata dun castelán con moitos trazos e xiros galegos, mais non ao revés. Así o recollen nas súas definicións outros dicionarios de referencia como o Cumio ou IrIndo[2], amais do da propia RAG.

Notas

Véxase tamén

Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Castrapo

Bibliografía

  • García, Constantino, Interferencias lingüísticas entre galego e castelán en Temas de Lingüística Galega, A Coruña, 1985, pp 109-140

Outros artigos

Ligazóns externas