Lingua ladina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ladino
'Ladin'
Falado en: Italia Italia
Rexións: Flag of Trentino-South Tyrol.svg Trentino-Tirol do Sur
Total de falantes: 40.000
Posición: Non está entre as 100 máis faladas.
Familia: Indoeuropea
 Itálico
  Románico
   Ítalo-occidental
    Occidental
     Galo-ibérica
      Galo-románica
       Galo-rética
        Retorrománica
         Ladino
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non é oficial
Regulado por: Servisc de Planificazion y Elaborazion dl Lingaz Ladin
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: roa
ISO 639-3: lld
Idioma ladino.PNG

O ladino (en ladino: ladin, en italiano: ladino, en alemán: Ladinisch) é unha lingua que pertence á familia lingüística romance estreitamente relacionada co relacionada co romanche e o friulano. Fálase na rexión histórica de Ladinia nos Alpes Dolomitas que administrativamente abrangue parte das provincias de Tirol do Sur, Trento e Belluno rodeados de territorio de lingua tradicional alemá, conservando a súa lingua, a cal agora ten recoñecemento social como lingua independente, aínda que carece dunha forma estándar común pese a que existen tentativas para creala [1], existindo formas escritas dos diferentes dialectos desde o século século XIX. Está recoñecida como lingua minoritaria en 54 concellos [2] e segundo o censo de 2011 contaba con 18.550 falantes en Trento [3] e 20.548 no Tirol do Sur [4], non existindo datos para o número de falantes en Belluno

Extensión territorial[editar | editar a fonte]

O ladino fálase en:

O ladino falado no Val de Fassa está subdividido en polo menos dúas ramas, o Cazét que se fala ao norte do val e o Brach que se fala ao sur.

Usos históricos e actuais[editar | editar a fonte]

Bandeira do pobo ladino

O ladino está recoñecido en Italia, onde conta con algúns dereitos de oficialidade na rexión de Trentino-Tirol do Sur, mentres que non ten ningún status oficial á provincia de Belluno. A lealdade dos falantes de ladino dolomita foi no pasado cara a Austria máis que cara a Italia, e durante a Segunda Guerra Mundial decantáronse por Alemaña. Con todo, tras a guerra a rexión seguiu sendo italiana, aínda que cun certo grao de autonomía.

Actualmente, a rexión vive do turismo. A lingua ensínase nas escolas primarias, aínda que nunha versión diferente en cada val, sen que haxa intentos de unificar as variedades. O número total de falantes é duns 40.000, practicamente bilingües na súa totalidade co italiano (Trento e Belluno) ou co alemán (Bolzano), ou trilingües con ambas as linguas. Disponse dun bo número de libros de texto de introdución ao ladino. Tamén existen moitas e boas gramáticas descritivas, dicionarios e análises lingüísticas da lingua.

Hai dous diarios, Die Dolomiten, en alemán, e o Alto Adige, en italiano, os cales inclúen unha páxina escrita en calquera das variedades do ladino. Tamén hai dúas publicacións, as cales actúan como fontes de información sobre aspectos académicos, actividades políticas e asuntos sociais: trátase de Mondo Ladino maioritariamente en italiano e Ladinia, maioritariamente en alemán. La USC di ladins é unha publicación periódica integramente en ladino.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Servisc de Planificazion y Eleborazion dl Lingaz Ladin
  2. Second report submitted by italy pursuant to article 25, paragraph 2 of the framework convention for the protection of national minorities
  3. [1]
  4. Censimento linguistico, variazioni tutte entro lo 0,5%: lieve calo del gruppo italiano

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]