Montañés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cántabro (cántabru en cántabro), xacando denominado montañés, é unha fala asturleonesa empregada no occidente de Cantabria e nalgunhas zonas dos vales do Paso e o Soba, na parte oriental. É característico, pois, das bisbarras de montaña de Cantabria, e de aquí o seu nome. O cántabro é xa que logo unha variante do asturiano e do leonés.

Subdialectos[editar | editar a fonte]

O Montañés ten dous subdialectos: o Occidental e o Oriental. A zona divisoria entre ambas variantes atópase entre o río Saja e o Pas. O dialecto de Pas pertence á variante Oriental coa particularidade de manter unha boa conservación.