Lingua normanda
| Normando (Normand) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Francia e Reino Unido | |
| Rexións: | Normandía e as Illas do Canal | |
| Total de falantes: | — | |
| Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Italo-Occidental Galo-ibérica Galo-Romance Normando |
|
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | roa | |
O normando é unha lingua romance, unha das linguas d'Oïl, considerada tradicionalmente un dialecto do francés (pexorativamente denominado patois), que por iso recibe tamén o nome de francés normando. Fálase na rexión de Normandía, onde carece de status de oficialidade e tan só está recoñecida como lingua rexional; e nas Illas Anglonormandas, onde os dialectos se desenvolveron por separado do normando continental dende que Normandía deixou de pertencer á coroa inglesa no século XIII. Na actualidade, en xeral, o normando está máis presente nas áreas menos accesibles do antigo ducado de Normandía, as Illas Anglonormandas, a península de Contentin e o Pays de Caux.
Dialectos[editar]
Normandía continental: Os dous principais dialectos son o normando propiamente dito e o normando meridional falado ó sur da liña Joret, unha isoglosa establecida por Charles Joret no século XIX, que ten solucións máis próximas ó mayennais e ó galó, actualmente o normando meridional está mesturado co francés rexional e os falantes moitas veces non poden distinguir as realizacións do normando e as do francés. No normando propiamente dito conservánse relativamente ben o contentinais na península de Contentin e o cauchois no Pays de Caux, o augeron, do Pays de Auge, está case extinto. Dialectos das Illas Anglonormandas:
- Jerriais, dialecto da lla de Jersey
- Sercrquiais, dialecto da illa de Sark, derivado do jerriais xa que a illa foi repoboada no século XVI por poboación procedente do norte de Jersey
- Dgérnésiais, dialecto da illa de Guernsey
- Auregnais, dialecto da illa de Alderney, agora extinto.
Influencia no inglés[editar]
Logo da conquista de Inglaterra polos normandos (1066) o inglés viuse influenciado polo normando, palabras de orixe normanda no inglés:
| Inglés | Normando | Francés |
|---|---|---|
| fashion | < faichon | = façon |
| cabbage | < caboche | = chou (cf. caboche) |
| castle | < castel | = château, castelet |
| cauldron | < caudron | = chaudron |
| causeway | < cauchie | = chaussée |
| catch | < cachi | = chasser |
| cater | < acater | = acheter |
| mug | < mogue/moque | = tasse, boc |
| wicket | < viquet | = guichet (cf. piquet) |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||