Houston, Texas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 29°45′46″N 95°22′59″W / 29.76278°N 95.38306°W / 29.76278; -95.38306

Houston, Texas
Flag of Houston, Texas.svg COHSeal.svg
Houston montage.jpg
Vistas da cidade
Situación xeográfica
Houston en Estados Unidos
Houston
Houston
Houston en Texas
Houston
Houston
País Flag of the United States.svg Estados Unidos de América
Estado Texas
Condado Harris, Fort Bend, Montgomery
Xeografía
Altitude 13 msnm
Superficie 1.625,2 km²
Poboación
Poboación 2.100.263 hab. (2010)
Densidade 1.391 hab/km²
Xentilicio Houstonian
Información
Código postal
Alcalde Annise Parker (D)
Páxina web Páxina oficial de Houston
Houston

Houston (pronunciado en inglés /ˈhjuːstən/) é unha cidade do estado de Texas nos Estados Unidos. É a cidade máis grande de Texas e a cuarta máis grande dos Estados Unidos. Nas estimativas do censo de 2007 a cidade contaba cunha poboación de 2,2 millóns de habitantes nunha área de 1.600km². Houston é a capital do condado de Harris e o centro económico da área metropolitana Houston–Sugar Land–Baytown (o Gran Houston).

É alcumada "Bayou City", "Clutch City", "H-Town", "Screwston ", "Magnolia City" e "Space City".

Foi fundada o 30 de agosto de 1836 polos irmáns Augustus Chapman Allen e John Kirby Allen nunha zona próxima ao Buffalo Bayou.[1] A cidade incorporouse o 5 de xuño de 1837 e recibiu o seu nome do daquela presidente da República de Texas, o antigo xeneral Sam Houston, quen comandara a Batalla de San Xacinto. Dita contenda tivera lugar a 40 km ao leste de onde a cidade foi establecida.

O crecente porto e a industria do ferrocarril, combinado co descubrimento de petróleo en 1901, provocou continuos incrementos repentinos de poboación na cidade. A mediados do século XX, Houston converteuse na base do Texas Medical Center, a maior concentración de institucións de investigación e de saúde do mundo, e do Centro espacial Lyndon B. Johnson da NASA, onde se sitúa o Centro de Control de Misión.

Considerada como unha cidade global beta,[2] a economía de Houston posúe unha ampla base industrial na enerxía, manufacturación, aeronáutica, transporte, saúde e un importante centro para a creación de equipos petrolíferos; só Nova York posúe máis sedes de empresas Fortune 500 nos límites da súa cidade.[3] O porto de Houston sitúase de primeiro nos Estados Unidos en tonelaxe manexada en augas internacionais o o segundo en tonelaxe total de carga manexada.[4].

É famosa pola industria petroquímica, o canal de naves, o centro médico e o programa espacial. Moitos hispanos trasladaronse a Houston a buscar emprego, dando lugar a unha importante poboación hispana na metrópole. Ten ademais importantes poblacions asiática e sudafricana.

Entre as atraccions mais destacables da cidade atópanse o centro comercial Houston Galleria, a Illa de Galveston e o centro da NASA.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia urbana de Houston.

Despois de que a capital Harrisburg fose arrasada por Antonio López de Santa Anna, os irmáns John Kirby Allen e Augustus Chapman Allen, dous empresarios de Nova York, compraron 6.642 acres (27 km²) de terra preto de Buffalo Bayou, a 1,40 dólares o acre, coa intención de fundar unha cidade situada a unhas cinco millas ao norte de Harrisburg.[5][6]

A escritura asinouse o 26 de agosto de 1836,[6] e o 30 de agosto de 1836 os irmáns Allen publicaron un anuncio no Telegraph and Texas Register para captar habitantes para a nova cidade.[7] A resposta foi tal, que antes de producirse a compra, xa existía unha cidade con tendas de campaña e casas feitas con tablóns de madeira.[6] Os irmáns decidiron bautizar á cidade Houston, na honra de Samuel Houston, vencedor da batalla de San Xacinto, e que foi elixido Presidente de Texas en setembro de 1836.[7]

Concedéuselle a incorporación ao Estado o 5 de xuño de 1837, e o seu primeiro alcalde foi James S. Holman.[7] Ese mesmo ano converteuse na sede do condado de Harrisburg (agora condado de Harris) e, trala petición do seus fundadores, na capital da República de Texas.[7][6] En 1840 fundouse unha cámara de comercio, en parte para promocionar a navegación e os negocios fluviais no recén creado porto no Buffalo Bayou.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha superficie total de 1,558.4 km², o que comprende 1,500.7 km² de terra e 57,7 km² de auga. A maior parte de Houston atópase na planicie costeira do golfo, e a súa vexetación está clasificada como de pradeiras e bosques temperados. Gran parte da cidade foi construída sobre terras forestais, marismas, pantanos ou prados, que son aínda distinguibles nas zonas circundantes. As chairas do terreo local, combinado coa dispersión urbana, fixo que as inundacións sexan un problema recorrente na cidade.[8] O centro da cidade está a uns 15 metros sobre o nivel do mar,[9] e o punto máis alto, ao noroeste de Houston, é de aproximadamente 38 metros de altitude.[10][11] A cidade tivo que recorrir ás augas subterráneas para cubrir as súas necesidades, mais a subsidencia da terra obrigou á cidade a ter que empregar fontes de auga como as do Lago Houston e o Lago Conroe.[12][13]

Vista satelital de Houston.

Houston posúe catro grandes bayous que pasan pola ciudad. Buffalo Bayou, que pasa polo centro e a Canle de Navegación de Houston cos seus tres afluentes: White Oak Bayou, que corre a través de barrio Houston Heights e vai cara o centro; Braes Bayou, que discorre ao longo do Texas Medical Center, r Sims Bayou, que pasa polo sur e centro de Houston. O canal navegable continúa pasando a Baía de Galveston e a Illa de Galveston en dirección ao Golfo de México.

A rexión cerca da costa chámase a Área da Baía de Galveston, unha rexión de marismas e praias. Unha pequena parte da cidade (Clear Lake) áchase nesta rexión.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Houston aséntase sobre estratos de arxila non consolidada, xistos arxilosos e area con baixa cementación que se estenden por varias millas de profundidade. A xeoloxía da rexión formouse a partir dos depósitos de sedimentos fluviais formados pola erosión das Montañas Rochosas. Estes sedimentos consisten nunha serie de areas e arxilas depositadas en conxunto con materia orgánica en descomposición que, co tempo, transformouse en petróleo e gas natural. Baixo os estratos sedimentarios aparece unha capa de halita, sal de rocha, depositada polas augas. A porosidade das capas comprímese no tempo e estas son forzadas cara arriba. Ao subir, a halita xerou formacións de domos de sal, atrapando os sedimentos circundantes e en particular, ao petróleo e ao gas que se filtraron das areas porosas adxacentes. O solo superficial é espeso, rico, de cor escura até chegar á negra nalgúns sectores, apto para o cultivo de arroz que se practica nos suburbios das aforas da cidade, cara onde continúa expandíndose.[14][15]

A área de Houston ten máis de 150 fallas activas (en total estímanse 300 fallas activas),[16] cunha lonxitude total de até 500 km,[17][18] incluíndo o sistema de fallas de Long Point-Eureka Heights, que atravesa o centro da cidade. Non se rexistraron terremotos historicamente en Houston, mais os investigadores non descartan a posibilidade de que si se produciran nun pasado distante, nin de que poidan ocorrer no futuro.[19]

Clima[editar | editar a fonte]

Inundacións en Houston tralo paso da Tormenta tropical Allison en xuño de 2001.

Houston ten un clima húmedo subtropical, clasificado como Cfa no sistema de clasificación de Köppen. As tormentas supercélula primaverais causan, a miúdo, tornados na zona. Os ventos predominantes son do sur e sueste durante a maior parte do ano, o cal provoca calor en todo o continente procedente dos desertos de México e a humidade do Golfo de México.[20]

Durante os meses de verán é común que a temperatura ascenda a máis de 32 °C, cun promedio de 99 días por ano por encima desa temperatura.[21][22] Non obstante, a humidade tradúcese nun índice de calor superior á temperatura real. O promedio estival pola mañá é de máis do 90 por cento de humidade relativa e aproximadamente do 60 por cento pola tarde.[23] A temperatura en Houston durante o verán adoita ser similar á media das temperaturas tropicais de cidades como Manila ou Cidade de Panamá.[23] Os ventos son moi agradecidos no verán, mais ofrecen pouco alivio, excepto cerca da costa.[24] Para facer fronte á calor, a xente usa o aire acondicionado en case todos os vehículos e edificios da cidade. De feito, en 1980, Houston era descrita como a ciudad "máis ventilada da Terra".[25] As tormentas pola tarde son comúns na cidade durante o verán. A temperatura máis calorosa rexistrada en Houston foi de 43 °C, o 4 de setembro de 2000.[26]

Os invernos na cidade texana son suaves ou frescos. O promedio de máximas en xaneiro, o mes máis frío, é de 16 °C, mentres que o promedio de mínimas baixa aos 5 °C. A neve é moi pouco habitual, en xeral. A temperatura más fría xamais rexistrada en Houston foi de -15 °C o 23 de xaneiro de 1940.[27] Houston recibe unha gran cantidade de chuvias ao ano, cun promedio de 2,4 metros anuais. Estas choivas adoitan causar inundacións en amplas partes da cidade. O 13 de setembro de 2008, o furacán Ike tocou terra en Galveston, converténdose no terceiro furacán máis destrutivo rexistrado, por detrás do Katrina e do Andrew.

Houston ten excesivos niveis de ozono e encóntrase entre as cidades máis contaminadas dos Estados Unidos.[28] O ozono a nivel do suelo, ou a néboa tóxica, é un dos problemas predominantes de contaminación atmosférica en Houston e a Asociación Americana do Pulmón clasificou a área metropolitana como a 6º con peor nivel de ozono nos Estados Unidos no 2006.[29] As industrias situadas ao longo da canle navegable son unha causa importante da contaminación do aire da cidade.[30]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. McComb, David G. (19 de xaneiro de 2008). ""Houston, Texas"" (en inglés). http://www.tshaonline.org/handbook/online/articles/HH/hdh3.html. Consultado o 22-III-2010.
  2. "GaWC - The World According to GaWC 2008" (en inglés). Globalization and World Cities Research Network. http://www.lboro.ac.uk/gawc/world2008t.html. Consultado o 22-III-2010.
  3. "Fortune 500 2008: Cities". http://money.cnn.com/magazines/fortune/fortune500/2008/cities/. Consultado o 22-III-2010.
  4. U.S. Port Ranking by Cargo Volume 2004. Port Industry Information, American Association of Port Authorities. 2004.
  5. "History of Houston" (en inglés). http://www.utexas.edu/ce/elderhostel/cities/houston/. Consultado o 22 de marzo de 2010.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Looscan, Adele B.. "IV. The Beginnings of Houston" (en inglés). Southwestern Historical Quarterly Online. http://www.tshaonline.org/publications/journals/shq/online/v019/n1/article_4.html. Consultado o 22 de marzo de 2010.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 David G. McComb. "HOUSTON, TEXAS." (en inglés). Texas State Historical Association. http://www.tshaonline.org/handbook/online/articles/HH/hdh3.html. Consultado o 22 de marzo de 2010.
  8. Flood Forecasting for the Buffalo Bayou Using CRWR-PrePro and HEC-HMS. Center for Research in Water Resources, The University of Texas at Austin.
  9. Downtown Houston, Texas. TopoQuest.com.
  10. USGS Satsuma (TX) Topo Map. TopoQuest.com. 2008.
  11. Super Neighborhood# 1-Willowbrook. City of Houston.
  12. Houston, Texas. Handbook of Texas Online.
  13. HOUSTON-GALVESTON, TEXAS Managing Coastal Subsidence United States Geological Survey.
  14. Harris County. Handbook of Texas Online.
  15. RICE CULTURE. Handbook of Texas Online.
  16. Richard Engelkeimer, Shuhab Khan, Carl Norman. al.pdf Mapping Active Faults in the Houston area Using LIDAR, University of Houston.
  17. Earl R. Verbeek, Karl W. Ratzlaff, Uel S. Clanton. "Faults in Parts of North-Central and Western Houston Metropolitan Area, Texas", United States Geological Survey, 2005.
  18. Principal Active Faults. Houston Area, Texas, U.S. Department of Agriculture, 1984.
  19. Texas Earthquakes, University of Texas Institute for Geophysics, July 2001.
  20. "Weather Stats". Greater Houston Convention and Visitors Bureau. http://www.visithoustontexas.com/media/statistics/Houston_Stats_Weather. Consultado o 22-III-2010.
  21. "Monthly Averages for Houston, Texas", The Weather Channel.
  22. "National Climatic Data Center", National Oceanic and Atmospheric Administration, Departamento de Comercio dos Estados Unidos, 2004-06-23.
  23. 23,0 23,1 "Average Relative Humidity", Department of Meteorology at the Universidad de Utah.
  24. WIND - AVERAGE SPEED (mph). Department of Meteorology, Universidad de Utah. 1993.
  25. A MOMENT IN BUILDING. BLUEPRINTS, Volume X, Number 3, Summer 1992. National Building Museum..
  26. "History for Houston Intercontinental, Texas on Monday, September 4, 2000", Weather Underground, 2000-09-04.
  27. Houston Extremes Data and Annual Summaries. National Weather Service, National Oceanic and Atmospheric Administration. 2007.
  28. "State of the Air 2005, National and Regional Analysis ", American Lung Association, 2005-03-25.
  29. "State of the Air 2006, 25 Most Ozone-Polluted Cities ", American Lung Association.
  30. "Summary of the Issues", Citizens League for Environmental Action Now , 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Houston, Texas

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
Top of Rock Cropped.jpg
Nova York
East LA Basin from Mulholland.jpg
Os Ánxeles
Sears Tower from Hancock Observatory.jpg
Chicago
1 Nova York Nova York 8.274.527 11 Detroit Míchigan 916.952
2 Os Ánxeles California 3.834.340 12 Jacksonville Florida 805.605
3 Chicago Illinois 2.836.658 13 San Francisco California 799.183
4 Houston Texas 2.208.180 14 Indianapolis Indiana 795.458
5 Phoenix Arizona 1.552.259 15 Columbus Ohio 747.755
6 Filadelfia Pensilvania 1.449.634 16 Austin Texas 743.074
7 San Antonio Texas 1.328.984 17 Fort Worth Texas 681.818
8 San Diego California 1.266.731 18 Memphis Tennessee 674.028
9 Dallas Texas 1.240.499 19 Charlotte Carolina do Norte 671.588
10 San Jose California 939.899 20 Baltimore Maryland 637.455
Datos do censo de 2007. Véxanse tamén as principais cidades segundo o censo de 2000