Sefardí
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os sefardís, do hebreo ספרדים, son os descendentes dos xudeus que viviron nos distintos territorios da Península Ibérica até 1492, e que están ligados á cultura hispánica mediante a lingua e a tradición. Calcúlase que na actualidade a comunidade sefardí acada os dous millóns de integrantes, sendo a meirande parte deles residentes en Israel, Francia, Estados Unidos e Turquía. Así mesmo, tamén existen comunidades sefardís en México e ao longo de Sudamérica, principalmente na Arxentina, onde chegaron os xudeus sefardís fuxindo das persecucións das autoridades españolas.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Sefaradi (en portugués)
- Sephardim.com (en inglés)