Aranés
| Aranés (Aranés) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | España | |
| Rexións: | ||
| Total de falantes: | 2.765 (censo 2001) | |
| Familia: | Indoeuropea Linguas itálicas Linguas romances Linguas galorromances Aranés |
|
| Regulado por: | Consello Xeral de Arán (Conselh Generau d'Aran) |
|
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | oc | |
| ISO 639-2: | oci (B), oci (T) | |
| ISO 639-3: | oci | |
| SIL: | OCI | |
O aranés é o nome que se lle dá ao occitano no Val de Arán[1]. Constitúe unha variedade do dialecto gascón da lingua occitana chamado gascón pirenaico, falada no Val de Arán, no noroeste de Cataluña, onde é unha das tres linguas oficiais alén do catalán e do castelán.
Considerada unha vez como "lingua en perigo", e falada maioritariamente por xente maior, está agora a experimentar un rexurdimento, sendo ensinada dende o 1984 nas escolas e disfrutando dun estatus de cooficialide na Comunidade Autónoma de Cataluña.
Preto do 90% dos habitantes do Val de Arán pódena entender, e un 65% pódena falar. Grazas ao seu estatus de cooficialidade, e a pesar de ter só uns 5.000 falantes, converteuse nunha referencia dentro do reivindicativo mundo occitano. No ano 2006 saíu á luz unha Gramática aranesa e no 2007 foi publicado un dicionario Aranés-Inglés/Inglés-Aranés.
Índice |
[editar] Uso lingüístico
| Usos lingüísticos no Val de Arán (2001) | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Castelán | Aranés | Catalán | Outros | ||||
| Lingua materna | 38,8% | 34,2% | 19,4% | 7,6% | |||
| Na casa (de forma exclusiva) | 35,3% | 25,8% | 13,0% | s/d | |||
| Na casa (con outras linguas) | 50,7% | 40,3% | 24,6% | 3,8% | |||
| No traballo (de forma exclusiva) | 30,8% | 9,2% | 7,9% | s/d | |||
| No traballo (con outras lenguas) | 63,1% | 34,6% | 43,9% | 1,8% | |||
O aranés é a lingua materna do 34,2% da poboación do Val de Arán. É a segunda lingua máis utilizada no val, tras o castelán, que é a lingua materna do 38,8% da poboación, e por diante do catalán, que é a lingua materna do 19,4%, segundo os datos do censo de 2001.[2] O aranés é a lingua materna de 2.785 persoas, segundo esta mesma fonte.
No fogar, o castelán é utilizada de forma exclusiva polo 35,3% da poboación do val, o aranés polo 25,8% e o catalán polo 13,0%. Ademais, o aranés é utilizado en casa con outra lingua polo 14,5% da poboación; xa que logo, o aranés é utilizado en casa (de forma exclusiva ou en situación de bilingüismo) polo 40,3% dos habitantes do val, mentres que o castelán éo polo 50,7% e o catalán por 24,6%.
No traballo, o castelán é utilizada de forma exclusiva polo 30,8% da poboación do val, o aranés polo 9,2% e o catalán polo 7,4%. Ademais, o aranés é utilizado no traballo con outra lingua polo 25,4% da poboación; xa que logo, o aranés é utilizado no traballo (de forma exclusiva ou en situación de bi- ou multilingüismo) polo 34,6% dos habitantes do val, mentres que o castelán éo polo 63,1% e o catalán polo 43,9%.
[editar] Principais características evolutivas do gasco-aranés
- aspiración do F latino, que pasa a H: focus > huec ("lume")
- desaparición do N intervocálico: luno > lua ("lúa").
- metátese do R : capra > craba ("cabra").
- o R inicial incorpora A: ridere > arrir ("rir").
- vocalización do L final, que pasa a U: mele > mèu ("mel").
- rotacismo do L dobre intervocálico: illa > era ("ela").
- o L dobre final pasa a TH: castellum > castel > castèth ("castelo").
[editar] Notas
- ↑ Artigo 6 do Estatuto de Autonomía de Cataluña [1]
- ↑ Censo do 2001 no Val de Arán. Coñecementos e usos lingüísticos. (Generalitat de Catalunya)
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||