Galego de Asturias
O galego de Asturias refírese ao galego que se fala no occidente do actual Principado de Asturias, ás veces denominado por lingüistas da escola madrileña como galego-asturiano[1] e que chega polo norte ata uns oito quilómetros da beira dereita do río Navia[2]. Esta é unha zona onde e constatábel a súa pertenza xeo-antropolóxica galaica tanto na toponimia e na cultura (cultos, lendas, patrimonio inmaterial) como en elementos arquitectónicos diferentes como os cabazos (hórreos) ou os lousados das casas, semellantes aos da bisbarra da Mariña ou da Terra Chá.
Índice |
Historia e características [editar]
A identidade destas falas vén sendo discutida desde posicións asturianistas nos últimos anos, aínda que a postura da práctica totalidade dos lingüistas desde que foron estudadas por vez primeira polo lingüista Ramón Menéndez Pidal na segunda década do século XX até hoxe é que a fronteira do galego é o río Navia:
Xurdiron algunhas teorías que discuten o carácter galego destas falas, e defenden que se trata de "falas de transición" ou dun "continuum" lingüístico ente galego e astur-leonés, como di Xavier Frías:
Variantes [editar]
As zonas dialectais do galego de Asturias, que se encadra no galego oriental, son segundo Xoán Babarro[5]:
- Área A: concellos de Santiso e Taramundi e algunhas parroquias do de Ibias, idéntico ao galego do oriente da provincia de Lugo
- Área B: é a zona de maior extensión e abrangue a maior parte da Asturias de fala galega, caracterízase polo emprego do artigo el, conservación do -L- intervocálico, terminación en -en no canto de -eo, posesivos tou e sou. A área divídese en dúas segundo o emprego de L- ou Ll- (leite, lleite)
Ademais existen tres falas de transición entre o galego e o asturiano na parte oriental do concello de Navia, en parte das parroquias de Villallón e Oneta no concello de Villallón e nas parroquias de Astierna e Trabado nos concellos de Degaña e Ibias.
Tamén en Galiza [editar]
Segundo os mapas de isoglosas, o concello lugués de Negueira de Muñiz tamén forma parte do ámbito lingüístico eonaviego, coa diferenza de estar situado en Galiza e non en Asturias. Esta consideración vén apoiada polas propias características do galego falado nese municipio, con uso do artigo 'el' (por 'o'), os posesivos 'tou' e 'sou', a palatalización do l- inicial ("llobo" por "lobo"), a conservación do -l- intervocálico latino ("avolo" por avó) ou os sufixos diminutivos en -ín ("camín" por camiño ou "molín" por muíño), todos eles trazos xenuinamente eonaviegos.
Alén disto, a asociación Abertal, que preside o xeógrafo Carlos Xesús Varela Aenlle, correspondente da Real Academia Galega no Eo-Navia, tamén enumera Negueira de Muñiz como parte das terras eonaviegas [6].
Cadro comparativo [editar]
| Latín | Galego-portugués | Portugués | Galego | Eonaviego |
|---|---|---|---|---|
| altu(m) | outo | alto | alto | alto |
| arbor(em) | árvol | árvore | árbore | árbol (ant. árbole) |
| asciata (m) | aixada | enxada | aixada | eixada |
| auru(m) | ouro | ouro | ouro | ouro |
| quattuor(rum) | quatro | quatro | catro | cuatro |
| brachiu(m) | braço | braço | brazo | brazo |
| cælu(m) | ceo | ceu | ceo | cêlo |
| clave(m) | chave | chave | chave | chave |
| cena (m) | cea | ceia | cea | cía |
| caballu(m) | cavalo | cavalo | cabalo | cabalo/caballo |
| digitu(m) | dedo | dedo | dedo | dido |
| dubita(m) | dúbida/dulda | dúvida | dúbida | débeda (ant. tamén dolda) |
| duo/duæ | dous/duas | dois/duas | dous/dúas | dous/dúas |
| homo o homine(m) |
home | homem | home | hòme |
| libru(m) | livro | livro | libro | libro/llibro |
| luna (m) | lúa | lúa | lúa | lúa/llúa |
| lana (m) | lã | lã | lá | lá/llá (ant. lã/llã) |
| manu(m) | mão | mão | man | mao (ant. mão) |
| multu(m) | muito | muito | moito | muito |
| integru(m) | enteiro | inteiro | enteiro | enteiro |
| nocte(m) | noite | noite | noite | noite |
| pectu(m) | peito | peito | peito | peito |
| planu(m) | chão | chão | chan | chao |
| plenu(m) | chëo | cheio | cheo | chen/chío |
| quī / quem | quem | quem | quen | quèn |
| sucu(m) | çume | sumo | zume | zume |
| tabula (m) | taboa | tábua | táboa | traba |
| parete(m) | parede | parede | parede | parede |
| una (m) | üa | uma | unha | úa |
| cerasium | cereija | cereja | cereixa | cereixa |
| vetu(s) | vello | velho | vello | vèyo |
| vicinus(m) | vezinno | vizinho | veciño | vecín/vecío |
| Latín | Galego-portugués | Portugués | Galego | Eonaviego |
Notas [editar]
- ↑ Dámaso Alonso Obras Completas, Volume I, páxina 315-316: que moitas veces, por rapidez, denominamos galego-asturiano
- ↑ Ana María Cano González Los distintos bables de la región asturiana I Asamblea Regional del Bable, Madrid, 1980, pp 43-44
- ↑ O relativo do continuum entre galego e asturiano en Asturias, páxina 10 http://www.romaniaminor.net/ianua/Ianua05/ianua05_07.pdf
- ↑ Op. cit., páxina 5
- ↑ Xoán Babarro, Galego de Asturias. Delimitación, caracterización e situación sociolingüística, Volume I, A Coruña, 2003 pp. 531-542
- ↑ Texto de presentación da asociación Abertal Consultado o 23 de febreiro de 2010.
Véxase tamén [editar]
- Concellos galegofalantes de Asturias, Castela e León e Estremadura
- Galego exterior
- Galego oriental
- Áreas lingüísticas do galego
Ligazóns externas [editar]
- Vídeo pedagóxico do programa Ben falado! sobre o galego de Asturias, presentado por Ferro Ruibal e emitido na TVG o 29 de setembro de 2010.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Concellos galegofalantes | Asturias: Terra Eo-Navia | |
|---|---|
|
Boal | Castropol | Coaña | Eilao | El Franco | Grandas de Salime | Ibias | Pezós | San Martín de Ozcos | Santalla de Ozcos | Santiso de Abres | Tapia | Taramundi | A Veiga | Vilanova de Ozcos |
|
| Concellos parcialmente galegofalantes |