Castelán llanero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelán llanero
Outros nomes:Español llanero
Falado en: Colombia e Venezuela
Total de falantes:
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Occidental
    Galoibérica
     Iberorrománica
      Ibero-occidental
       Castelán
        Castelán llanero
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: es
ISO 639-2: spa
ISO 639-3: spa
SIL: SPN
Mapa
Status
Dialectos falados en Venezuela.
Dialectos do castelán en Colombia.

O castelán llanero é o conxunto de modalidades lingüísticas da lingua castelá falada na rexión dos Llanos de Colombia e Venezuela. Caracterízase pola mestura de elementos do castelán medieval con trazos indíxenas.

Características[editar | editar a fonte]

Fonéticas[editar | editar a fonte]

O castelán llanero posúe o yeísmo e a articulación do “r” até a súa neutralización (vorqueta por volqueta, fenómeno visto en Arauca) ou a súa desaparición no infinitivo (ventiá, aserrá, ordeñá, cogé…).

Tamén ten a articulación do “s” (implosivo), a aspiración (maíh = "maíz2) oU perda (cataplama = "cataplasma"). Tamén aparece o trazo da aspiración do “s” prevocálico (ji jeñol, eso je li olvida = "sí señor, eso se le olvida").

Os seus fricativos intervocálicos (b-d-g) debilítanse, ou ben, desaparecen na fala llanera (auacero = "aguacero").

Conserva o son do antigo “h”. É un trazo máis visto en Venezuela, Arauca e Casanare (joyo, jumo, mojo, jallan, sajuma, ajoga, ajita por hoyo, humo, moho, hallan, sahúma, ahoga, ahíta).

Morfolóxicas[editar | editar a fonte]

Suprime, ou ben, debilita o –s redundante do plural: los antioqueño, loj perro, cuatronarice (cuatronarices, especie local de cobra), loj padrino.

Ten unha composición nominal semellante ás falas costeiras: pativoltiao (pata + volteado, é dicir, substantivo + adxectivo).

Formación do pretérito composto de subxuntivo co verbo “ser”: “Si no fuera (hubiera) sido por Guadalupe Salcedo…”

Léxicas[editar | editar a fonte]

Algunhas formas léxicas de orixe costeira rexistradas na rexión son: “cautivar” (cultivar), “concha” (casca, cortiza), “pollino” (asno novo), “yerna” (nora), “rabipelao” (sarigüeia).

Tamén ten achegas do oeste de Colombia

hamero” (envoltura da mazaroca), “choclo” (millo tenro).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]