Ethnologue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ethnologue
Logo
Tipopáxina web, base de datos, Publicación científica, editorial e obra de referencia
Data de fundación1951
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.ethnologue.com/
editar datos en Wikidata ]

The Ethnologue: Languages of the World é unha publicación impresa e virtual de SIL International (antes coñecida como o Summer Institute of Linguistics, "Instituto Lingüístico de Verán"), unha organización cristiá de servizos lingüísticos que estuda as linguas menos coñecidas, basicamente para prover servizos misioneiros aos seus falantes. Posúe estatísticas de 6.809 idiomas (edición do ano 2000, 6.912 na súa web en febreiro do 2007), incluíndo o número de falantes, a súa localización, dialectos, afiliación lingüística, dispoñibilidade de textos bíblicos etc. Actualmente é un dos inventarios máis completos das linguas existentes, xunto ao Linguasphere Register [1].

Código SIL[editar | editar a fonte]

Ethnologue ofrece un código de tres caracteres chamado código SIL para cada linguaxe descrita, que excede significativamente o incluído nos estándares ISO 639 e RFC 3066.

Críticas[editar | editar a fonte]

Ademais dun nome principal para a lingua, Ethnologue adoita dar unha selección extensa, pero a miúdo incompleta, dos nomes alternativos utilizados polos falantes, os gobernos, países veciños etc. sen considerar cuestións de oficialidade, corrección política ou sensibilidades feridas.

Ethnologue non pode deixar de conter algúns erros, como é inevitable nunha iniciativa desta magnitude. Por exemplo, ao preparar a 14ª edición agregáronse linguas como o Chenoua mentres que se suprimiron outras supostas linguas como o Nemadi ou o Wutana.

Neutralidade[editar | editar a fonte]

Discutiuse ocasionalmente a neutralidade dos criterios científicos usados por Ethnologue, en especial no relacionado coa Biblia e as relixións do Libro. Un caso destacado é a clasificación do árabe xunto ao hebreo como parte das linguaxes semíticos centrais do sur, distinguíndoos do arameo, mentres que o consenso académico tende a ver como máis próximos ao hebreo e ao arameo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The new Linguasphere Observatory, véxase tamén informes en francés e biografía de David Dalby en inglés[Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]