Miro Villar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miro Villar

Arximiro Bautista Villar González, nado en Cee o 21 de marzo de 1965, é un escritor galego.

Índice

Traxectoria [editar]

Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, é profesor de lingua e literatura galegas, ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas e publicacións periódicas. Foi membro do Batallón Literario da Costa da Morte, do Consello Editorial da colección de poesía Ablativo Absoluto de Edicións Xerais de Galicia e do Comité de Redacción da revista Dorna. Entre 1990 e 1998 tamén foi un dos impulsores da editora Edicións do Dragón.

Ten colaborado en A Nosa Terra, Luzes de Galiza e nos suplementos Revista das Letras de El Correo Gallego e Galicia Literaria de Diario 16 de Galicia.

Obra [editar]

Poesía [editar]

Literatura infanto-xuvenil [editar]

  • Carlota, a marmota (Xerais, 2000) (literatura infantil e xuvenil).
  • Carlota e a bota perdida (Xerais, 2003).
  • Carlota e a gaivota patiamarela (Xerais, 2006).
  • O nariz de Fiz (2009).
  • A cobiza do verme Noel (Galaxia, 2011).
  • Rebelión na charca (Sotelo Blanco, 2012).

Ensaio [editar]

Edicións [editar]

Traducións [editar]

  • Poemas de Bernardino Graña en Poesía gallega contemporánea (Litoral, 1996).
  • As pegadas de Santiago na cultura de Fisterra, de Benjamín Trillo Trillo (Fundación Caixa Galicia, 1999).
  • Calafrío, de Jorge Justo Padrón (Xerais, 2000).

Obras colectivas [editar]

  • Premios Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (Edicións do Castro, 1987).
  • Premios Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (Edicións do Castro, 1988).
  • O mar de adentro (Edicións do Dragón, 1990).
  • Homenaxe a Miguel González Garcés (Deputación da Coruña, 1991).
  • A rota dos baleeiros (Edicións do Dragón, 1991).
  • Diccionario de Literatura Galega. Publicacións periódicas (Galaxia, 1997).
  • Nós. Batallón Literario da Costa da Morte (Concello de Corcubión, 1997).
  • Para saír do século (Xerais, 1997).
  • Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas (Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso, 1997).
  • Alguén agarda que volva alí (1998).
  • Mar por medio (Concello de Corcubión, 1998).
  • Textos e documentos para o congreso sobre García Lorca (Universidade de Santiago de Compostela, 1998]]. Con Xesús Alonso Montero.
  • Río de son e vento (Xerais, 1999).
  • dEfecto 2000 (Letras de Cal, 1999).
  • Dicionario da literatura galega. III. Obras (Galaxia, 2000).
  • 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (Xerais, 2001).
  • Ourense, craro río, verde val (Concello de Ourense, 2001).
  • A tribo das baleas (Xerais, 2001).
  • Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (Espiral Maior, 2003).
  • Son de poesía (Edições Fluviais, Lisboa, 2005).
  • Guerra Civil e Literatura Galega (1936-1939) (Xerais, 2006). Con Xesús Alonso Montero.
  • Noel, o verme rico da verea, en Contos de vermes, libros, princesas e parrulos (Xunta de Galicia, 2006).
  • Poetas e Narradores nas súas voces. II (Consello da Cultura Galega, 2006).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006).
  • A Coruña á luz das letras (Trifolium, 2008).
  • De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte (Sotelo Blanco, 2009).
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (Difusora, 2009).
  • Tamén navegar (Toxosoutos, 2011).
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011).
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (Deputación da Coruña, 2012).
  • A cidade na poesía galega do século XXI (Toxosoutos, 2012).

Premios [editar]

Véxase tamén [editar]