Universidade de Edimburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Universidade de Edimburgo (en inglés: University of Edinburgh, en gaélico: Oilthigh Dhùn Èideann), fundada en 1582[1], é un centro de renome no mundo da ensinanza e da investigación situado na cidade de Edimburgo, Escocia. A universidade foi a sexta en crearse nas illas británicas, e a cuarta de Escocia. A Universidade de Edimburgo conta con 24.000 estudantes, e se atopa entre as más prestixiosas do Reino Unido.

Historia[editar | editar a fonte]

A fundación da Universidade de Edimburgo atribúese ao bispo Robert Reid, da Catedral de San Magnus, Kirkwall, quen doou trala súa morte en 1558, os seus fondo.

A universidade estableceuse por unha Carta Real concedida por Xacobe VI en 1582, convertíndose na cuarta universidade escocesa, cando Inglaterra, moito máis poboada e próspera, tiña tan só dúas.

No século XVIII, Edimburgo era un dos centros principais de Europa, desenvolvéndose a universidade coma unha das máis importantes do continente europeo.

Os estudantes da universidade son representados polo Consello Representativo dos Estudantes (Students' Representative Council, fundado en 1884 por Robert Fitzroy Bell, e pola Asociación dos Estudiantes da Universidade (Edinburgh University Students' Association) fundada en 1889.

No ano 2002 a universidade foi reorganizada, as súas nove facultades pasaron a ser tres colexios: o Colexio de Humanidades e Ciencias Sociais (HSS), o Colexio de Ciencias e Enxeñarías (SCE) e o Colexio de Medicina e Medicina Veterinaria (MVM).

Reputación[editar | editar a fonte]

Old College da Universidade de Edimburgo, deseñado por Robert Adam

O Suplemento de "Clasificación de Universidades Mundiais" 2005 do xornal The Times [THES] clasificou a Universidade de Edimburgo da seguinte maneira:

  • 9ª na Europa no ámbito xeral
  • 16ª no mundo en biomedicina
  • 14ª no mundo segundo os recrutadores
  • 27ª no mundo en artes e humanidades
  • 38ª no mundo en ciencias
  • 30ª no mundo no ambito xeral

A Classificación de "Académicos de Universidades Mundiais" 2005 [ARWU] clasificou á Universidade de Edimburgo da seguinte maneira:

Ex-alumnos famosos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.ed.ac.uk/explore/history/

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]