Nikolay Semyonov
Nikolay Nikolayevich Semyonov |
|||
|---|---|---|---|
Semiónov (dereita) e Pyotr Kapitsa, retrato de Boris Kustodiev, 1921 |
|||
| Nacemento | 15 de abril de 1896 Saratov |
||
| Morte | 25 de setembro de 1986 |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | ruso | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe |
|
||
| Director tese | |||
| Coñecido por | |||
|
|||
Nikolay Nikolayevich Semyonov (En lingua rusa: Никола́й Никола́евич Семёнов) nado o 15 de abril de 1896 en Saratov (En lingua rusa: Саратов), (Unión Soviética) e finado o 25 de setembro de 1986, foi un químico e profesor universitario ruso/soviético galardoado co Premio Nobel de Química de 1956.
Índice |
Biografía [editar]
Estudou física, química e matemáticas na Universidade de San Petersburgo e foi nomeado profesor de física do Instituto Politécnico de Leningrado logo de participar na Guerra Civil Rusa, sendo Semyonov o introductor da química física no seu país.
Dirixiu o Instituto de Química Física da Academia de Ciencias desde 1931, e o Instituto de Química Física da Universidade de Moscova desde 1944.
Investigacións científicas [editar]
Interesado inicialmente no estudo da física molecular e dos fenómenos electrónicos, xunto a Pyotr Kapitsa descubriu en 1922 un método para medir o campo magnético dun núcleo atómico, que posteriormente sería modificado e mellorado por Otto Stern e Walter Gerlach, e coñecido como experimento de Stern-Gerlach.
En 1925 xunto a Yakov Frenkel estudou a cinética da condensación e absorción dos vapores. En 1927 estudou a ionización dos gases así como a química do electrón, e en 1928 xunto a Vladimir Fok creou a teoría da descarga rota de dieléctricos.
Posteriormente dedicouse completamente á cinética química, ao desenvolvemento da cal contribuíu notablemente. A súa tarefa foi especialmente intensa durante a Segunda Guerra Mundial, cando os problemas de combustión e explosión adquiriron extraordinaria importancia. O goberno soviético premiouno en 1941 co Premio Stalin e en 1945 coa Orde de Lenin.
Posteriormente traballou no campo das reaccións químicas en cadea, o coñecemento da cal contribuíu de xeito moi considerable do mesmo xeito que o químico inglés Cyril Norman Hinshelwood co cal mantivo estreitas relacións científicas e compartiu o Premio Nobel de Química do ano 1956.
Entre as súas principais obras atópanse "Reaccións en Cadea" (1934) e "Suma de Problemas de Química Cinética e Radioactividade" (1954)
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1956 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
| Predecesor: Vincent du Vigneaud |
Premio Nobel de Química 1956 compartido con Cyril Norman Hinshelwood |
Sucesor: Alexander Robertus Todd |