Coenzima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coenzima A

Os coenzimas son cofactores orgánicos non proteicos, termoestables, que unidos a un apoenzima constitúen o holoenzima ou forma cataliticamente activa do enzima. Teñen en xeral baixa masa molecular. Son claves no mecanismo de catálise, por exemplo, aceptando ou doando electróns ou grupos funcionais, que transportan dun enzima a outro. A diferenza dos enzimas, os coenzimas modifícanse e consúmense durante a reacción química.

Mecanismo de acción[editar | editar a fonte]

O mecanismo de acción básico dos coenzimas é o seguinte:

  1. O coenzima únese a un enzima,
  2. O enzima capta o seu substrato específico,
  3. O enzima ataca ese substrato, arrincándolle algúns dos seus átomos,
  4. O enzima cede ao coenzima eses átomos provenientes do substrato,
  5. O coenzima acepta eses átomos e despréndese do enzima.
  6. O coenzima non é o receptor final deses átomos, senón que debe liberalos tarde ou cedo,
  7. O coenzima transporta eses átomos e acaba cedéndoos, recuperando así a súa capacidade para aceptar novos átomos.

Este último paso é esencial para non esgotar a dotación de coenzimas dunha célula, xa que os encimas xunto cos que actúa non poden realizar a reacción química sen o concurso do seu coenzima.

Cada coenzima está especializado en aceptar e transportar un tipo de átomos determinado; uns aceptan hidróxenos, outros grupos acetilo, etc. No entanto, os coenzimas non son nada específicos respecto dos encimas aos que se unen, de modo que un mesmo coenzima pode unirse a un gran número de enzimas distintos, e por iso o número de coenzimas diferentes é relativamente baixo.

Principais coenzimas[editar | editar a fonte]

Coenzimas e vitaminas[editar | editar a fonte]

Moitas vitaminas, ou os seus derivados, actúan como coenzimas: