Robert Burns Woodward
Robert Burns Woodward ![]() | |
---|---|
![]() Robert Burns Woodward, 1965. | |
Datos persoais | |
Nacemento | 10 de abril de 1917 |
Lugar | Boston ![]() |
Falecemento | 8 de xullo de 1979 (62 anos) |
Lugar | Cambridge ![]() |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Cemitério de Mount Auburn |
Residencia | ![]() |
Nacionalidade | estadounidense |
Cónxuxe | |
Actividade | |
Campo | |
Alma máter | |
Alumnos de tese | |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Robert Burns Woodward, nado o 10 de abril de 1917 en Boston (EUA) e finado o 8 de xullo de 1979 en Cambridge (EUA) foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1965.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de inmigrantes británicos (Arthur Woodward de Inglaterra e Margaret Woodward de Glasgow, Escocia) estudou química no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde se licenciou en 1936 e doutorouse en 1937. Posteriormente realizou unha tese postdoutoral na Universidade de Illinois, e a partir de 1950 foi profesor de química e catedrático na Universidade Harvard.
Woodward faleceu na súa residencia de Cambridge vítima dun infarto de miocardio.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
Interesado na síntese química de substancias orgánicas, conseguiu sintetizar a quinina en 1944, o colesterol e a cortisona en 1951, a estricnina en 1954, a reserpina en 1956 e a vitamina B12 en 1971. Tamén conseguiu reproducir nun laboratorio a molécula da clorofila, o pigmento responsable da cor verde das plantas.
En 1965 foille concedido o Premio Nobel de Química polos seus traballos na síntese de materiais naturais.
En 1959 foi galardoado coa Medalla Davy pola Royal Society.
Os seus traballos teóricos inclúen a súa colaboración con Roald Hoffmann, con quen realizou estudos dos mecanismos de reacción dos produtos químicos, instaurando a regra Woodward-Hoffmann.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1965 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1965 (en inglés)
Predecesor: Dorothy Crowfoot Hodgkin |
Premio Nobel de Química![]() 1965 |
Sucesor: Robert S. Mulliken |