Richard Laurence Millington Synge
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de outubro de 1914 Liverpool |
| Morte | 18 de agosto de 1994 Norwich |
| Educación | Winchester College Trinity College Universidade de Cambridge |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Bioquímica |
| Ocupación | bioquímico, profesor universitario, químico |
| Empregador | Universidade de Anglia do Leste |
| Membro de | Royal Society (1950–) |
| Interesado en | Bioquímica |
| Influencias | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Ann Stephen (1943–) |
| Fillos | Jane Synge, Elizabeth Synge, Charlotte Synge, Alexander Millington Synge, Mary Synge, Matthew Millington Synge, Patrick Millington Synge |
| Pais | Laurence Millington Synge |
| Parentes | John Lighton Synge, curmán |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia, volume 10, (p.388) |
Richard Laurence Millington Synge, nado en Liverpool (Merseyside) o 28 de outubro de 1914 e finado en Norwich (Norfolk) o 18 de agosto de 1994, foi un bioquímico británico galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1952.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou física, química e fisioloxía na Universidade de Cambridge, onde se licenciou en 1936. Desenvolveu as súas investigacións científicas en empresas privadas, entre 1941 e 1943 na Wool Industries Research Association de Leeds, entre 1943 e 1948 no Instituto de Medicina Preventiva de Londres, entre 1948 e 1967 no Instituto de Investigación Rowett de Aberdeen, e entre 1968 e 1976 no Food Research Institute de Norwich.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Durante a súa mocidade estudou e traballou na Universidade de Cambridge e xunto a Archer John Porter Martin, introduciu o método de análise cromatográfico chamado de repartición sobre papel, o cal posibilita a separación dos aminoácidos das proteínas da materia viva.
Entre 1942 e 1948 estudou os péptidos do grupo proteínico da gramicidina, traballo utilizado posteriormente por Frederick Sanger na determinación da estrutura da insulina.
En 1952 recibiu o Premio Nobel de Química, compartido con Archer J. P. Martin, para a invención da cromatografía de partición.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1952 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
| Predecesor: Edwin Mattison McMillan e Glenn Theodore Seaborg |
Premio Nobel de Química 1952 compartido con Archer John Porter Martin |
Sucesor: Hermann Staudinger |