Bill Gates

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bill Gates
Nome completoWilliam Henry Gates III
Nacemento28 de outubro de 1955
Lugar de nacementoSeattle
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterLakeside School e Harvard College
Ocupaciónemprendedor, programador, informático teórico, inventor, financeiro, xogador de bridge, investidor, actor, filántropo, escritor, participante do fórum internacional e magnate
PaiWilliam H. Gates
NaiMary M. Gates
CónxuxeMelinda French
FillosJennifer Katherine Gates, Phoebe Adele Gates e Rory John Gates
IrmánsKristianne Gates e Libby Gates MacPhee
PremiosKnight Commander of the Order of the British Empire, Medalha Nacional de Tecnologia e Inovação, Padma Bhushan, Cross of Recognition, Prémio Albert Lasker de seviço à comunidade, Medalla Presidencial da Liberdade, Fulbright Prize, Silver Buffalo Award, Distinguished Fellow of the British Computer Society, United Nations Population Award, Ordem da Águia Asteca, Gran Cruz da Orde do Infante Don Enrique, Medalha Bem-Estar Público, Commander of the Order of the Star of Romania, comendador da Lexión de Honor, Bower Award for Business Leadership, honorary doctor of the Tsinghua University, doutor honorário do Instituto Real de Tecnologia, Honorary Doctor at Karolinska Institutet, honorary doctor of Harvard University, Grand Cordon of the Order of the Rising Sun, Financial Times Person of the Year, honorary doctor of Stockholm University, Bambi, Prêmio Bower de Realização em Ciência e American Library Association Honorary Membership
Na rede
http://www.thegatesnotes.com/
IMDB: nm0309540 Allocine: 37247 TV.com: people/bill-gates
Facebook: BillGates Twitter: BillGates Instagram: thisisbillgates LinkedIn: williamhgates Youtube: UCnEiGCE13SUI7ZvojTAVBKw TED: bill_gates Musicbrainz: ef958680-aa07-48d2-8c81-4b9335a86bb9 Discogs: 1349328 WikiTree: Gates-1183 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

William Henry "Bill" Gates III, nado en Seattle (estado de Washington) o 28 de outubro de 1955, é un informático, empresario e filántropo estadounidense. Gates foi director xeral e actualmente é presidente de Microsoft, a compañía de software que fundou xunto con Paul Allen.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e comezos[editar | editar a fonte]

Seu pai, William H. Gates II, era un avogado de Seattle e a súa nai, Mary Gates, profesora da Universidade de Washington e presidenta de United Way International. Gates realizou os seus estudos primarios na escola privada Lakeside School onde comezou a interesarse no software e comezou a programar ordenadores aos 13 anos.

Estudos universitarios[editar | editar a fonte]

En 1973, Gates entrou en Harvard onde coñeceu Steve Ballmer, actual Director Xeral (en inglés «chief executive») de Microsoft. Mentres estaba en Harvard, Gates desenvolveu un compilador para a linguaxe de programación BASIC destinada o primeiro microordenador, o MITS Altair.

A creación de Microsoft[editar | editar a fonte]

En 1975 funda co seu amigo da infancia Paul Allen a empresa de informática Microsoft. Inicialmente cada un tiña o metade das accións da compañía aínda que logo Gates obtivo maiores cotas de poder. Microsoft adquire a unha empresa chamada Seattle Computer o QDOS (Quick and Dirty Operating System, sistema operativo rápido e sucio) que renomea como MS-DOS e vende a IBM coma sistema operativo do primeiro PC, obtendo unha parte de beneficio por cada copia que se vendese co IBM-PC e conservando Microsoft os dereitos para licenciar o sistema a terceiras compañías.

En 1995 a súa compañía presenta o sistema operativo Windows 95.

O home con máis diñeiro do mundo[editar | editar a fonte]

En 1996, a revista Forbes colócao primeiro na súa lista de persoas máis ricas do mundo, cunha fortuna aproximada de 18.500 millóns de dólares. En 1997 a súa fortuna é a segunda do mundo, sendo de 36.400 millóns de dólares. En 1998 recuperou o primeiro posto, cunha fortuna estimada ese ano como de 51.000 millóns de dólares. En 1999 a súa fortuna continúa sendo a primeira, concretamente de 90.000 millóns de dólares triplicando o terceiro na lista, o seu amigo e cofundador de Microsoft Paul Allen. En 2000 a súa fortuna calculábase en 60.000 millóns de dólares.

Bill & Melinda Gates Foundation[editar | editar a fonte]

Gates casou con Melinda French o 1 de xaneiro de 1994 coa que ten tres fillos: Jennifer Katharine Gates (nada o 26 de abril de 1996), Rory John Gates (nado o 23 de maio de 1999) e Phoebe Adele Gates (nado o 14 de setembro de 2002).

En xaneiro do 2000 Gates fundou coa súa esposa a Bill & Melinda Gates Foundation, unha organización sen ánimo de lucro destinada levar os avances tecnolóxicos a todo o mundo, abrir bibliotecas públicas, loitar contra as enfermidades máis estendidas... a fundación ten a súa sede en Seattle, Washington.

Obra[editar | editar a fonte]

Bill Gates publicou dous libros:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]