Saltar ao contido

Hideki Shirakawa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHideki Shirakawa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata
Tokyo Editar o valor en Wikidata
Morte24 de agosto de 2026 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Iocoama Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro
cancer of unknown primary origin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaManchukuo (–1944)
Takayama (1940, 1944–década de 1950)
Taiwán baixo o dominio xaponés (1939–1940)
Prefectura de Tokyo Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto Tecnolóxico de Tokyo
Universidade de Pensilvania Editar o valor en Wikidata
Director de teseShū Kanbara (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, catedrático, enxeñeiro, académico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tsukuba Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enQuímica Editar o valor en Wikidata
Influencias
Familia
ParentesNaoko Takahashi Editar o valor en Wikidata
Premios

Enciclopedia Galega Universal: 185902

Hideki Shirakawa (白川英樹?), nado en Tokyo o 20 de agosto de 1936 e finado en Yokohama o 24 de agosto de 2026,[1] foi un químico e profesor universitario xaponés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2000.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutor en Química polo Instituto Tecnolóxico de Tokyo en 1966. Ese mesmo ano ocupou a praza de profesor asociado no Instituto de Ciencias dos Materiais na Universidade de Tsukuba (Xapón). Desde 1982 foi profesor numerario desa mesma institución, aínda que coa cátedra de profesor emérito.

Ademais, era parente de Naoko Takahashi, a gañadora do ouro do maratón feminino dos Xogos Olímpicos de Sidney 2000.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

As súas investigacións no campo dos polímeros, especialmente do acetileno, levárono ao descubrimento, cando ocupaba a praza de investigador asociado no laboratorio de Química do Instituto Tecnolóxico de Tokyo, das propiedades condutoras deste material ao ser contaminado con trazas doutras substancias.

Os descubrimentos de Shirakawa interesaron ao químico neozelandés Alan MacDiarmid e ao físico estadounidense Alan J. Heeger, cos que iniciou unha frutífera relación científica e investigadora que deu como resultado a publicación conxunta do artigo Síntese de polímeros orgánicos condutores da electricidade: derivados halógenos do poliacetileno (CH) n, no prestixioso Journal of Chemical Society no verán de 1977, no cal anunciaban o descubrimento do poliacetileno.

En 2000 recibiu o premio Nobel de Química, galardón que compartiu cos seus compañeiros de investigación Alan J. Heeger e Alan G. MacDiarmid, polo descubrimento e desenvolvemento dos polímeros condutores.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Ahmed H. Zewail
Premio Nobel de Química

2000
con
Alan J. Heeger
e
Alan MacDiarmid
Sucesor:
William Standish Knowles,
Ryoji Noyori
e
K. Barry Sharpless