Stanford Moore
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1913 ![]() Chicago, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 23 de agosto de 1982 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade de Wisconsin-Madison - química orgánica Universidade Vanderbilt (pt) ![]() University School of Nashville (en) ![]() ![]() |
Director de tese | Karl Paul Link (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioquímica, Ribonuclease e cromatografía ![]() |
Ocupación | bioquímico, químico, profesor universitario ![]() |
Empregador | Universidade Vanderbilt (pt) ![]() ![]() Universidade Rockefeller Office of Scientific Research and Development (pt) ![]() ![]() |
Membro de | |
Profesores | Max Bergmann ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мур Станфорд) Stanford Moore. Some personal recollections of his life and times (en) ![]() ![]() |
Stanford Moore, nado o 4 de setembro de 1913 en Chicago (Estados Unidos) e finado o 23 de agosto de 1982 en Nova York, foi un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1972.
Biografía
[editar | editar a fonte]Estudou química na Universidade Vanderbilt en 1935, graduándose como Cum laude. Realizou o doutoramento en química orgánica en 1938 na Universidade de Wisconsin-Madison. Na Universidade Rockefeller de Chicago iniciou os seus traballos de investigación xunto a Max Bergmann e foi nomeado profesor de bioquímica. Durante a segunda guerra mundial estivo adscrito no Departamento de Investigación Científica e Desenvolvemento en Washington, D.C..
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]A partir de 1945 comezou a colaborar activamente con William Howard Stein nas súas investigacións sobre a estrutura da ribonucleasa, nas cales axudoulles en gran medida o seu método de análise de aminoácidos mediante unha columna cromatográfica de separación cuantitativa. Ambos os bioquímicos idearon e perfeccionaron un analizador automático de aminoácidos, indispensable hoxe en día no estudo das proteínas e que permitiron medir a actividade catalítica das encimas.
En 1972 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química, que compartiu con William H. Stein, polos seus traballos sobre a relación entre a estrutura química e a actividade catalítica do núcleo das moléculas da ribonucleasa. A outra metade do premio recaió en Christian B. Anfinsen polos seus traballos sobre a ribonucleasa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1972 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1972 (en inglés)
Predecesor: Gerhard Herzberg |
Premio Nobel de Química![]() 1972 con Christian Anfinsen e William Howard Stein |
Sucesor: Ernst Otto Fischer e Geoffrey Wilkinson |