Emmanuelle Charpentier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emmanuelle Charpentier
Emmanuelle Charpentier.jpg
Nacemento11 de decembro de 1968
 Juvisy-sur-Orge
NacionalidadeFrancia
Alma máterUniversidade Pierre e Marie Curie e Instituto Pasteur
Ocupaciónmicrobióloga, bioquímica, catedrática, xenetista e imunologista
PremiosPremio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica, Breakthrough Prize in Life Sciences, premios para mulleres científicas L'Oréal -UNESCO, Prêmio Massry, Eric K. Fernströms Svenska Pris, Prêmio Dr. Paul Janssen de Pesquisa Biomédica, Prêmio Louis-Jeantet de Medicina, Prêmio Gruber de Genética, Medalha Otto Warburg, Prêmio Família Hansen, Prêmio Gottfried Wilhelm Leibniz, Prêmio Paul Ehrlich e Ludwig Darmstaedter, Prêmio Internacional da Fundação Gairdner, Prêmio Tang, Prêmio Carus, Prêmios Fundação BBVA Fronteiras do Conhecimento, Ernst-Jung-Preis für Medizin, Prêmio Meyenburg, Science Award of Lower Saxony, Alexander von Humboldt Professorship, Prêmio Gabbay, Warren Alpert Foundation Prize, Kavli Prize in Nanoscience, honorary doctor of the Catholic University of Louvain, Honorary doctor of the Katholieke Universiteit Leuven, Honorary doctorate Umeå University, Prêmio Japão, Aachener Ingenieurpreis, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Fellow of the AACR Academy, honorary doctor of the École polytechnique fédérale de Lausanne, Medalha Wilhelm Exner e EMBO Membership
editar datos en Wikidata ]

Emmanuelle Charpentier, nada en Juvisy-sur-Orge o 11 de decembro de 1968 é unha microbióloga e bioquímica francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Charpentier estudou bioquímica, microbioloxía e xenética na Universidade Pierre e Marie Curie (UPMC) de París. En 1995 realizou o seu doutoramento no Instituto Pasteur. Posteriormente trasladouse aos Estados Unidos, traballando en diversas universidades e hospitais, como a Universidade Rockefeller, o Centro Médico Langone da Universidade de Nova York, o Instituto Skirball de Medicina Biomolecular, tamén en Nova York, e o Hospital de Investigación Infantil St. Jude, en Memphis, Tennessee. Tras cinco anos, regresou a Europa, primeiro a Viena e máis tarde á Universidade de Umeå en Suecia, onde obtivo a praza de directora de investigación do Molecular Infection Medicine Sweden (MIMS) e é ademais profesora visitante no Centro Umeå para Investigación Microbiana (UCMR). En 2013, foi nomeada profesora no Helmholtz Centre for Infection Research en Braunschweig e catedrática na Alexander von Humboldt na Escola de Medicina de Hannover (MHH) en Hannover, Alemaña.

En 2015, Charpentier aceptou a oferta da Sociedade Max Planck de dirixir o novo Instituto Max Planck de Bioloxía de la Infección en Berlín, mantendo a súa praza de profesora visitante na Universidad de Umeå.[1]

Charpentier é máis coñecida polo seu papel no desciframento dos mecanismos moleculares do sistema inmunolóxico bacteriano CRISPR-Cas9 (en inglés: clustered regularly interspaced short palindromic repeats) e a súa aplicación como ferramenta en enxeñaría xenética. En colaboración co laboratorio de Jennifer Doudna, o laboratorio de Charpentier descubriu como o Cas9 podería ser empregado para facer cortes en calquera secuencia desexada dun xenoma e inserir, suprimir ou modificar ADN.[2][3] O método que desenvolveron implicaba a combinación de Cas9 con moléculas sintéticas de ARN guía de creación doada. Investigadores de todo o mundo empregan este método para manipular de xeito eficaz ADN de plantas, animais e liñas celulares de laboratorio.

Dende os primeiros meses de 2015 tanto Charpentier como Doudna manteñen un litixio de patentes co bioquímico Feng Zhang, aínda que realmente se trata dunha polémica entre as instituciones onde traballan os litigantes, o Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde traballa F. Zhang e a Universidade de California en Berkeley, lugar de traballo de Doudna. Ambas as institucións pensan que hai moito prestixio e diñeiro en xogo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Emmanuelle Charpentier - Director at the Max Planck Institute for Infection Biology in Berlin". Molecular Infection Medicine Sweden (MIMS). 23 de xullo de 2015. Consultado o 4 de outubro de 2015. 
  2. "CRISPR Therapeutics, About us". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2015. Consultado o 15 de xuño de 2015. 
  3. "A Programmable Dual-RNA–Guided DNA Endonuclease in Adaptive Bacterial Immunity". Science. 28 de xuño de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2015. 
  4. Yahoo Noticias (4 de outubro de 2015). "Las investigadoras Charpentier y Doudna, inmersas en una "guerra de patentes" por su técnica de edición del genoma". Europa Press. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2015. Consultado o 5 de outubro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]