Iuri Andropov
Iuri Andropov | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de xuño de 1914 |
Lugar de nacemento | Soluno-Dmitriyevskoye |
Falecemento | 9 de febreiro de 1984 |
Lugar de falecemento | Moscova |
Causa | insuficiencia renal |
Soterrado | Necrópole da muralla do Kremlin |
Nacionalidade | Imperio Ruso, República Socialista Soviética Federativa de Rusia e Unión Soviética |
Etnia | Pobo ruso |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Rybinsk River School VI Kalashnikov, Higher Party School at the Central Committee of the CPSU e Petrozavodsk State University |
Ocupación | político e diplomático |
Cónxuxe | Tatyana Andropova e Nina Ivanovna Yengalycheva |
Fillos | Igor Yurievich Andropov |
Premios | Heroe do Traballo Socialista, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Orde da Revolución de Outubro, Orde do Estandarte Vermello, Bandeira Vermella do Traballo, Bandeira Vermella do Traballo, Bandeira Vermella do Traballo, Medalha do Jubileu "Em Comemoração ao 100.º Aniversário do Nascimento de Vladimir Ilitch Lenin", Medal "To a Partisan of the Patriotic War", 1st class, Medal "For Distinction in Guarding the State Border of the USSR", Medalla da vitoria sobre Alemaña na gran guerra patriótica 1941-1945, Jubilee Medal "Twenty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Jubilee Medal "Thirty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Medalha do Jubileu de 50 anos das Forças Armadas da URSS, Jubilee Medal "60 Years of the Armed Forces of the USSR", Medal "In Commemoration of the 250th Anniversary of Leningrad", Medal "In Commemoration of the 1500th Anniversary of Kyiv", Hero of the People's Republic of Bulgaria, Orden de Georgi Dimitrov, Order of the People's Republic of Bulgaria, Ordem de Sukhbaatar, Ordem do Estandarte Vermelho (Mongólia), Jubilee Medal "50 Years of the Mongolian People's Revolution", Orden de karl Marx, sen etiquetar, sen etiquetar, Order of the Flag of the People's Republic of Hungary, Ordem do Leão Branco, Honorary officer of the State Security e Medal "For the strengthening of friendship in arms" |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Iuri Vladimirovich Andropov (en ruso: Ю́рий Влади́мирович Андро́пов), nado o 15 de xuño de 1914 e finado en Moscova o 9 de febreiro de 1984, foi un político soviético, Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética dende o 12 de novembro de 1982 ata a súa morte, alén de ser xefe do KGB durante quince anos.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Existen moitas dúbidas sobre a orixe familiar de Andropov.[2] Segundo a biografía oficial, naceu en Stanitsa Nagutskaya (na actualidade no krai de Stavropol) o 15 de xuño de 1914.[3][4] O seu pai, Vladimir Konstantinovich Andropov, era un traballador ferroviario descendente de cosacos do Don que faleceu por tifo en 1919. A súa nai, Yevgenia Karlovna Fleckenstein (ningunha fonte oficial menciona o seu nome), foi unha mestra de escola que morreu en 1931.[5][6] Ela nacera na gobernación de Ryazan e fora abandonada na porta dun cidadán finés, un reloxeiro xudeu, Karl Franzevich Fleckenstein, que vivía en Moscova; el e a súa dona, Eudokia Mikhailovna Fleckenstein, adoptárona e criárona.[7][8] Investigacións posteriores descubriron que moitos detalles da biografía de Andropov foron moi falsificadas durante a súa vida, contribuíndo á confusión coa súa familia.
O seu primeiro nome documentado foi Grigory Vladimirovich Andropov-Fyodorov; cambiouno por Yuri Andropov varios anos despois.[9] Aínda que o seu certificado de nacemento orixinal desapareceu, estableceuse que Andropov nacera en Moscova, onde a súa nai traballou nun colexio feminino entre 1913 e 1917.[7][9]
Andropov estudou durante un curto período no Instituto Técnico para o Transporte Acuático de Rybinsk, antes de se xuntar ao Komsomol en 1930. Concluíu a graduación en 1939 e foi o primeiro secretario do Komsomol na república de Carelia, entre 1940 e 1944.[8][10] Trala guerra, mudouse a Moscova en 1951 e entrou na secretaría do partido.[8]
Trala morte de Iosif Stalin en marzo de 1953, Andropov foi rebaixado de posto e enviado a un "exilio" na embaixada soviética en Budapest por Georgi Malenkov. Tivo un papel importante na invasión soviética de Hungría en 1956.

Andropov volveu a Moscova para dirixir o Departamento para Relacións con Países socialistas (1957-1967) e foi promovido para a secretaría do Comité Central do Partido Comunista Soviético en 1962, sucedendo a Mikhail Suslov. En 1967 foi nomeado xefe do KGB. En 1973 converteuse en membro pleno do Politburo, a pesar de non renunciar á dirección da KGB ata 1982.
Envolveuse en rumores e acusacións coa morte sospeitosa do entón líder Leonid Brezhnev o 10 de novembro de 1982. Brezhnev faleceu dunha sobredosa, motivada pola súa enfermeira, que era unha asociada do KGB, dirixido por Andropov. Cando a enfermeira foi declarado inocente e o caso abafado, pasouse a cuestionar a culpa de Andropov na morte de seu antecesor.[11] Días despois, foi nomeado, como era previsto, para o liderado do Partido Comunista, vencendo a Konstantin Chernenko, líder parlamentario dende había tempo. Foi o primeiro xefe do KGB que obtivo ese posto. Herdou tamén de Brezhnev, a presidencia do Consello de Defensa do país.
Durante o seu mandato fixo tentativas de mellorar a economía e de reducir a corrupción. Tamén é lembrado pola súa campaña contra o alcoholismo e polos esforzos para mellorar a disciplina no traballo. As dúas campañas foron conducidas cunha visión administrativa tipicamente soviética, e lembraban vagamente algunhas reminiscencias do stalinismo.
Fixo pouca cousa en termos de política externa, continuando a guerra iniciada trala invasión de Afganistán. O seu goberno tamén estivo marcado pola deterioración das relacións cos Estados Unidos a causa das actitudes fortemente antisoviéticas de Ronald Reagan, exacerbadas polo derrubamento por parte duns cazas soviéticos dun avión civil surcoreano que invadiu o espazo aéreo da URSS o 1 de setembro de 1983 e pola ampliación dos mísiles Pershing en Europa.
En febreiro de 1983, Andropov sufriu un fallo renal total. En agosto foi ingresado no Hospital Clínico Central de Moscova, onde pasou o resto da súa vida. A finais de febreiro de 1984 a súa saúde deteriorouse enormemente e tivo períodos en que perdeu a consciencia. Faleceu o 9 de febreiro de 1984 ás 16:50 no seu cuarto do hospital con 69 anos.[12] Foi sucedido por Konstantin Chernenko, que xa estaba enfermo cando chegou ao poder e pasou tamén tempo no hospital antes de falecer en 1985.
Legado[editar | editar a fonte]

O legado de Andropov aínda é tema de debate, tanto en Rusia como noutros lugares, e tanto entre académicos como nos medios de comunicación. Permanece no foco de varios documentais televisivos e en libros de non ficción, particularmente en datas conmemorativas.
A pesar da súa liña dura en Hungría e de numerosas desterros e intrigas das cales foi responsábel durante a súa longa permanencia na dirección do KGB, foi moi lembrado por varios comentaristas como un reformador. Aapuntan como evidencias o feito de promover a Mikhail Gorbachev no Partido Comunista soviético, e ser considerado un xefe da KGB particularmente tolerante. Tamén é lembrado como menos inclinado ás reformas rápidas do que foi Gorbachev; o punto central das especulacións é se Andropov conseguiría ou non reformar a URSS de xeito tal que evitase o seu colapso.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Yury Vladimirovich Andropov | president of Union of Soviet Socialist Republics". Encyclopædia Britannica (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2017. Consultado o 14 de novembro de 2020.
- ↑ Aktürk, Şener (2012). Regimes of Ethnicity and Nationhood in Germany, Russia, and Turkey. Cambridge University Press. ISBN 978-1-139-85169-5.
- ↑ Jessup, John E. (1998). An Encyclopedic Dictionary of Conflict and Conflict Resolution, 1945–1996. Westport, CT: Greenwood Press. p. 25.
- ↑ Kavanagh, Dennis (1998). "Andropov, Yuri". A Dictionary of Political Biography. Oxford University Press. p. 15. Consultado o 31 de agosto de 2013.
- ↑ A Dictionary of 20th Century Communism. Editado por Silvio Pons e Robert Service. Princeton University Press. 2010.
- ↑ Leonid Mlechin. Yuri's childhood and other mysteries from the life of the Chairman article from the Sovershenno Sekretno newspaper № 5, 2008 (en ruso)
- ↑ 7,0 7,1 Babichenko, Denis (3 de outubro de 2005). Легендарная личность [Legendary Personality]. Itogi (en ruso) (40): 30–34. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2007. Consultado o 14 de novembro de 2020.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "Biography of Yuri Andropov" (PDF). Soviet Life (323): 1B. 1983. Consultado o 19 de agosto de 2013.
- ↑ 9,0 9,1 Alexander Ostrovsky (2010). Who Appointed Gorbachev? – Moscova: Algorithm, páx. 187 ISBN 978-5-699-40627-2
- ↑ БИОГРАФИЧЕСКИЙ УКАЗАТЕЛЬ
- ↑ The Sword and the Shield: The Mitrokhin Archive and the Secret History of the KGB, Christopher Andrew (2000), pág. 204 Google E-Books
- ↑ Burns, John F. (11 de febreiro de 1984). "Andropov is Dead in Moscow at 69; Reagan Asks 'Productive Contacts' and Names Bush to Attend Funeral". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 11 de xullo de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iuri Andropov ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Beichman, Arnold; Bernstam, Mikhail (1983). Andropov, New Challenge to the West. Stein and Day. ISBN 978-0812829211. OCLC 9464732.
- Bialer, Seweryn (3 de febreiro de 1983). "The Andropov succession". The New York Review of Books.
- Ebon, Martin (1983). The Andropov file: the life and ideas of Yuri V. Andropov, general secretary of the Communist Party of the Soviet Union. McGraw-Hill. ISBN 978-0070188617.
- Epstein, Edward (7 de febreiro de 1983). "The Andropov hoax". The New Republic. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2002.
- Glazov, Yuri (1985). "Yuri Andropov: a recent leader of Russia". The Russian mind since Stalin's death. D. Reidel Publishing Company. pp. 180–221. ISBN 978-9027718280. doi:10.1007/978-94-009-5341-3_10.
- Goodman, Elliot (Summer 1984). "The Brezhnev-Andropov legacy: implications for the future". Survey 28 (2): 34–69.
- Granville, Johanna (2004). The first domino: international decision making during the Hungarian crisis of 1956. Texas A & M University Press. ISBN 978-1585442980.
- Gribanov, Alexander; Kowell, Masha (2009). "Samizdat according to Andropov". Poetics Today 30 (1): 89–106. doi:10.1215/03335372-2008-004.
- Herman, Victor (setembro de 1983). "In Stalin's footsteps: Yuri Andropov: rise of a dictator". Imprimis.
- Medvedev, Roy (1 de xaneiro de 1984). "Andropov and the dissidents: the internal atmosphere under the new Soviet leadership". Dissent 31 (1): 97–102.
- Ostrovsky Alexander. Кто поставил Горбачёва? (2010). («Who brought Gorbachev to power?») – М.: „Алгоритм-Эксмо“. ISBN 978-5-699-40627-2 («Проект «Распад СССР: Тайные пружины власти» – М. «Алгоритм», 2016. Переиздание книги «Кто поставил Горбачёва?») ("Project" Collapse of the USSR: Secret Springs of Power ". Reedición do libro «Who brought Gorbachev to power?» – М.: «Алгоритм», 2016.)
- "П.Л. Капица и Ю.В. Андропов об инакомыслии" [P.L. Kapitsa and Yu.V. Andropov about dissent]. Kommunist (en ruso) (7). 1991.
- Sayle, Timothy (agosto de 2009). "Andropov's Hungarian complex: Andropov and the lessons of history". Cold War History 9 (3): 427–439. doi:10.1080/14682740902764528.
- Solovyov, Vladimir; Klepikova, Elena (1983). Yuri Andropov: a secret passage into the Kremlin. Macmillan. ISBN 978-0026122900.
- Steele, Jonathan; Abraham, Eric. Andropov in Power: From Komsomol to Kremlin (HIA Book Collection, 1984), online review
- Ticktin, Hillel. "Andropov: Disintegration and discipline: The disintegration of the USSR under the banner of discipline. Andropov and his inheritance." Critique: Journal of Socialist Theory 16.1 (1988): 111–122.
- Whelan, Joseph (1983). Andropov and Reagan as negotiators: contexts and styles in contrast. Congressional Research Service The Library of Congress. ASIN B00DDVND9I.