Jerome Karle
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Jerome Karle ![]() | |
---|---|
![]() ![]() ![]() Jerome Karle | |
Datos persoais | |
Nacemento | 18 de xuño de 1918 |
Lugar | Nova York ![]() |
Falecemento | 6 de xuño de 2013 |
Lugar | Annandale Virxinia ![]() |
Causa | cancro de fígado |
Soterrado | Columbia Gardens Cemetery |
Nacionalidade | estadounidense |
Cónxuxe | Isabella Karle |
Actividade | |
Campo | |
Alma máter | |
Director de tese | Lawrence O. Brockway |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | |
Premios | Premio Nobel de Química (1985) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jerome Karle, nado o 18 de xuño de 1918 en Nova York e finado o 6 de xuño de 2013 en Annandale (Virxinia), foi un químico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química en 1985.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras cursar estudos secundarios na Abraham Lincoln High School de Nova York, pasou a estudar química e física na Universidade de Nova York, na que se graduó en 1937. Posteriormente ampliou estudos na Universidade Harvard, na que levou a cabo un máster en 1938, e para rematar na Universidade de Detroit Misericordia en Míchigan, na que se doutorou en 1944.
Investigación científica[editar | editar a fonte]
Involucrouse inicialmente no Proxecto Manhattan para a fabricación da bomba atómica, xunto á súa esposa, Isabella Karle, unha das poucas mulleres involucradas no proxecto.
Especialista en cristalografía, como director de investigación do Laboratorio de Investigación Naval dos Estados Unidos en Washington iniciou unha colaboración co matemático Herbert A. Hauptman na procura de estruturas cristalinas moleculares de átomos lixeiros para analizar os correspondentes espectros de difracción de raios X dos neutróns e electróns mediante novos métodos matemáticos. Os resultados destes estudos contribuíron de modo decisivo a mellorar o coñecemento de temas de química inorgánica como a determinación de radios iónicos e atómicos de átomos metálicos, as estruturas de complexos inorgánicos e compostos intermetálicos.
En 1985 foi galardoado, xunto a Herbert A. Hauptman, co Premio Nobel de Química pola súa contribución ao desenvolvemento de métodos directos para determinar estruturas cristalinas.
Faleceu como consecuencia dun cancro de fígado nun fogar de anciáns.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jerome Karle ![]() |