Estricnina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrutura química da estricnina

Número CAS
57-24-9

PubChem
441071

Fórmula química C21H22N2O2
Peso molecular 334.41 g/mol
Metabolismo
Excreción
Estado legal

A estricnina é un alcaloide cristalino tóxico. Foi usado como pesticida, principalmente para matar ratos. Debido á súa alta toxicidade en humáns o seu uso está prohibido en moitos países.

Descrición[editar | editar a fonte]

A estricnina é practicamente insolúbel en auga e pouco solúbel a disolventes orgánicos. Os estudos mostran que a DL50 oral en ratos varia entre 2,2 e 5,8 mg/kg en femias e entre 6,4 e 14 mg/kg en machos. A DL50 cutánea é de máis de 2.000 mg/kg. A fonte máis común desta substancia é a semente de árbores da especie Nux vomica, nativa de Sri Lanka, Australia e India. É unha das substancias mais amargas que existen, o seu sabor é perceptíbel en concentracións da orden de 1 ppm. O maior risco para saúde está na súa administración oral. A estricnina descomponse rapidamente no solo, sendo pouco probábel que contamine a auga pero pode ser inhalada en forma de po e é volátil a altas temperaturas. A súa absorción pola pel causa reaccións alérxicas.

Non existe evidencia de que a exposición crónica a estricnina produza cáncer, mutacións, alteracións reprodutivas ou anomalías no crecemento. Pero os seus efectos a curto prazo son graves, podendo chegar a xerar convulsións violentas, aínda que os primeiros síntomas son ansiedade, tremor, movementos bruscos, reflexos espontáneos, rixidez dos músculos e vómitos. Entre 10 e 20 minutos despois da inxestión, os músculos do corpo comezan a ter espasmos, iniciando coa cabeza e o pescozo. Os espasmos entón alástranse para todos os músculos do corpo, con convulsións case continuas, que empeoran co menor dos estímulos. A morte ocorre por asfixia causada pola parálise do sistema de control da respiración do sistema nervioso central, ou por esgotamento debido ás convulsións. Nese momento, o corpo endurece inmediatamente, mesmo no medio dunha convulsión, debido ao rigor mortis.

O tratamento inclúe a aplicación de diazepam intravenoso, para controlar as convulsións, e o uso de carbón activado. A substancia é metabolizada no fígado e ten unha vida media de 10 horas en humanos. Polo tanto, se o paciente sobrevive 24 horas despois da inxestión, a recuperación é case segura.

Pequenas doses de estricnina eran utilizadas como laxante ou para tratamento doutros problemas estomacais. Ese tipo de tratamento foi abandonado co advento de alternativas máis seguras.

Mecanismo de acción[editar | editar a fonte]

Nas sinapses do sistema nervioso central existen dous tipos distintos de receptor. A ligazón en receptores estimulatorios transmite un sinal, mentres a ligazón en receptores inhibitorios a reduce. Os receptores de glicina son os principais receptores inhibitorios da medula espinal. A estricnina reacciona bloqueando eses receptores, resultando nun aumento da transmisión de sinais nerviosos, especialmente en arco-reflexos, aumentando os estímulos sensoriais e causando contraccións musculares.