Hartmut Michel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hartmut Michel
Non dispoñemos de imaxe
Datos persoais
Nacemento18 de xullo de 1948 (75 anos)
LugarLudwigsburg Alemaña Alemaña
ResidenciaAlemaña Alemaña
Nacionalidadealemán
Actividade
Campo
  • bioquímica e química
  • Alma máter
  • Universidade de Tubinga
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Cristalografía e Fotosíntese
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1988)
    Premio Gottfried Wilhelm Leibniz (1986)
  • editar datos en Wikidata ]

    Hartmut Michel, nado o 18 de xullo de 1948 en Ludwigsburg (Alemaña) é un bioquímico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1988.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Estudou bioquímica na Universidade de Tubinga, ampliando os seus estudos na Universidade de Würzburg, onde se doutorou en 1977. En 1979 integrouse no equipo investigador do Departamento de Bioquímica do Instituto Max Planck de Martinsried e desde 1987 é profesor de bioquímica na Universidade Johann Wolfgang Goethe

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    En 1985, en colaboración con Johann Deisenhofer e Robert Huber, descubriu a estrutura completa da proteína que se atopa na base do proceso de fotosíntese, a cal é capaz de converter a enerxía luminosa en enerxía química e que denominaron centro de reacción fotosintético. Mediante o uso da cristalografía de raios X conseguiron determinar a estrutura química dos máis de 10.000 átomos que compón o complexo desta proteína, conseguindo recrear a súa imaxe tridimensional. A súa investigación aumentou a comprensión xeral dos mecanismos da fotosíntese e revelaron parecidos entre os procesos fotosintéticos das plantas e das bacterias.

    En 1988 foi galardoado, xunto aos seus compatriotas Deisenhofer e Huber, co Premio Nobel de Química pola determinación da estrutura tridimensional do centro da reacción fotosintética.

    En 1986, recibiu o Premio Gottfried Wilhelm Leibniz do Deutsce Forschungsgemeinschaft (Consello de Investigación Alemán), o maior galardón da investigación alemá.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Charles J. Pedersen,
    Jean-Marie Lehn e Donald James Cram
    Premio Nobel de Química

    1988
    con
    Johann Deisenhofer e Robert Huber
    Sucesor:
    Sidney Altman
    e
    Thomas Cech