Henry Taube

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henry Taube
Henry Taube (1983)
Datos persoais
Nacemento30 de novembro de 1915
LugarNeudorf, Saskatchewan Canadá
Falecemento16 de novembro de 2005
LugarPalo Alto, California Estados Unidos de América Estados Unidos
Residencia Canadá nacionalizado ciudadano dos Estados Unidos
Nacionalidadecanadense
FillosKarl Taube
Actividade
Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade de Saskatchewan
  • Universidade de California, Berkeley
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Compostos de valencia mixta
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1983)
  • Medalla Priestley (1985)
  • editar datos en Wikidata ]

    Henry Taube, nado o 30 de novembro de 1915 en Neudorf, Saskatchewan (Canadá) e finado o 16 de novembro de 2005 en Palo Alto, California (USA), foi un químico nado canadense e nacionalizado estadounidense. O seu traballo investigando os mecanismos das reaccións de transferencias de electróns, especialmente entre metais, ou transferencias de electróns na esfera interior, foron recompensados co Premio Nobel de Química en 1983.

    Traxectoría[editar | editar a fonte]

    Taube asistiu a clases na escola de educación secundaria Luther College, de Regina, Saskatchewan. Recibiu o título de bacharelato e a gradación da Universidade de Saskatchaven en 1935 e 1937 respectivamente. En 1940 obtivo o doutoramento pola Universidade de Berkeley, California. Obtivo a cidadanía estadounidense. Desde 1961 deu clases de química nas universidades de Cornell e Chicago. Desde 1978 exerceu como director do departamento de química da Universidade Stanford en Palo Alto, California, cargo que abandonou en 1986, con 70 anos.

    Faleceu na súa casa de Palo Alto, California o 16 de novembro de 2005, catorce días antes de celebrar o seu nonaxésimo aniversario (90 anos).

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Os estudos que lle valeron o Premio Nobel trataban das reaccións nas que algunhas moléculas obteñen electróns doutras, coñecidas como redox, unha contracción de redución e oxidación. As reaccións redox danse na natureza na fotosíntese vexetal e na respiración animal, e en procesos industriais como a combustión. O seu traballo trataba especificamente dos compostos nos que un átomo de metal está rodeado de varios átomos doutras moléculas coñecidas como ligandos. Foi un dos primeiros químicos en usar isótopos para determinar mecanismos de reacción e en probar os mecanismos da química inorgánica. Expandiu en gran medida a química coñecida do rutenio e o osmio.

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Aaron Klug
    Premio Nobel de Química

    1983
    Sucesor:
    Robert Bruce Merrifield

    Notas[editar | editar a fonte]

    • Obituario do New York Times
    • P. C. Ford, E. I. Solomon, Angewandte Chemie International Edition, 2006, 45, 692–693. DOI: 10.1002/anie.200504564
    • C. Creutz, P. C. Ford, T. J. Meyer "Henry Taube: Inorganic Chemist Extraordinaire" Inorganic Chemistry, 2006, volumen 45, pp 7059 – 7068. DOI: 10.1021/ic060669s