Irène Joliot-Curie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Irène Joliot-Curie
Nobel prize medal.svg
Joliot-curie.jpg
Datos persoais
Nome completoIrène Curie
Nacemento12 de setembro de 1897
Lugar13.º arrondissement de Paris
Falecemento17 de marzo de 1956
LugarParís
Causaleucemia
NacionalidadeFrancia
CónxuxeFrédéric Joliot
FillosPierre Joliot e Hélène Langevin-Joliot
Actividade
Campofísica, química, científica, profesora, política e científico nuclear
Alma máterFacultade de Ciencias de París
Director de tesePaul Langevin
Contribucións e premios
Coñecida porTransmutación
Premiosoficial da Lexión de Honor, Premio Nobel de Química, doutor honoris causa pola universidade Xaguelónica de Cracovia, Medalla Matteucci, Orde da Cruz de Grundwald, terceira clase, medalla Barnard, honorary doctor of the Maria Curie-Skłodowska University e Commander with Star of the Order of Polonia Restituta
Os seus pais foron os tamén premio Nobel Marie Curie e Pierre Curie
editar datos en Wikidata ]

Irène Joliot-Curie, nada en París o 12 de setembro de 1897 e finada o 17 de marzo de 1956 tamén en París, foi unha física [1][2] e química francesa galardoada co Premio Nobel de Química en 1935.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla dos tamén famosos científicos Marie Curie e Pierre Curie (ambos tamén premios Nobel), estudou na Sorbona, tendo que interromper os seus estudos pola I Guerra Mundial, na que serviu como enfermeira radióloga. Tras a guerra, obtivo o doutoramento en ciencias cunha tese sobre os raios alfa no polonio.

Casamento e Nobel[editar | editar a fonte]

Irène + Frédéric (1934)

No 1926 casou con Frédéric Joliot, colaborando ambos no estudo da radioactividade natural e artificial, transmutación dos elementos e física nuclear. No 1935 ambos conseguiron o Premio Nobel de Química. No 1938, a súa investigación sobre a acción dos neutróns nos elementos pesados foi un paso importante no descubrimento da fisión nuclear. No 1937 foi nomeada profesora na Facultade de Ciencias de París, e no 1946, directora do Instituto de Radiación.

Activista da paz, tivo un forte interese nos dereitos da muller, chegando a ser membro do Comité Nacional da Unión de Mulleres Francesas e do Consello Mundial da Paz. Ocupou a Cátedra de Física Nuclear na Sorbona, e foi asemade nomeada Vicesecretaria de Estado para a Investigación Científica. Foille concedida a Lexión de Honra francesa.

Frédéric e Irene Joliot-Curie tiveron unha filla, Helena, e un fillo, Pierre.

Morreu en 1956 a causa dunha leucemia contraída no seu traballo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Harold Clayton Urey
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1935
con
Frédéric Joliot
Sucesor:
Peter Joseph Wilhelmus Debye


  1. "Qui est Irène Joliot-Curie ?". Ministère de l'Enseignement supérieur, de la Recherche et de l'Innovation (en francés). Consultado o 11 de abril de 2020. 
  2. "Biographie d'Irène et Frédéric Joliot-Curie - Musée Curie". musee.curie.fr (en francés). Consultado o 11 de abril de 2020.