Harold Walter Kroto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHarold Walter Kroto

Harold Walter Kroto
Nome orixinal(en) Harold Walter Kroto Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de outubro de 1939
Wisbech, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte30 de abril de 2016 (76 anos)
Lewes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Esclerose lateral amiotrófica Editar o valor em Wikidata)
President of the Royal Society of Chemistry (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaReino Unido Reino Unido
País de nacionalidadebritánico
Relixiónxudeu
Educación
  • Universidade de Sheffield
  • Coñecido por
  • descubrimento dos fulerenos
  • Actividade
    Campo de traballo
  • Química
  • Ocupaciónquímico , profesor universitario , científico Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorUniversidade de Sussex
    Universidade do Estado da Flórida (pt) Traducir
    Universidade da Flórida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    Influencias
    LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
    Obra
    DoutorandoMauricio Terrones (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Outro
    TítuloKnight Bachelor (1995–) Editar o valor em Wikidata
    Cónxuxe
  • Margaret Henrietta Hunter
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1996)
  • Medalla Copley (2004)
  • Sinatura
    Editar o valor em Wikidata

    Páxina webkroto.info Editar o valor em Wikidata
    Find a Grave: 162003839 Editar o valor em Wikidata


    Harold Walter Kroto ou Harold Krotoschiner, nado o 7 de outubro de 1939 en Wisbech (Inglaterra) e finado o 30 de abril de 2016,[1] foi un químico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1996.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Naceu nunha familia de inmigrantes xudeus polacos e alemáns que fuxiron da Alemaña nazi na década de 1930. Logo de estudar primaria na cidade de Bolton, estudou física, química e matemáticas na Universidade de Sheffield, onde se graduou en 1961 e doutorouse en química en 1964.

    Despois realizou estudos postdoutorais no Canadá e nos Laboratorios Bell de Nova Jersey, desde 1967 foi profesor de química na Universidade de Sussex. En 1990 foi nomeado membro da Royal Society de Londres e en 1996 foi nomeado sir por parte da raíña Isabel II do Reino Unido.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Interesado tanto na química orgánica como na inorgánica, desenvolveu no Laboratorio de Química da Universidade de Sussex investigacións sobre unha nova forma de cristalización xeométrica do carbono, grazas á síntese química dos fulerenos descubertos en 1988 polos químicos estadounidenses Robert Curl e Richard Smalley. Estas estruturas, compostas por dous átomos de carbono, poden ser aproveitadas, grazas ás súas excepcionais propiedades de estabilidade, na fabricación de materiais resistentes a altas temperaturas, e ata como substitutivos do silicio nos chips.

    En 1996 foi galardoado, xunto a Curl e Smalley, co Premio Nobel de Química polo descubrimento dos fulerenos.

    En 2004 foille entregada a Medalla Copley pola Royal Society.

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. Davis, Nicola (2 de maio de 2016). "Sir Harry Kroto, Nobel prize-winning chemist, dies at 76". The Guardian (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2016. 

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Paul J. Crutzen,
    Mario J. Molina
    e
    Frank Sherwood Rowland
    Premio Nobel de Química

    1996
    con
    Robert Curl
    e Richard Errett Smalley
    Sucesor:
    Paul D. Boyer,
    John E. Walker
    e
    Jens Christian Skou