Jean-Marie Lehn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jean-Marie Pierre Lehn
Nobel prize medal.svg
Jean-Marie Lehn.jpg
Jean-Marie Lehn, a súa saida dunha conferencia na Universidade Tecnolóxica de Dresde, en xaneiro de 2008.]
Datos persoais
Nacemento30 de setembro de 1939 (79 anos)
LugarRosheim Flag of France.svg Francia
ResidenciaFlag of France.svg Francia
Nacionalidadefrancés
Cónxuxe
  • Sylvie Lederer (1965)
  • Actividade
    Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade de Estrasburgo
  • Director de tese
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • química supramolecular
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1987)
  • National Medal of Science
  • Beca Guggenheim (1955)
  • editar datos en Wikidata ]

    Jean-Marie Pierre Lehn nado o 30 de setembro de 1939 en Rosheim (Francia) é un químico francés, profesor e investigador galardoado co premio Nobel de Química de 1987.

    Traxectoría[editar | editar a fonte]

    Estudou química na Universidade de Estrasburgo, onde se doutorou en 1963. En 1970 foi nomeado profesor de química na Universidade de Estrasburgo, cargo que ocupou ata 1979, cando aceptou a oferta do Collège de France en París.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Logo de realizar a súa tese doutoral pasou un ano na Universidade Harvard á beira de Robert Burns Woodward desenvolvendo a síntese química da vitamina B12.

    Esquema dunha molécula de criptando (2.2.2), familia de compostos de sínteses inventados polo premio Nobel Jean-Marie Lehn

    As investigacións de Lehn conducíronlle en 1968 á creación dunha molécula capaz de combinarse co neurotransmisor acetilcolina, o transmisor químico dos sinais do sistema nervioso. Na manipulación dos compostos bicíclicos do tipo éter coroa ampliou os achados de Charles J. Pedersen ata as tres dimensións, estudos que posteriormente ampliaría Donald James Cram. Tamén desenvolveu unha terminoloxía que pasaría a ser aceptada na nomenclatura da química orgánica: as cavidades que existen dentro das moléculas chamounas criptas, criptandos os compoñentes e criptatos os seus complexos.

    O seu traballo contribuíu especialmente ao desenvolvemento da química supramolecular.

    En 1987 foi galardoado co Premio Nobel de Química, xunto con Pedersen e Cram, polo desenvolvemento e utilización de moléculas de interacción de alta selectividade

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Dudley R. Herschbach,
    Yuan T. Lee
    e
    John Charles Polanyi
    Premio Nobel de Química
    Nobel prize medal.svg

    1987
    con
    Donald James Cram e Charles J. Pedersen
    Sucesor:
    Johann Deisenhofer,
    Robert Huber
    e
    Hartmut Michel