Joe Biden
![]() | Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
![]() | Este artigo ou sección refírese a un tema de actualidade. A información fornecida aquí pode cambiar en calquera momento segundo avanza o evento, e os informes iniciais poden ser pouco fiables. Por favor, non achegues datos especulativos e lembra incluír referencias e citar as fontes. |
Joe Biden | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de novembro de 1942 |
St. Mary's Hospital e Scranton | |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade de Syracuse, University of Delaware e Archmere Academy |
Ocupación | político, avogado e catedrático de universidade |
Pai | Joseph Robinette Biden Sr. |
Nai | Catherine Eugenia Finnegan |
Cónxuxe | Neilia Hunter e Jill Biden |
Fillos | Beau Biden, Naomi Biden, Hunter Biden e Ashley Biden |
Irmáns | Valerie Biden Owens, James Biden e Francis Biden |
Coñecido por | Promises to Keep |
Premios | Grande Oficial da Orde das Tres Estrelas, Medalla Presidencial da Liberdade, Hilal-e-Pakistan, Ellis Island Medal of Honor, Order of the Cross of Terra Mariana, 1st Class, St. George's Order of Victory, Order of Liberty, Order of Boyacá e Laetare Medal |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Joseph Robinette "Joe" Biden, Jr, nado en Scranton, Pensilvania o 20 de novembro de 1942,[1] é un avogado e político estadounidense, 46º presidente dos Estados Unidos de América. Membro do Partido Demócrata, Biden foi senador por Delaware durante seis mandatos dende 1973 a 2009 e foi o 47º vicepresidente dos Estados Unidos de América, no goberno de Barack Obama, dende 2009 a 2017.
Criado en Scranton, Pensilvania e no condado de New Castle, Delaware, Biden estudou na Universidade de Delaware antes de obter a carreira de Dereito na Universidade de Siracusa en 1968. Foi elixido conselleiro do condado de New Castle en 1970 e converteuse no sexto senador máis novo dos Estados Unidos. historia cando foi elixido para o Senado dos Estados Unidos por Delaware en 1972, aos 29 anos. Biden foi membro desde hai tempo do Comité de Relacións Exteriores do Senado e finalmente converteuse no seu presidente. Opúxose á Guerra do Golfo en 1991 e apoiou a expansión da alianza da OTAN a Europa do Leste e a súa intervención nas guerras iugoslavas dos noventa. Apoiou a resolución pola que se autorizaba a guerra de Iraq en 2002 e posteriormente opúxose á saída de tropas estadounidenses en 2007. Tamén presidiu o Comité Xudicial do Senado de 1987 a 1995, que se ocupaba da política de drogas, a prevención do crime e as cuestións das liberdades civís; liderou o esforzo para aprobar a Lei de control e aplicación da lei do delito violento e a Lei de violencia contra a muller; e supervisou seis audiencias de confirmación do Tribunal Supremo dos Estados Unidos, incluídas as contenciosas para Robert Bork e Clarence Thomas.
Presentouse sen éxito á candidatura á presidencia demócrata en 1988 e de novo en 2008. Biden foi reelixido ao Senado seis veces e era o cuarto senador máis antigo cando renunciou para exercer o cargo de vicepresidente de Barack Obama despois de que gañasen as eleccións presidenciais de 2008; Obama e Biden foron reelixidos en 2012. Como vicepresidente, Biden supervisou o gasto en infraestruturas en 2009 para contrarrestar a Gran Recesión. As súas negociacións cos republicanos do Congreso axudaron a aprobar lexislacións incluíndo a Lei de exención de impostos de 2010, que resolveu un bloqueo fiscal; a Lei de control orzamentario de 2011, que resolveu unha crise do teito da débeda; e a American Taxpayer Relief Act de 2012, que abordou o inminente "abismo fiscal". Tamén liderou os esforzos para aprobar o tratado New START entre Estados Unidos e Rusia e axudou a formular a política dos Estados Unidos cara a Iraq a través da retirada das tropas estadounidenses en 2011. Tras o tiroteo da escola primaria Sandy Hook, dirixiu o grupo de traballo sobre a violencia armada.
En xaneiro de 2017, Obama outorgoulle a Biden a Medalla Presidencial da Liberdade con distinción. En abril de 2019, Biden anunciou a súa candidatura ás eleccións presidenciais de 2020 e alcanzou o limiar de delegados necesario para asegurar a candidatura demócrata en xuño de 2020.[2] En agosto, anunciou a elección da senadora Kamala Harris de California como compañeira de equipo. Tras gañar as eleccións fronte a Donald Trump, daquela presidente que se presentaba á reelección,[3][4] foi investido como 46º presidente dos Estados Unidos o 20 de xaneiro de 2021.[5]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
Fillo de Catherine Eugenia "Jean" Biden (de solteira, Finnegan; 1917-2010), católica e de orixe irlandesa[6][7][8] e de Joseph Robinette Biden Sr (1915-2002) quen tiña ascendencia francesa, inglesa e irlandesa.[6][9] Biden, é o maior dunha familia católica e ten unha irmá, Valerie, e dous irmáns, Francis e James[10] e foi criado na fe católica.
O pai de Biden era inicialmente rico, aínda que sofreu varios reveses financeiros na ápoca na que naceu Joseph e, durante varios anos, a familia viviu cos seus avós maternos[11]. Daquela, durante a década de 1950, Scranton entrou nun declive económico e o pai de Biden non conseguía atopar un traballo estable.[12] A partir de 1953, a familia viviu nun apartamento en Claymont, Delaware, e despois se mudaron a unha casa en Wilmington, Delaware. Máis adiante, o pai de Biden converteuse nun exitoso vendedor de autos usados, conseguindo para a familia un estilo de vida de clase media.[11][12][13]
Na Academia Archmere en Claymont, Biden xogou durante a secundaria a fútbol americano[14] e tamén a beisbol.[11] A pesar de ser un estudante non moi destacado foi presidente da clase en varias ocasións.[15][16] Graduouse en 1961.[16] Na Universidade de Delaware en Newark, acadou unha licenciatura en Artes en 1965 cunha dobre especialización e Historia e Ciencias Políticas e unha especialización en inglés.[17][18] Ocupou o posto 506 nunha clase de 688 e tivo un expediente disciplinario por plaxiar parte dun artigo durante o primeiro curso.[19][20]
Biden ten un lixeiro gaguexo que mellorou co paso do tempo.[21] Afirmou que o foi reducindo ao recitar poesía diante dun espello,[22][23] pero tamén se ten suxerido que lle puido influír nos debates presidenciais do Partido Demócrata de 2020.[24]
Primeiro matrimonio e escola de dereito e carreira inicial (1966–1972)[editar | editar a fonte]
O 27 de agosto de 1966, Biden casou con Neilia Hunter (1942-1972), unha estudante da Universidade de Siracusa,[18] despois de superar as reticencias dos seus pais por casar cun católico romano; a cerimonia celebrouse nunha igrexa católica en Skaneateles, Nova York.[25] Tiveron tres fillos: Joseph R. "Beau" Biden III (1969-2015), Robert Hunter Biden (nado en 1970) e Naomi Christina "Amy" Biden (1971-1972).[18]
En 1968, Biden obtivo un doutoramento en xurisprudencia no Facultade de Leis da Universidade de Siracusa clasificado no posto 76 da súa clase de 85,
[19][20] e foi admintido no Colexio de Avogados de Delaware en 1969.[26] Mentres estaba na facultade, recibiu aprazamentos para estudantes, e despois foi clasificado como non dispoñible para o servizo militar por asma.[27] En 1968, Biden traballou nun despacho de avogados de Wilmington dirixido polo destacado republicano local William Prickett e chegou a afirmar pouco despois: "pensaba en min como republicano".[28][29] Non lle gustou a política racial conservadora do gobernador demócrata de Delaware, Charles L. Terry, e apoiou a un republicano máis liberal, Russell W. Peterson, que derrotou a Terry en 1968.[29] Biden foi recrutado polos republicanos locais pero rexistrado como independente debido ao seu malestar polo candidato presidencial republicano Richard Nixon.[28]
En 1969, Biden exerceu o dereito, primeiro como defensor público e, posteriormente, nunha empresa dirixida por un demócrata activo localmente[29] que o nomeou ao Foro Democrático, un grupo que intentaba reformar e revitalizar o partido estatal[30] e Biden volveu se rexistrar como demócrata.[29] Tamén con outro avogado formou un pero o dereito corporativo non lle gustaba e o dereito penal non se pagaba ben[11] polo que tivo de complementa-los seus ingresos xestionando propiedades.[31]
En 1970, Biden optou a un asento no condado polo distrido do condado de New Castle, Delaware, apoiado nunha plataforma liberal que incluía apoio á vivenda pública nos suburbios.[32][33] O asento fora ocupado polo republicano Henry R. Folsom, que agora se presentaba no quinto distrito tras unha repartición de distritos municipais.[34] Biden gañou as eleccións e tomou posesión o 5 de xaneiro de 1971.[35][36] Serviu ata o 1 de xaneiro de 1973 mentres seguía a exerce-la avogacía e foi sucedido polo demócrata Francis R. Swift.[37][38][39][40] Durante a súa etapa no consello do condado, Biden opúxose a grandes proxectos de estradas, que argumentou, poderían perturbar os barrios de Wilmington[41] e, pouco despois, principiou a súa carreira cara ao Senado. [42]
Campaña do Senado de 1972 en Delaware[editar | editar a fonte]
En 1972, Biden fora o único demócrata disposto a desafiar ao republicano J. Caleb Boggs, un veterano político que levaba doce anos no posto, e contra todo pprognóstico conseguiu derrotalo e converteuse no senador máis novo de Delaware.[43] A súa campaña case non tiña cartos e ninguén lle daba posibilidades de gañar.[11] Os membros da familia participaron activamente na campaña e que dependía de reunirse cos votantes cara a cara e de distribuír manualmente o programa co que se presentaba;[44] este era un enfoque propio dun estado de pequena extensión como Delaware.[31] Recibiu algunha axuda dos sindicatos da AFL-CIO e do enquisador demócrata Patrick Caddell.[43] O seu equipo centrou o programa na retirada de Vietnam, o medio ambiente, os dereitos civís, o tránsito masivo, unha fiscalidade máis equitativa, a asistencia sanitaria e a insatisfacción pública coa "política de sempre".[43][44] Poucos meses antes das eleccións, Biden estaba por detrás de Boggs en case trinta puntos porcentuais,[43] pero a súa enerxía, a súa atractiva nova familia e a súa capacidade para conectar coas emocións dos votantes serviron aos seus obxectivos[13] e e gañou co 50,5 por cento dos votos.[44]
Morte de muller e filla[editar | editar a fonte]
O 18 de decembro de 1972, poucas semanas despois das eleccións, a esposa de Biden, Neilia e a filla dun ano Naomi morreron nun accidente automobilístico mentres mercaban os agasallos de Nadal en Hockessin, Delaware.[18][45] A furgoneta de Neilia foi embestida por un camión trailer cando saía dunha intersección. Os seus fillos Beau e Hunter sobreviviron ao accidente e foron levados ao hospital en bo estado, Beau cunha perna rota e outras feridas e Hunter cunha pequena fractura do cranio e outras feridas na cabeza.[46] Os médicos pronto informaron que ambos se recuperarían sen problemas.[47] Daquela, biden pensou en renunciar para coidalos[13] pero o líder da maioría do Senado, Mike Mansfield, convenceuno de que non o fixese.[48] Anos máis tarde, Biden afirmara ter oído rumores de que o condutor do camión, supostamente, bebera alcol antes da colisión pero esas afirmacións foron rexeitadas pola familiado condutor e a polícía nunca as probou. Posteriormente, Biden pediu desculpas á familia.[49][50][51]
Senador dos Estados Unidos (1973–2009)[editar | editar a fonte]
O 5 de xaneiro de 1973, comezou a súa carreira política no Senado tras prestar xuramento perante o secretario do Senado, Francis R. Valeo.[52][53] converténdose non 6º senador máis novo da historia nos Estados Unidos.[54] No acto estiveron presentes, seus fillos Beau, cuxa perna aínda estaba en rehabilitación por mor do accidente automovilístico, Hunter e outros membros da familia.[52][53]
Historial electoral[editar | editar a fonte]
Ano | Cargo | Votos | % | Votos electorais | Opoñente | Partido | Votos | % | Votos electorais | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1972 | Senado | 116.006 | 50% | J. Caleb Boggs | Republicano | 112.844 | 49% | |||
1978 | Senado | 93.930 | 58% | James H. Baxter, Jr. | Republicano | 66.479 | 41% | |||
1984 | Senado | 147.831 | 60% | John M. Burris | Republicano | 98,101 | 40% | |||
1990 | Senado | 112.918 | 63% | M. Jane Brady | Republicano | 64,554 | 36% | |||
1996 | Senado | 165.465 | 60% | Raymond J. Clatworthy | Republicano | 105.088 | 38% | |||
2002 | Senado | 135.253 | 58% | Raymond J. Clatworthy | Republicano | 94.793 | 41% | |||
2008 | Senado | 257.484 | 65% | Christine O'Donnell | Republicano | 140.584 | 35% | |||
2008 | Vicepresidencia | 69.498,516 | 52.93% | 365 | Sarah Palin | Republicano | 59.948.323 | 45.65% | 173 | |
2012 | Vicepresidencia | 65.915.796 | 51.06% | 332 | Paul Ryan | Republicano | 60.933.500 | 47.20% | 206 | |
2020 | Presidencia | Donald Trump | Republicano |
Obras[editar | editar a fonte]
- Biden, Joseph R., Jr.; Helms, Jesse (2000). Hague Convention On International Child Abduction: Applicable Law And Institutional Framework Within Certain Convention Countries Report To The Senate. Diane Publishing. ISBN 0-7567-2250-0
- Biden, Joseph R., Jr. (2001). Putin Administration's Policies toward Non-Russian Regions of the Russian Federation: Hearing before the Committee on Foreign Relations, U.S. Senate (PDF). U.S. Government Printing Office. ISBN 0-7567-2624-7
- Biden, Joseph R., Jr. (2001). Administration's Missile Defense Program and the ABM Treaty: Hearing Before the Committee on Foreign Relations, U.S. Senate (PDF). U.S. Government Printing Office. ISBN 0-7567-1959-3 Archived from the original (PDF) on March 5, 2016.
- Biden, Joseph R., Jr. (2001). The Threat of Bioterrorism and the Spread of Infectious Diseases: Hearing before the Committee on Foreign Relations, U.S. Senate (PDF). U.S. Government Printing Office. ISBN 0-7567-2625-5
- Biden, Joseph R., Jr. (2002). Examining The Theft Of American Intellectual Property At Home And Abroad: Hearing before the Committee On Foreign Relations, U.S. Senate (PDF). U.S. Government Printing Office. ISBN 0-7567-4177-7
- Biden, Joseph R., Jr. (2002). Halting the Spread of HIV/AIDS: Future Efforts in the U.S. Bilateral & Multilateral Response: Hearings before the Comm. on Foreign Relations, U.S. Senate. Diane Publishing. ISBN 0-7567-3454-1
- Biden, Joseph R., Jr. (2002). How Do We Promote Democratization, Poverty Alleviation, and Human Rights to Build a More Secure Future: Hearing before the Committee on Foreign Relations, U.S. Senate (PDF). U.S. Government Printing Office. ISBN 0-7567-2478-3
- Biden, Joseph R., Jr. (2002). Hearings to Examine Threats, Responses, and Regional Considerations Surrounding Iraq: Hearing before the Committee on Foreign Relations, U.S. Senate (PDF). U.S. Government Printing Office. ISBN 0-7567-2823-1
- Biden, Joseph R., Jr. (2003). International Campaign Against Terrorism: Hearing before the Committee on Foreign Relations, U.S. Senate. Diane Publishing. ISBN 0-7567-3041-4
- Biden, Joseph R., Jr. (2003). Political Future of Afghanistan: Hearing before the Committee on Foreign Relations, U.S. Senate. Diane Publishing. ISBN 0-7567-3039-2
- Biden, Joseph R., Jr. (2003). Strategies for Homeland Defense: A Compilation by the Committee on Foreign Relations, U.S. Senate. Diane Publishing. ISBN 0-7567-2623-9
- Biden, Joseph (2005). "Foreword". In Nicholson, William C. (ed.). Homeland Security Law and Policy. C. C Thomas. ISBN 0-398-07583-2
- Biden, Joe (2007). Promises to Keep. Random House. ISBN 978-1-4000-6536-3.
- Biden, Joe (2017). Promise Me, Dad: A Year of Hope, Hardship, and Purpose. Flatiron Books. ISBN 978-1-250-17167-2
Predecesor: Donald Trump |
![]() Presidente dos Estados Unidos de América 2021 |
Sucesor: no cargo |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Witcover 2010, p. 5.
- ↑ Linskey, Annie (10 de xuño de 2020). "Biden clinches the Democratic nomination after securing more than 1,991 delegates". washingtonpost.com (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2021.
- ↑ Axencias (7 de novembro de 2020). "Joe Biden, ganador de las elecciones en Estados Unidos". eitb.eus (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2021.
- ↑ Redacción (7 de novembro de 2020). "Joe Biden, ganador de las elecciones de Estados Unidos 2020". antena3.com (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2020.
- ↑ De la Fuente, Nacho (20 de xaneiro de 2021). "Joe Biden, tras jurar como presidente de Estados Unidos: «La democracia ha vencido»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 20 de xaneiro de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 Witcover 2010, p. 8.
- ↑ Redacción (9 de novembro de 2008). "Number two Biden has a history over Irish debate". belfasttelegraph.co.uk (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ Smolenyak, Megan (6 de decembro de 2017). "Joe Biden’s Irish Roots". huffpost.com (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ Smolenyak, Megan (abril-maio 2013). "Joey From Scranton: VP Biden's Irish Roots". irishamerica.com (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ Witcover 2010, p. 9.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Broder, John M. (23 de outubro de 2008). "Father’s Tough Life an Inspiration for Biden". nytimes.com (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ 12,0 12,1 Rubinkam, Michael (27 de agosto de 2008). "Biden's Scranton childhood left lasting impression". foxnews.com (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 Barone & Cohen, 2008, p. 364
- ↑ Martin, Frank (28 de setembro de 2008). "Biden was the stuttering kid who wanted the ball". pqasb.pqarchiver.com (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ Taylor 1990, p. 99
- ↑ 16,0 16,1 Witvover 2010, pp. 40-41
- ↑ Taylor 1990, p. 98
- ↑ 18,0 18,1 18,2 18,3 Associated Press (23 de agosto de 2008). "Timeline of Biden's life and career". sfgate.com (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ 19,0 19,1 Dickenson, James R. (22 de setembro de 1987). "BIDEN ACADEMIC CLAIMS 'INACCURATE'". washingtonpost.com (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ 20,0 20,1 Margolis, Jon (22 de setembro de 1987). "BIDEN ADMITS ERRORS IN SCHOOL CLAIMS". chicagotribune.com (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ National Stuttering Association (9 de xullo de 2009). "Letter to National Stuttering Association chairman" (PDF). westutter.org (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ Taylor 1990, p. 99
- ↑ Hook, Janet (16 de setembro de 2019). "Joe Biden’s childhood struggle with a stutter: How he overcame it and how it shaped him". latimes.com (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ Hendrickson, John (xaneiro-febreiro 2020). "What Joe Biden Can’t Bring Himself to Say". theatlantic.com (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ Biden, 2007, pp. 32, 36–37.
- ↑ "BIDEN, Joseph Robinette (Joe), Jr.". bioguide.congress.gov (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ Romano, Lois (9 de xuño de 1987). "Joe Biden and the politics of belief". washingtonpost.com (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ 28,0 28,1 Barrett, Laurence I. (22 de xuño de 1987). "Campaign Portrait, Joe Biden: Orator for the Next Generation". time.com (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ 29,0 29,1 29,2 29,3 Leubsdorf, Carl P. (23 de agosto de 2008). "Lifelong ambition led Joe Biden to Senate, White House aspirations". dallasnews.com (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ Witcover 2010, p. 86
- ↑ 31,0 31,1 Palmer, Nancy Doyle (1 de febreiro de2009). "Joe Biden: “Everyone Calls Me Joe”". washingtonian.com (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ Witcover 2010, p. 59
- ↑ "Joe Bide: Hope for Democratic Party in 72?". Newspapars: The News Journal (en inglés). 11 de novembro de 1970. Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ Delaware Republican State Headquarters (1970). "Republican Information Center: 1970 List of Candidates" (PDF). University of Delaware Library Institutional Repository. Newark, DE: University of Delaware. p. 11. Consultado o 18 de xaneiro de 2021
- ↑ "County Council to Take Oath". The News Journal. Wilmington, DE. p. 4 (2 de xaneiro de 1971) – via Newspapers.com Consultado o 18 de xaneiro de 2021
- ↑ "Conner Calls Shake of 7 Lucky Omen for Council". The News Journal. Wilmington, DE. p. 3 (6 de xaneiro de 1971)– via Newspapers.com Consultado o 18 de xaneiro de 2021
- ↑ "Maloney Seeks New Businesses". The News Journal. Wilmington, DE. p. 4 (2 de xaneiro de 1973)– via Newspapers.com. Consultado o 18 de xaneiro de 2021
- ↑ "Swift Seeks 4th District County Seat". The News Journal. Wilmington, DE. p. 41 (30 de marzo de 1972) – via Newspapers.com. Consultado o 18 de xaneiro de 2021
- ↑ "GOP Decade Ends with Slawik Win". The News Journal. Wilmington, DE. p. 3 (8 de novembro de 1972)– via Newspapers.com. Consultado o 18 de xaneiro de 2021
- ↑ Zintl, Terry (14 de marzo de 1973). "Shop Center Hackles Rise In Hockessin". The News Journal. Wilmington, DE. p. 64 – via Newspapers.com. Consultado o 18 de xaneiro de 2021
- ↑ Witcover, 2010, p. 62
- ↑ Naylor, Brian (8 de outubro de 2007). "Biden's Road to Senate Took Tragic Turn". npr.org (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
- ↑ 43,0 43,1 43,2 43,3 Moritz, 1987, p. 43
- ↑ 44,0 44,1 44,2 Naylor, Brian (8 de outubro de 2007). "Biden's Road to Senate Took Tragic Turn". choice.npr.org (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2021.
- ↑ UPI (19 de decembro de 1972). "BIDEN'S WIFE, CHILD KILLED IN CAR CRASH". nytimes.com (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2021.
- ↑ Witcover 2010, p. 93 e 98
- ↑ Witcover 2010, p. 96
- ↑ Levey, Noam N. (24 de agosto de 2008). "Biden’s regular Joe side". latimes.com (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de2021.
- ↑ Kipp, Rachel (4 de setembro de 2008). "No DUI in crash that killed Biden's 1st wife, but he's implied otherwise". pqasb.pqarchiver.com (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2021.
- ↑ Redacción (27 de agosto de 2008). "A Senator's Past: The Biden Car Crash". insideedition.com (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2021.
- ↑ Orr, Bob (24 de marzo de 2009). "Driver In Biden Crash Wanted Name Cleared". cbsnews.com (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2021.
- ↑ 52,0 52,1 Witcover 2010, p. 93 e 98
- ↑ 53,0 53,1 Associated Press (6 de xaneiro de 1973). "Oath Solemn". Spokane Daily Chronicle (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Youngest Senator". senate.gov (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joe Biden ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barone, Michael; Cohen, Richard E. (2008). The Almanac of American Politics (en inglés). Washington: National Journal. ISBN 0-89234-116-5.
- Mayer, Jane; Abramson, Jill (1994). Strange Justice: The Selling of Clarence Thomas (en inglés). Boston, MA: Houghton Mifflin. ISBN 0-395-63318-4.
- Moritz, Charles, ed. (1987). Current Biography Yearbook 1987 (en inglés). Nova York: H. W. Wilson Company. OCLC 17332312.
- Salacuse, Jeswald W. (2005). Leading Leaders: How to Manage Smart, Talented, Rich and Powerful People (en inglés). American Management Association. ISBN 0-8144-0855-9.
- Taylor, Paul (1990). See How They Run: Electing the President in an Age of Mediaocracy (en inglés). Nova York: Alfred A. Knopf. ISBN 0-394-57059-6.
- Witcover, Jules (2010). Joe Biden: A Life of Trial and Redemption (en inglés). Nova York: William Morrow. ISBN 0-06-179198-9.
- Byrd, Robert; Wolff, Wendy (1993). Senate, 1789–1989: Historical Statistics, 1789–1992, (en inglés) IV. Washington: Government Printing Office.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web da campaña presidencial (en inglés).
- Biografía na web da Casa Branca (en inglés).
- Joe Biden acerca doutras cuestións (en inglés).
- Joe Biden en PolitiFact (en inglés).
- Vicepresidentes dos Estados Unidos de América
- Senadores dos Estados Unidos de América
- Nados en Scranton, Pensilvania
- Nados en 1942
- Estadounidenses de ascendencia francesa
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Estadounidenses de ascendencia irlandesa
- Alumnos da Universidade de Delaware
- Presidentes dos Estados Unidos de América