Anwar el-Sadat
Anwar el-Sadat | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 25 de decembro de 1918 |
Lugar de nacemento | Mit Abu al-Kum |
Falecemento | 6 de outubro de 1981 |
Lugar de falecemento | O Cairo |
Causa | ferida por arma de fogo e exsanguinação |
Soterrado | Unknown Soldier Memorial |
Nacionalidade | Sultanato do Egipto, Reino do Egito, República do Egito, República Árabe Unida e Exipto |
Relixión | Sunnismo |
Alma máter | Egyptian Military Academy |
Ocupación | político e oficial |
Pai | Mohammed Sadati |
Nai | Sitt-Al-Barrein |
Cónxuxe | Eqbal Madi e Jehan Sadat |
Fillos | Ruqayya Sadat, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, Jamal Sadat e sen etiquetar |
Irmáns | Atef Sadat |
Premios | Premio Nobel da Paz, Colar da Ordem de Isabel a Católica, Medalla Presidencial da Liberdade, Order of Ojaswi Rajanya, Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos de América, Order of King Abdulaziz al Saud, Order of the Star of Nepal, Order of Mubarak the Great, Orde do Nilo, Order of the Republic (Tunisia) e Financial Times Person of the Year |
Na rede | |
http://www.anwarsadat.org | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Muḥammad Anwar as-Sādāt, en árabe, محمد أنور السادات, transcrito frecuentemente como Anwar el-Sadat ou Anwar Sadat, nado en Mit Abu l-Kum o 25 de decembro de 1918 e finado no Cairo o 6 de outubro de 1981, foi un político e militar exipcio.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
Sendo aínda un mozo militar participou xa en movementos políticos, como os motíns dos Irmáns Musulmáns contra a influencia occidental en Exipto e contra a monarquía de Faruq I, que a permitía. Desde 1939 uniuse a Nasser, integrándose no seu Movemento de Oficiais Libres despois da derrota na primeira guerra contra Israel (1948).
Segunda guerra mundial e ascensión política[editar | editar a fonte]
Durante a segunda guerra mundial foi acusado de colaboracionismo cos nazis para asasinar a un oficial británico pero en 1946 foi absolto de tódolos cargos. Desde que Nasser tomou o poder en 1952 Sadat foi ascendendo no seu réxime: membro do Consello da Revolución, ministro, secretario do partido único e, desde 1969, vicepresidente da República.
Ó morrer Nasser en 1970 Sadat impúxose ós seus rivais no partido e herdou o poder, así como o proxecto de nacionalismo árabe que representaba Nasser. En 1973 desencadeou un novo ataque, xunto con Siria, que sorprendeu a Israel e no que estivo a piques de triunfar. Con todo, o fracaso daquela ofensiva (a Guerra do Yom Kippur) convenceu a Sadat da conveniencia de postergar a causa da unidade árabe e da loita contra Israel, en beneficio dunha política máis realista que servise para o fortalecemento e desenvolvemento de Exipto.
Desde 1976 desvinculouse da tradicional alianza coa Unión Soviética, acercándose a Estados Unidos, do que obtivo fortes axudas económicas. En 1977 viaxou por sorpresa a Xerusalén, adquirindo o compromiso de recoñecer o estado de Israel baixo determinadas condicións. En 1978 tivo un novo encontro co Primeiro Ministro de Israel para preparar, en 1979, por mediación do presidente Jimmy Carter, a paz con Israel nos Acordos de paz de Camp David, asinados conxuntamente con Menachem Begin. Exipto foi así o primeiro país árabe en selar unha paz duradeira con Israel, o que foi interpretado en medios radicais como unha «traizón». Isto recruou a oposición ó réxime de Sadat, que se apoiaba sobre o descontento social creado pola súa política económica liberal.
Sadat recorreu á represión, especialmente contra os focos de resistencia musulmáns integristas. Foi asasinado por militares desa tendencia durante un desfile.
Anwar el-Sadat recibiu en 1978 o Premio Nobel da Paz xunto a Menachem Begin.
Predecesor: Gamal Abdel Nasser |
Presidente de Exipto 1970 - 1981 |
Sucesor: Hosni Mubarak |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Anwar el-Sadat |