Robert Lefkowitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Joseph Lefkowitz
Nobel prize medal.svg
Lefkowitz3.jpg
Datos persoais
Nacemento15 de abril de 1943
LugarNova York
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Actividade
CampoBioquímica
Alma máterUniversidade de Columbia
Contribucións e premios
Coñecido porReceptores acoplados a proteínas G.
PremiosPremio Nobel de Química (2012)
editar datos en Wikidata ]

Robert Joseph Leftkowitz, nado en Nova York o 15 de abril de 1943, é un bioquímico estadounidense e profesor da Universidade de Duke coñecido polos seus estudos sobre os receptoras acoplados a proteínas G, polos que foi galardoado co Premio Nobel de Química no ano 2012, xunto a Brian Kobilka.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Joseph Leftowitz é fillo de Max, un contable que traballaba en Manhattan e de Rose, unha profesora de primaria. Naceu e creceu nun complexo de apartamentos no Bronx. Graduouse en 1959 no Bronx High School of Science, á idade de 16 anos. Posteriormente, asistiu á Universidade de Columbia, onde estudou Química Orgánica avanzada e Físico-química, graduándose en 1962.[1]

Carreira[editar | editar a fonte]

Leftkowitz realizou os seus primeiros descubrimentos coa adrenalina. Marcou as moléculas con isótopos radioactivos para poder observar cara a onde se dirixía a hormona nas células. Conseguiu así identificar uns receptores de adrenalina, chamados beta-adrenérxicos, estudando o seu funcionamento. Na década seguinte, uniuse ao seu equipo de investigación Brian Kobilka. Xuntos, comezaron a buscar os xenes que codificaban os receptores beta-adrenérxicos, que resultou ser moi similar a un receptor que capta luz no ollo. A partir de entón, atoparon unha serie de receptores semellantes: os receptores acoplados a proteínas G, polos cales ambos investigadores foron premiados co Premio Nobel no 2012.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Robert J. Lefkowitz - Biographical". Consultado o 11 de outubro de 2012. 
  2. "Nobel de Química 2012: Robert J. Lefkowitz y Brian K. Kobilka". La Vanguardia. 10 de outubro de 2012. Consultado o 3 de maio de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Dan Shechtman
Premio Nobel de Química
2012
Sucesor:
Martin Karplus
Michael Levitt
Arieh Warshel