Martin Luther King
Martin Luther King, Jr. | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Michael King Jr. |
Nacemento | 15 de xaneiro de 1929 |
Lugar de nacemento | Atlanta, Xeorxia, ![]() |
Falecemento | 4 de abril de 1968 (39 anos) |
Lugar de falecemento | Memphis, Tennessee, ![]() |
Causa | ferida por arma de fogo |
Soterrado | Martin Luther King, Jr., National Historic Site |
Nacionalidade | Estadounidense |
Etnia | Afroamericano |
Relixión | Baptismo |
Alma máter | Morehouse College, Crozer Theological Seminary, Universidade de Boston, Washington High School, Boston University School of Theology, David T. Howard High School e Candler School of Theology |
Ocupación | Pastor evanxélico, activista político |
Pai | Martin Luther King |
Nai | Alberta Williams King |
Cónxuxe | Coretta Scott King (m. 1953–1968) |
Fillos | Yolanda Denise King (1955–2007) Martin Luther King III (n. 1957) Dexter Scott King (n. 1961) Bernice Albertine King (n. 1963) |
Irmáns | Christine King Farris e A. D. King |
Premios | Premio Nobel da Paz, Prêmio Jawaharlal Nehru para Compreensão Internacional, United Nations Prize in the Field of Human Rights, Gandhi Peace Award, Prêmio Pacem in Terris, Prêmio Anisfield-Wolf, Margaret Sanger Awards, Persoa de Ano da revista Time, Medalla Presidencial da Liberdade, Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos de América, Humanitarian of the Year, Order of the Companions of O. R. Tambo, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Medalha Spingarn e honorary doctor of the Hofstra University |
Na rede | |
http://www.thekingcenter.org | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Martin Luther King, Jr., nado como Michael King Jr en Atlanta (Xeorxia) o 15 de xaneiro de 1929 e asasinado en Memphis (Tennessee) o 4 de abril de 1968, foi un ministro e activista baptista estadounidense, un dos líderes máis destacados do movemento polos dereitos civís desde 1955 ata o seu asasinato en 1968. Líder da igrexa afroamericana e fillo do activista dos dereitos civís e ministro Martin Luther King Sr.,[1] King promoveu os dereitos civís da xente de cor nos Estados Unidos a través da non-violencia e a desobediencia civil. Inspirado polas súas crenzas cristiás e o activismo non violento de Mahatma Gandhi, dirixiu unha resistencia non violenta contra as leis de Jim Crow e outras formas de discriminación.
King participou e dirixiu marchas polo dereito ao voto, a desegregación, os dereitos laborais e outros dereitos civís.[2] Supervisou o boicot aos autobuses de Montgomery de 1955 e máis tarde converteuse no primeiro presidente da Conferencia Sur de Liderazgo Cristiano (Southern Christian Leadership Conference, SCLC). Como presidente do SCLC, dirixiu o fracasado Movemento de Albany en Albany, Xeorxia, e axudou a organizar algunhas das protestas non violentas de 1963 en Birmingham, Alabama. King foi un dos líderes da marcha sobre Washington de 1963, onde pronunciou o seu discurso "Teño un soño" na escalinata do Lincoln Memorial. O movemento polos dereitos civís logrou avances lexislativos fundamentais na lei de dereitos civís de 1964, a lei do dereito ao voto de 1965 e a lei de vivenda xusta de 1968.
A SCLC puxo en práctica a táctica da protesta non violenta con certo éxito, escollendo estratexicamente os métodos e lugares nos que se levaban a cabo as protestas. Houbo varios enfrontamentos dramáticos coas autoridades segregacionistas, que ás veces se volveron violentos,[3] King foi encarcerado varias veces. O director da Federal Bureau of Investigation (FBI) J. Edgar Hoover consideraba a King un radical e converteuno en obxecto da COINTELPRO do FBI a partir de 1963. Os axentes do FBI investigaronno por posibles vínculos comunistas, espiaron a súa vida persoal e graváronno en segredo. En 1964, o FBI enviou a King unha carta anónima ameazadora, que el interpretou como un intento de que se suicidase.[4]
O 14 de outubro de 1964, King foi premiado co Nobel da Paz por combater a desigualdade racial mediante a resistencia non violenta. En 1965, axudou a organizar dúas das tres marchas de Selma a Montgomery. Nos seus últimos anos, ampliou o seu enfoque para incluír a oposición á pobreza, o capitalismo e a guerra de Vietnam. En 1968, King planeaba unha ocupación nacional de Washington, D.C., que se chamaría Campaña dos Pobres, cando foi asasinado o 4 de abril en Memphis, Tennessee. A súa morte foi seguida de loito nacional, así como de ira que desembocou en disturbios en moitas cidades dos EE.UU.. King recibiu a título póstumo a Medalla Presidencial da Liberdade en 1977 e a Medalla de Ouro do Congreso en 2003. O Día de Martin Luther King Jr. estableceuse como día festivo en cidades e estados de Estados Unidos a partir de 1971; o día festivo federal celebrouse por primeira vez en 1986, mediante unha lei asinada polo Presidente Ronald Reagan. Centos de rúas nos EE.UU. foron rebautizadas na súa honra, e o Condado de King no Estado de Washington foi rebautizado na súa honra. O Martin Luther King Jr. Memorial no National Mall en Washington, D.C., foille dedicado en 2011.
Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1964.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos e educación[editar | editar a fonte]
Nacemento[editar | editar a fonte]
King naceu como Michael King Jr. o 15 de xaneiro de 1929, en Atlanta, Xeorxia, foi o segundo dos tres fillos de Michael King e Alberta King (nada Williams) .[5][6][7] King tiña unha irmá maior, Christine King Farris, e un irmán menor, Alfred Daniel "A.D." King.[8] O pai de Alberta, Adam Daniel Williams,[9] foi ministro na zona rural de Xeorxia, trasladouse a Atlanta en 1893,[7] e converteuse en pastor da Igrexa Bautista Ebenezer ao ano seguinte.[10] Williams casou con Jennie Celeste Parks.[7] King, Sr. naceu dos parceiros, James Albert e Delia King de Stockbridge, Xeorxia,[6][7] e era de ascendencia afroirlandesa.[11][12][13] Na súa adolescencia, King Sr. abandonou a granxa dos seus pais e trasladouse a pé ata Atlanta, onde cursou o bacharelato,[14][15][16] e matriculouse no Morehouse College para estudar e ingresar no ministerio.[16] King Sr. e Alberta comezaron a saír en 1920, e casaron o 25 de novembro de 1926.[17][18] Ata a morte de Jennie en 1941, viviron xuntos no segundo piso dunha casa de estilo vitoriano de dous pisos que era dos pais de Alberta, onde naceu King.[19][17][18][20]
Pouco despois de casar con Alberta, King Sr. converteuse en pastor asistente da igrexa de Ebenezer.[18] O pastor principal Williams morrera na primavera de 1931[18] e ese outono, King Sr. asumiu o papel, onde co tempo elevaría a asistencia de seiscentos a varios miles de persoas.[18][7] En 1934, a igrexa enviou ao King Sr. nunha viaxe multinacional, incluíndo a Berlín para a reunión do Congreso da Alianza Mundial Baptista (BWA).[21] Tamén visitou en Alemaña lugares relacionados co líder da Reforma, Martiño Lutero.[21] Durante a súa estancia alí, King Sr. e os delegados da BWA foron testemuñas do ascenso do nazismo.[21] Como reacción, a BWA emitiu unha resolución que dicía: "Este Congreso deplora e condena como unha violación da lei de Deus Pai Celestial, toda animosidade racial, e toda forma de opresión ou discriminación inxusta cara aos xudeus, cara á xente de cor, ou cara ás razas sometidas en calquera parte do mundo."[22] Ao volver a casa en agosto de 1934, King Sr. cambiou o seu nome polo de Martin Luther King e o do seu fillo de cinco anos polo de Martin Luther King Jr.[21][23][17][n. 1]
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
Durante a súa infancia, King e os seus dous irmáns lían en voz alta a Biblia segundo lles instruía o seu pai.[25] Despois de cear alí, a avoa de King, Jennie, á que se refería cariñosamente como "mamá", contaba historias animadas da Biblia aos seus netos.[25] O seu pai usaba regularmente os azoutes para disciplinar aos seus fillos.[26] Ás veces, o pai tamén facía que os seus fillos se azoutaran.[26] O pai de King comentou máis tarde: "[King] era un neno moi peculiar, cada vez que o azoutabas. Estaba alí parado, saltabanlle as bágoas pero nunca choraba".[27] Unha vez, cando King foi testemuña de que o seu irmán A.D. molestaba emocionalmente á súa irmá Christine, colleu un teléfono e pegoulle a A.D. con el.[26][28] Unha vez cando el e o seu irmán xogaban na súa casa, A.D. esvarou dunha varanda e bateu contra a súa avoa, Jennie, facendo que non respondese.[29][28] King, crendo que a matara, culpouse a si mesmo e intentou suicidarse saltando dende unha fiestra do segundo piso.[30][28] Ao oír que a súa avoa estaba viva, levantouse e abandonou o chan onde caera.[30]
Sendo neno King fíxose amigo dun neno branco cuxo pai tiña un negocio fronte á casa da súa familia.[31] En setembro de 1935, cando os rapaces tiñan uns seis anos, comezaron a escola.[31][32] King tivo que asistir a unha escola para nenos negros, a Yonge Street Elementary School,[31][33] mentres que o seu compañeiro de xogos foi a unha escola separada só para nenos brancos.[31][33] Pouco despois, os pais do neno branco deixaron de permitir que King xogara co seu fillo, dicíndolle "nós somos brancos e ti es de cor".[31][34] Cando King lles transmitiu eses feitos aos seus pais, estes mantiveron unha longa charla con el sobre a historia da escravitude e do racismo en América.[31][35] Ao coñecer o odio, a violencia e a opresión que enfrontaron os negros nos Estados Unidos, King afirmaría máis tarde que estaba "determinado a odiar a todas as persoas brancas".[31] Os seus pais instruíronlle que era o seu deber cristián amar a todos.[35]
King foi testemuña de como o seu pai opoñíase á segregación e a diversas formas de discriminación. [36] Unha vez, cando o detivo un policía que se refería a King Jr. como "neno", o pai de King respondeu bruscamente que King era un neno pero que el era un home.[36] Cando o pai de King levouno a unha zapatería do centro de Atlanta, o dependente díxolles que tiñan que sentar na parte de atrás.[37] O pai de King negouse, afirmando, antes de coller a King e saír da tenda, "ou compramos zapatos sentados aquí ou non compramos ningún zapato".[15] Despois díxolle a King: "Non me importa canto tempo teña que vivir con este sistema, nunca o aceptarei".[15] En 1936, o pai de King dirixiu por centos de afroamericanos nunha marcha polos dereitos civís ata o concello de Atlanta, para protestar pola discriminación no dereito ao voto.[26] King comentou máis tarde que King Sr. era "un verdadeiro pai" para el[38]
Aos cinco anos, King xa memorizaba e cantaba himnos e recitaba versículos da Biblia.[30] Durante o ano seguinte, empezou a ir a actos relixiosos coa súa nai e a cantar himnos mentres ela tocaba o piano.[30] O seu himno favorito para cantar era "I want to be more and more Like Jesus" (Quero parecerme cada vez máis a Xesús); emocionou aos asistentes co seu canto.[30] Pouco tempo despois pasou a formar parte do coro xuvenil da súa igrexa. [39] Ademais de cantar tamén lle gustaba a ópera e tocaba o piano.[40] A medida que crecía grazas á lectura de dicionarios foi adquirindo un amplo vocabulario que trataba de utilizar constantemente nas súas conversacións.[28] Metíase en altercados físicos cos rapaces do seu barrio, pero a miúdo utilizaba o seu coñecemento das palabras para frear as pelexas..[28][40] King mostrou falta de interese pola gramática e a ortografía, un trazo que mantivo durante toda a súa vida.[40] En 1939, King cantou como membro do coro da súa igrexa vestido de escravo para o público branco da estrea en Atlanta da película Foise co vento (Gone with the Wind)[41][42] En setembro de 1940, á idade de 11 anos, King matriculouse no sétimo curso da Atlanta University Laboratory School.[43][44] Mentres estivo alí, King tomou clases de violín e piano, e mostrou gran interese nas súas clases de historia e inglés.[43]
O 18 de maio de 1941, King fuxiou de estudar na casa para ver un desfile, alí foi informado de que algo lle sucedera á súa avoa materna.[38] Ao regresar a casa, decatouse de que sufrira un infarto e faleceu mentres era trasladada a un hospital.[20] Tomouse a morte da súa avoa moi mal, crendo que o seu truco de ir ver o desfile podería ser o responsable de que Deus a levase.[20] King saltou pola fiestra do segundo piso da súa casa, pero de novo sobreviviu a un intento de suicidio.[20][27][28] O seu pai indicoulle no seu cuarto que el non debía culparse pola súa morte xa que fora chamada a casa de Deus como parte do plan de Deus que non podía ser cambiado.[20][45] King loitou con isto, e non podía crer completamente que os seus pais soubesen onde fora a súa avoa.[20] Pouco despois, o pai de King decidiu mudar a familia a unha casa de ladrillo de dous pisos nun outeiro que daba ao centro de Atlanta.[20]
Seminario Teolóxico Crozer[editar | editar a fonte]
King matriculouse no Seminario Teolóxico Crozer de Upland, Pensilvania.[46][47] En 1955 obtivo un posdoutorado na Universidade de Boston.
King converteuse en pastor en 1954, en Montgomery, Alabama. Coliderou o boicot aos buses naquela cidade en 1955, que comezou coa negativa de Rosa Parks de ceder o seu sitio a un branco. El foi preso durante a campaña, que se pechou coa decisión da Suprema Corte Americana en tornar ilegal a segregación nos autobuses locais.
Despois desa batalla, Martin Luther King participou na fundación da Conferencia de Lideranza Cristá do Sur, en 1957. A CLCS debería organizar o activismo en torno da cuestión dos dereitos civís. King mantívose á fronte da CLCS ata súa morte, o que foi criticado polo máis democrático e máis radical Comité Non-Violento de Coordinación Estudantil (CNVCE, ou en inglés, SNCC, Student Nonviolent Coordinating Committee). O CLCS estaba composto principalmente por comunidades negras ligadas a igrexas Batistas. King era seguidor das ideas de desobediencia civil non-violenta preconizadas por Mahatma Gandhi, e aplicaba esas ideas nas protestas organizados polo CLCS. King acertadamente preveu que as manifestacións organizadas e non-violentas contra o sistema de segregación predominante no sur dos EUA, atacadas de modo violento por autoridades racistas e con ampla cobertura dos medios, irían crear unha opinión pública favorable ao cumprimento dos dereitos civís; e esa foi a acción fundamental que fixo do debate acerca dos dereitos civís o principal asunto político nos EUA a partir do comezo da década de 1960.
El organizou e liderou marchas para conseguir o dereito ao voto, a fin da segregación, a fin das discriminacións no traballo e outros dereitos civís básicos. A maior parte destes dereitos foi, máis tarde, agregada á lei estadounidense coa aprobación da Lei de Dereitos Civís (1964) e da Lei de Dereitos Electorais (1965).
King e o CLCS escolleron con grande acerto os principios de protesta non-violenta, aínda que como medio de provocar e irritar as autoridades racistas dos lugares onde se daban as protestas -invariabelmente estas últimas actuaban de forma violenta. O CLCS tamén participou nas protestas en Alabany (1961-62), que non tiveron éxito debido a divisións no seo da comunidade negra e tamén pola reacción prudente das autoridades locais; a seguir participou nas protestas en Birminghan (1963) e na protesta en St. Augustine (1964). King, o CLCS e o CNVCE uniron forzas en decembro de 1964, na protesta na cidade de Selma.
O 14 de outubro de 1964 King converteuse na persoa máis nova en recibir o Premio Nobel da Paz, que lle foi outorgado en recoñecemento o seu liderado na resistencia non-violenta e pola fin da discriminación racial nos Estados Unidos.
Coa colaboración parcial do CNVCE, King e o CLCS tentaron organizar unha marcha desde Selma ata a capital do Alabama, Montgomery, prevista para o día 25 de marzo de 1965. Xa houbera dúas tentativas de promover esta marcha, a primeira o 7 de marzo e a segunda o 9 de marzo.
- Na primeira, marcharon 525 persoas durante apenas 6 bloques; a intervención violenta da policía interrompeu a marcha. As imaxes da violencia foron transmitidas a todo o país, e o día gañou o apelido de Domingo Sanguento. King non participou desta marcha: encontrábase en negociacións co presidente estadounidense, e non dera a súa aprobación para unha marcha tan precoz.
- A segunda marcha foi interrompida por King nas proximidades da ponte Pettus, nos arredores de Selma, unha acción que parece ter sido negociada anticipadamente con líderes das cidades seguintes. Este acto causou sorpresa e indignación de moitos activistas locais.
- A marcha finalmente completouse na terceira tentativa (25 de marzo de 1965), co permiso e apoio do presidente Lyndon B. Johnson. Foi durante esta marcha cando Stokely Carmichael (futuro líder dos Panteras Negras) creou a expresión "Black Power".
Antes, en 1963, King fora un dos organizadores da marcha en Washington, que inicialmente debería ser unha marcha de protesta, mais despois de discusións co entón presidente John F. Kennedy, acabou tornándose case nunha celebración das conquistas do movemento negro (e do goberno) - o que irritou bastante a activistas máis radicais e menos inxenuos.

A partir de 1965 o líder negro pasou a dubidar das intencións estadounidenses na Guerra do Vietnam. En febreiro e novamente en abril de 1967, King fixo serias críticas ao papel que os EUA desempeñaban na guerra. En 1968 King e o SCLC organizaron unha campaña por xustiza socio-económica, contra a pobreza (a Campaña dos Pobres), que tiña por obxectivo principal garantir axuda para as comunidades máis pobres do país.
Tamén debe ser destacado o impacto que King tivo nos espectáculos de entretemento popular. Conversou coa actriz negra da serie Star Trek orixinal, Nichelle Nichols, cando ela ameazaba saír do programa. Nichelle consideraba que o papel non estaba axudando en nada a súa carreira e que o estudio a trataba mal, mais King convenceuna de que era importante para os negros ter un representante nun dos programas máis populares da televisión.
Martin Luther King era odiado por moitos segregacionistas do sur, o que culminou no seu asasinato no día 4 de abril de 1968, momentos antes dunha marcha, nun hotel da cidade de Memphis. James Earl Ray confesou o asasinato, e anos despois repudiou a súa confesión. A viúva de King, Coretta Scott King, xunto co resto da familia do líder, gañou un proceso civil contra Loyd Jowers, un home que armou un escándalo ao dicir que lle ofreceran 100.000 dólares polo asasinato de King.
Desde a súa morte, a reputación de King creceu tanto que chegou a converterse nun dos máis reverenciados na historia estadounidense, chegando a ser considerado como o equivalente a Abraham Lincoln do século XX. Os defensores desta comparación din que ambos foron líderes de grandes avances na adquisición de dereitos humanos - contra grandes dificultades - e ambos tiveron a mesma fin, asasinados pola causa que defenderon.
Existen diversos escritos e discursos de Martin Luther King, froito da súa longa experiencia como orador. A súa Carta da Prisión de Birmingham, escrita en 1963, é unha descrición apaixonada da súa cruzada pola xustiza.
En 1986 foi establecido un día festivo nacional nos EUA para homenaxear a Martin Luther King, o chamado Día de Martin Luther King - sempre no terceiro luns de xaneiro, data próxima ao aniversario de King. En 1993, pola primeira vez, o festivo cumpriuse en todos os estados do país.
Notas[editar | editar a fonte]
- Referencias
- ↑ Lischer, Richard. The preacher king, 2001, p. 3.
- ↑ Jackson 2006, p. 53.
- ↑ Glisson 2006, p. 190.
- ↑ Theoharis, Athan G.; Poveda, Tony G.; Powers, Richard Gid; Rosenfeld, Susan (1999). The FBI: A Comprehensive Reference Guide. Greenwood Publishing Group. p. 123. ISBN 0-89774-991-X.
- ↑ Ogletree, Charles J. (2004). All Deliberate Speed: Reflections on the First Half Century of Brown v. Board of Education. W. W. Norton & Co. p. 138. ISBN 0-393-05897-2.
- ↑ 6,0 6,1 "Birth & Family". The King Center. The Martin Luther King, Jr. Center for Nonviolent Social Change. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de febreiro do 2023.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Martin Luther King Jr.". Biography (en inglés). A&E Television Networks, LLC. March 9, 2015. Consultado o 28 de febreiro do 2023.
- ↑ King 1992, p. 76.
- ↑ "Upbringing & Studies". The King Center. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de febreiro do 2023.
- ↑ Oates 1983, p. 6.
- ↑ "King, James Albert". Arquivado dende o orixinal o December 17, 2014. Consultado o 28 de febreiro do 2023.
- ↑ Nsenga, Burton (13 de xaneiro de 2011). "AfricanAncestry.com Reveals Roots of MLK and Marcus Garvey".
- ↑ Nelson, Alondra (2016). The Social Life of DNA. pp. 160–61. ISBN 978-0-8070-2718-9.
Kittles informou a King de que a súa análise de ADN do cromosoma Y remontabao a Irlanda e a súa análise de ADN mitocondrial asociabao cos Mende.
- ↑ Frady 2002, p. 11.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 Manheimer 2004, p. 10.
- ↑ 16,0 16,1 Fleming 2008, p. 2.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 Frady 2002, p. 12.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 Oates 1983, p. 7.
- ↑ Oates 1983, p. 4.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 20,6 Oates 1983, p. 13.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 Brown, DeNeen L. (15 de xaneiro de 2019). "The story of how Michael King Jr. became Martin Luther King Jr.". The Washington Post. Consultado o 28 de febreiro do 2023.
- ↑ 22,0 22,1 Nancy Clanton, The Atlanta Journal-Constitution (17 de xaneiro de 2020). "Why Martin Luther King Jr.'s father changed their names". The Atlanta Journal-Constitution (en inglés). Consultado o 28 de febreiro do 2023.
- ↑ King 1992, pp. 30–31.
- ↑ King 1992, p. 31.
- ↑ 25,0 25,1 Oates 1983, p. 5.
- ↑ 26,0 26,1 26,2 26,3 Oates 1983, p. 8.
- ↑ 27,0 27,1 Frady 2002, p. 14.
- ↑ 28,0 28,1 28,2 28,3 28,4 28,5 Manheimer 2004, p. 15.
- ↑ Oates 1983, pp. 8–9.
- ↑ 30,0 30,1 30,2 30,3 30,4 Oates 1983, p. 9.
- ↑ 31,0 31,1 31,2 31,3 31,4 31,5 31,6 Oates 1983, p. 10.
- ↑ Pierce, Alan (2004). Assassination of Martin Luther King Jr. Abdo Pub Co. p. 14. ISBN 978-1-59197-727-8.
- ↑ 33,0 33,1 Manheimer 2004, p. 13.
- ↑ Fleming 2008, p. 4.
- ↑ 35,0 35,1 Manheimer 2004, p. 14.
- ↑ 36,0 36,1 Frady 2002, p. 15.
- ↑ Manheimer 2004, p. 9.
- ↑ 38,0 38,1 Oates 1983, p. 12.
- ↑ Millender, Dharathula H. (1986). Martin Luther King Jr.: Young Man with a Dream. Aladdin. pp. 45–46. ISBN 978-0-02-042010-1.
- ↑ 40,0 40,1 40,2 Frady 2002, p. 13.
- ↑ Katznelson, Ira (2005). When Affirmative Action was White: An Untold History of Racial Inequality in Twentieth-Century America. WW Norton & Co. p. 5. ISBN 0-393-05213-3.
- ↑ Oates 1983, p. 11.
- ↑ 43,0 43,1 Boyd 1996, p. 23.
- ↑ "King enters seventh grade at Atlanta University Laboratory School". The Martin Luther King, Jr., Research and Education Institute (en inglés). Stanford University. June 12, 2017. Consultado o September 17, 2020.
- ↑ Manheimer 2004, p. 16.
- ↑ Downing, Frederick L. (1986). To See the Promised Land: The Faith Pilgrimage of Martin Luther King, Jr. Mercer University Press. p. 150. ISBN 0-86554-207-4.
- ↑ Nojeim, Michael J. (2004). Gandhi and King: The Power of Nonviolent Resistance. Greenwood Publishing Group. p. 179. ISBN 0-275-96574-0.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Martin Luther King |
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Martin Luther King |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Abernathy, Ralph (1989). And the Walls Came Tumbling Down: An Autobiography. Harper & Row. ISBN 0-06-016192-2.
- Boyd, Herb (1996). Martin Luther King, Jr. Baronet Books. ISBN 0-86611-917-5.
- Branch, Taylor (2006). At Canaan's Edge: America In the King Years, 1965–1968. Simon & Schuster. ISBN 0-684-85712-X.
- Cohen, Adam Seth; Taylor, Elizabeth (2000). Pharaoh: Mayor Richard J. Daley: His Battle for Chicago and the Nation. Back Bay. ISBN 0-316-83489-0.
- Davis, Kenneth C. (2005). Don't Know Much About Martin Luther King Jr. (en inglés). Harper Collins. ISBN 978-0-06-442129-4. Consultado o September 17, 2020.
- Fleming, Alice (2008). Martin Luther King Jr.: A Dream of Hope. Sterling. ISBN 978-1-4027-4439-6.
- Frady, Marshall (2002). Martin Luther King Jr.: A Life. Penguin. ISBN 978-0-14-303648-7.
- Garrow, David J. (1981). The FBI and Martin Luther King, Jr. Penguin Books. ISBN 0-14-006486-9.
- Garrow, David. Bearing the Cross: Martin Luther King Jr. and the Southern Christian Leadership Conference (1989). Pulitzer Prize. ISBN 978-0-06-056692-0
- "James L. Bevel, The Strategist of the 1960s Civil Rights Movement", a 1984 paper by Randall Kryn, published with a 1988 addendum by Kryn in Prof. David Garrow's We Shall Overcome, Volume II (Carlson Publishing Company, 1989).
- Glisson, Susan M. (2006). The Human Tradition in the Civil Rights Movement. Rowman & Littlefield. ISBN 0-7425-4409-5.
- Herst, Burton (2007). Bobby and J. Edgar: The Historic Face-off Between the Kennedys and J. Edgar Hoover that Transformed America. Carroll & Graf. ISBN 978-0-7867-1982-2.
- Jackson, Thomas F. (2006). From Civil Rights to Human Rights: Martin Luther King Jr. and the Struggle for Economic Justice. University of Pennsylvania Press. ISBN 978-0-8122-3969-0.
- King, Martin Luther Jr. (1998). Carson, Clayborne, ed. Autobiography. Warner Books. ISBN 0-446-52412-3.
- Carson, Clayborne; Luker, Ralph E.; Russell, Penny A.; Harlan, Louis R., eds. (1992). The Papers of Martin Luther King, Jr., Volume I: Called to Serve, January 1929 – June 1951. University of California Press. ISBN 0-520-07950-7.
- Kotz, Nick (2005). Judgment Days: Lyndon Baines Johnson, Martin Luther King Jr., and the Laws that Changed America. Houghton Mifflin Books. ISBN 0-618-08825-3.
- Lawson, Steven F.; Payne, Charles M.; Patterson, James T. (2006). Debating the Civil Rights Movement, 1945–1968. Rowman & Littlefield. ISBN 0-7425-5109-1.
- Manheimer, Ann S. (2004). Martin Luther King Jr.: Dreaming of Equality. Twenty-First Century Books. ISBN 1-57505-627-5.
- Muse, Clyde (1978). The Educational Philosophy of Martin Luther King, Jr (en inglés). University of Oklahoma. Consultado o September 17, 2020.
- Patterson, Lillie (1969). Martin Luther King, Jr.: man of peace. Champaign, Ill.: Garrard Publishing Company. ISBN 9780811645553. Consultado o September 17, 2020.
- Oates, Stephen B. (1983). Let the Trumpet Sound: A Life of Martin Luther King, Jr. HarperCollins. ISBN 978-0-452-25627-9.
- Robbins, Mary Susannah (2007). Against the Vietnam War: Writings by Activists. Rowman & Littlefield. ISBN 978-0-7425-5914-1.
- Rowland, Della (1990). Martin Luther King, Jr: The Dream of Peaceful Revolution (en inglés). Silver Burdett Press. ISBN 978-0-382-24062-1. Consultado o September 17, 2020.
- Schuman, Michael A. (2014). The Life of Martin Luther King, Jr.: Leader for Civil Rights (en inglés). Enslow Publishers, Inc. ISBN 978-0-7660-6149-1. Consultado o October 18, 2020.
- Washington, James M. (1991). A Testament of Hope: The Essential Writings and Speeches of Martin Luther King, Jr. HarperCollins. ISBN 0-06-064691-8.
- White, Clarence (1974). Doctor Martin Luther King, Jr.'s Contributions to Education as a Black Leader (1929–1968) (en inglés). Loyola University of Chicago. Consultado o October 18, 2020.
- Abernathy, Ralph (1989). And the Walls Came Tumbling Down: An Autobiography. Harper & Row. ISBN 0-06-016192-2.
- Branch, Taylor (2006). At Canaan's Edge: America In the King Years, 1965–1968. Simon & Schuster. ISBN 0-684-85712-X.
- Cohen, Adam Seth; Taylor, Elizabeth (2000). Pharaoh: Mayor Richard J. Daley: His Battle for Chicago and the Nation. Back Bay. ISBN 0-316-83489-0.
- Frady, Marshall (2002). Martin Luther King, Jr.: A Life. Penguin. ISBN 978-0-14-303648-7.
- Garrow, David J. (1981). The FBI and Martin Luther King, Jr. Penguin Books. ISBN 0-14-006486-9.
- Garrow, David. Bearing the Cross: Martin Luther King, Jr., and the Southern Christian Leadership Conference (1989). Pulitzer Prize. ISBN 978-0-06-056692-0
- Glisson, Susan M. (2006). The Human Tradition in the Civil Rights Movement. Rowman & Littlefield. ISBN 0-7425-4409-5.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- The King Center (en inglés)
- Discurso: I Have a Dream (en inglés)
- Discurso: Teño un soño. (I have a dream.) Arquivado 08 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.