George Wells Beadle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
George Wells Beadle
Datos persoais
Nacemento 22 de outubro de 1903
Lugar Wahoo, Nebrasca
Falecemento 9 de xuño de 1989
Lugar Chicago, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Actividade
Campo
Contribucións e premios
Premios Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1958

George Wells Beadle, nado en Wahoo, Nebrasca, o 22 de outubro de 1903 e finado en Chicago o 9 de xuño de 1989, foi un biólogo norteamericano. Premio Nobel de Fisiloxía e Medicina de 1958 compartido con Edward Lawrie Tatum polo seu descubrimento de que os xenes actúan regulando procesos bioquímicos dentro da célula.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Beadle naceu en Wahoo, Nebrasca, licenciouse en ciencias na Universidade de Nebrasca en 1928 e doutorouse na Universidade de Cornell en 1931. Traballou con Thomas Hunt Morgan no Instituto de Tecnoloxía de California ata 1936 e traballou como profesor nas universidades de Harvard, Stanford e Pasadena.Presidiu a American Association for de Advancement os Science en 1956 e de 1961 a 1968 foi reitor da Universidade de Chicago. En 1966 publicou The Language of Life.
Os seus traballos con Tatum centráronse nas transmisións hereditarias dos caracteres bilolóxicos dos mofos, en concreto do Neurospora crassa ou mofo do pan, chegando a controlar a súa bioquímica en certa medida, modificando os seus xenes.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.