Elias James Corey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elias James Corey
Nobel prize medal.svg
E.J.Coreyx240.jpg
Datos persoais
Nacemento12 de xullo de 1928 (90 anos)
LugarMethuen MassachusettsEstados Unidos de América Estados Unidos
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Actividade
Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
  • Director de teseJohn C. Sheehan
    Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Análise retrosintético
  • Premios
  • Medalla Franklin (1978)
  • Premio Xapón (1989)
  • Premio Nobel de Química (1990)
  • Medalla Priestley (2004)
  • editar datos en Wikidata ]

    Elias James Corey, nado en Methuen (EUA) o 12 de xullo de 1928 é un químico orgánico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1990 "polos seus adiantos en teoría e metodoloxía de síntese orgánica"".

    Biografía[editar | editar a fonte]

    Naceu na cidade de Methuen, poboación situada no estado norteamericano de Massachusetts. Estudou química no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde se gradou en 1948 e doutorou en 1951. Entre 1951 e 1959 foi profesor na Universidade de Illinois, e a partir de 1959 é catedrático na Universidade Harvard.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Interesado na química orgánica, Corey desenvolveu interesantes investigacións acerca das reaccións químicas para entender o seu comportamento. Tamén a el se lle debe a creación da prostaglandina, sesquiterpeno, triciclohexaprenol e o ácido xiberélico, entre outros.

    Tamén realizou pescudas na química teórica, desenvolvendo unha Teoría Xeral de Síntese, bautizada como retrosíntese. Esta consiste en someter unha molécula orgánica que se desexa sintetizar a unha serie de diseccións por etapas e de acordo cun conxunto de regras simples, tendo en conta o carácter e o contexto estrutural dos enlaces que se rompen. Foi o primeiro en ver a utilidade dos ordenadores, aplicándoos no proceso de retronsíntese.

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Sidney Altman
    e
    Thomas Cech
    Premio Nobel de Química
    Nobel prize medal.svg

    1991
    Sucesor:
    Richard R. Ernst