Jamal Khashoggi
(2018) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (ar) جمال أحمد خاشقجي 13 de outubro de 1958 Medina, Arabia Saudita |
| Morte | 2 de outubro de 2018 Consulate General of Saudi Arabia in Istanbul, Turquía (en) |
| Causa da morte | homicidio, matar |
| Residencia | Estados Unidos de América (2017–) |
| Relixión | Sunnismo |
| Educación | Indiana State University (en) Universidade de Indiana Victoria College (en) |
| Cor do pelo | Cabelo cinza (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, escritor político |
| Empregador | The Washington Post (2017–) Al-Watan (en) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Rawia Khashoggi Hatice Cengiz |
| Fillos | Razan Khashoggi ( Noha Khashoggi ( Salah Khashoggi ( Abdullah Khashoggi ( |
| Pais | Ahmad Khashoggi |
| Parentes | Adnan Khashoggi, tío Dodi Al-Fayed, son of paternal aunt |
| Cronoloxía | |
| 2 de outubro de 2018 | Assassinato de Jamal Khashoggi (pt) |
| Premios | |
| Sitio web | jamalkhashoggi.com |
Jamal Ahmad Khashoggi (en árabe, جمال خاشقجي jamāl ḵāšuqji) nado en Medina o 13 de outubro de 1958 e finado en Istanbul o 2 de outubro de 2018, foi un xornalista de orixe saudita.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Autor e ex-xerente xeral e editor xefe da Al-Arab News Channel. Tamén serviu como editor do xornal saudita Al Watan, transformándoo nunha plataforma para os progresistas de Arabia Saudita. Exiliado nos Estados Unidos, pasou a escribir unha columna mensual en The Washington Post.
Khashoggi fuxiu de Arábia Saudita en setembro de 2017. Dise que o goberno de Arábia Saudita o baneou do Twitter e máis tarde escribiu artigos de xornal con críticas ao goberno. Khashoggi criticou fortemente ao príncipe herdeiro de Arabia Saudita, Mohammad bin Salman, e o rei Salman de Arabia Saudita. Tamén se opuxo á intervención no Iemen, liderada por Arabia Saudita.
Khashoggi desapareceu o 2 de outubro de 2018 e foi visto por última vez entrando no consulado da Arabia Saudita en Istanbul, Turquía, pola súa entrada principal. Fontes da policía turca anónimas alegan que foi asasinado e desmembrado dentro do consulado. O goberno de Arabia Saudita alega que Khashoggi deixou o consulado vivo por unha entrada traseira, mais a policía turca di que ningún circuíto fechado de televisión o rexistrou saíndo do consulado. O 15 de outubro, foi rexistrado o consulado de Arabia Saudita, seguido por funcionarios turcos. Autoridades turcas encontraron evidencias do asasinato e manipulacións durante a busca. A súa morte non foi confirmada polas autoridades da Arabia Saudita, mais algunhas fontes informaron á prensa que morreu cando era interrogado por axentes da familia real da Arabia Saudita.[1]
Confirmación da morte
[editar | editar a fonte]O 20 de outubro Arabia Saudita recoñeceu oficialmente a morte de Jamal Khashoggi nun comunicado. Segundo as autoridades a morte produciuse nunha liorta con oficiais sauditas dentro da embaixada. O réxime procedeu ao cesamento de oficiais sénior incluíndo a Saud al-Qahtani, un influente asesor do Príncipe da Coroa Mohammed bin Salman, e o Xeneral Ahmed al-Asiri, un oficial sénior de intelixencia.[2]