Saltar ao contido

Arne Tiselius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArne Tiselius

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sv) Arne Wilhelm Kaurin Tiselius Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1902 Editar o valor en Wikidata
Estocolmo, Suecia Editar o valor en Wikidata
Morte29 de outubro de 1971 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Helga Trefaldighet, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio vello de Uppsala, Kvarter: 19 Gravplats: 1353 (1971–) 59°51′10″N 17°37′18″L / 59.852709, 17.62156 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSuecia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor en Wikidata
Director de teseTheodor Svedberg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbioquímico, químico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Uppsala Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresTheodor Svedberg Editar o valor en Wikidata
AlumnosRobert Williams Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoRobert Williams Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaTiselius (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Тиселиус Арне)
Obálky knih,
Medvik >>>:Tiselius, Arne Wilhelm, 1902-1971, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1302815 WikiTree: Tiselius-3 Find a Grave: 214025065 Editar o valor en Wikidata

Arne Wilhelm Kaurin Tiselius, nado o 10 de agosto de 1902 en Estocolmo (Suecia) e finado o 29 de outubro de 1971 en Uppsala (Suecia), foi un bioquímico sueco galardoado co Premio Nobel de Química no ano 1948.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 10 de agosto de 1902 na cidade de Estocolmo. Logo da morte do seu pai trasladouse á beira da súa familia a Gotemburgo, onde ingresou na escola, e logo da súa gradación no "Realgymnasium" en 1921 estudou química na Universidade de Uppsala. Posteriormente pasou a ser asistente de investigación no laboratorio de Theodor Svedberg en 1925 e doutorouse en 1930 sobre o método da fase móbil no seu estudo de electroforesis aplicada a proteínas, para o que utilizou un aparello coñecido como tubo de Tiselius. A partir daquel ano iniciou a súa tarefa docente na Universidade de Uppsala, onde foi nomeado catedrático de química en 1938 e director do Instituto de Bioquímica en 1946.

Tiselius morreu o 29 de outubro de 1971 na cidade de Uppsala.

Investigación científica

[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa investigación ao redor dos procesos de difusión e adsorción, que continuou durante a visita dun ano ao laboratorio de Hugh Stott Taylor na Universidade de Princeton, coa axuda dunha bolsa da fundación Rockefeller, onde conseguiu desenvolver o plasma sanguíneo sintético. Ao seu retorno a Uppsala renovou o seu interese nas proteínas, e interesouse no uso de métodos físicos nos problemas bioquímicos, o cal conduciulle a desenvolver un método mellorado de análise electroforética que foi mellorando nos anos posteriores.

En 1948 foi galardoado co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a natureza do plasma sanguíneo.

Tiselius tomou parte activa na reorganización da investigación científica en Suecia nos anos posteriores á segunda guerra mundial, e foi presidente da Unión Internacional de Química Pura e Aplicada entre 1951 e 1955, vicepresidente da Fundación Nobel en 1947 e posteriormente presidente desta en 1960.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En honra súa nomeouse o cráter Tiselius sobre a superficie da Lúa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Robert Robinson
Premio Nobel de Química

1948
Sucesor:
William Francis Giauque