Carl Bosch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carl Bosch
Carl Bosch
Datos persoais
Nacemento27 de agosto de 1874
LugarColonia Alemaña Alemaña
Falecemento26 de abril de 1940 (65 anos)
LugarHeidelberg Alemaña Alemaña
SoterradoBergfriedhof (Heidelberg)
ResidenciaAlemaña Alemaña
Nacionalidadealemán
EtniaPobo alemán
Actividade
Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade Técnica de Berlín
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Proceso de Haber
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1931)
  • editar datos en Wikidata ]

    Carl Bosch, nado en Colonia o 27 de agosto de 1874 e finado en Heidelberg o 26 de abril de 1940, foi un químico e enxeñeiro alemán, Premio Nobel de Química en 1931.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Estudou no Instituto Politécnico de Charlottenburgo (hoxe Universidade Técnica de Berlín) e, a partir de 1892, na Universidade de Leipzig onde se licenciou en 1898.

    En 1919 ocupou a dirección xeral de BASF. En 1925 foi un dos fundadores da empresa IG Farbenindustrie, importante grupo de empresas químicas alemás resultado da fusión de BASF, Agfa e Hoechst, do que logo sería director xeral entre 1935 e 1940.

    Bosch morreu o 26 de abril de 1940 na cidade de Heidelberg, situada no estado de Baden-Württemberg.

    En 1899 comezou a traballar en BASF, entre 1908 e 1913 desenvolveu con Fritz Haber o proceso Haber-Bosch de síntese do amoníaco a partir de hidróxeno e nitróxeno sometidos a altas presións. Este método permitiu empregar gas amoníaco na fabricación dos estercos artificiais, que tanta influencia terían no desenvolvemento da agricultura en todo o mundo. Despois da primeira guerra mundial traballou na síntese do petróleo e o metanol con procedementos de química de alta presión. En 1925, Bosch foi un dos fundadores de IG Farben e dende 1935 director xeral.

    En 1931 foille outorgado o premio Nobel de Química, compartido con Friedrich Bergius, polo descubrimento e desenvolvemento do método de síntese química a alta presión.

    Recoñecementos[editar | editar a fonte]

    Na súa honra bautizouse o asteroide (7414) Bosch descuberto o 13 de outubro de 1990 por Lutz D. Schmadel e Freimut Börngen.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Outros artigos[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Hans Fischer
    Premio Nobel de Química

    1931
    con
    Friedrich Bergius
    Sucesor:
    Irving Langmuir