Saltar ao contido

John Cornforth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Cornforth

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) John Warcup 'Kappa' Cornforth Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1917 Editar o valor en Wikidata
Sydney, Australia Editar o valor en Wikidata
Morte8 de decembro de 2013 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Brighton, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaClayton Wood Natural Burial Ground (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBrighton Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Sydney (1934–1938)
Sydney Boys High School (en) Traducir (–1933)
St Catherine's College (en) Traducir
Universidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Director de teseRobert Robinson Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica orgánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Sussex (1975–)
Universidade de Warwick (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresRobert Robinson Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRita Harradence (1941–) Editar o valor en Wikidata
IrmánsRoger Cornforth Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Корнфорт Джон Уоркап) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Cornforth-370 Find a Grave: 121983895 Editar o valor en Wikidata

John Warcup 'Kappa' Cornforth, nado en Sidney o 7 de setembro de 1917 e finado en Sussex o 8 de decembro de 2013[1], foi un químico e profesor universitario australiano, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1975.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Sidney (Australia). O seu pai era inglés e estaba graduado en Oxford. A súa nai, chamada Hilda Eipper era descendente dun ministro alemán. John era o segundo de catro fillos. Na súa infancia viviu en Sidney e na zona rural de Armidale, en Nova Gales do Sur. Aos dez anos de idade diagnosticóuselle unha xordeira profunda (otosclerose). O proceso de perdida de audición durou máis dunha década. Graduouse no instituto de mozos de Sidney. Un dos seus mestres Leonard Basser influíu nel para que se decidise á química. John pensou entón que a súa xordeira podería ser un obstáculo superable na carreira da química.

Incorporouse ao campo da química orgánica na Universidade de Sydney aos 16 anos de idade onde coñecería á súa muller, Rita e graduouse en 1937. Entón gañou unha bolsa de Exposicións 1851 para traballar en Oxford con Robert Robinson. Rita e el trasladáronse á Universidade de Oxford, no Reino Unido, onde se doutorou en 1941 baixo a supervisión de Robert Robinson. Ese mesmo ano casou con Rita, coa que chegaría a ter tres fillos e dous netos. A segunda guerra mundial estalou cando viaxou a Oxford. John e Rita terían unha profunda influencia nos traballos con penicilina no laboratorio de Robinson.

Tras a guerra foi nomeado director do Medical Research Council, e entre 1962 e 1975 dirixiu o Laboratorio Milstead de enzimoloxía da Compañía Shell. Posteriormente foi nomeado profesor de química na Universidade de Sussex. Foi nomeado sir pola raíña Isabel II do Reino Unido en 1977.

Cornforth é membro da Royal Society e aínda segue activo na investigación química na Universidade de Sussex. Isto mostra a súa personalidade, e dános unha visión dun home sorprendente que venceu o obstáculo que supuña a súa xordeira para conseguir unha brillante carreira científica. foi galardoado, ademais doutros grandes premios, co premio ao Australiano do ano en 1975 e coa medalla Copley en 1982.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Durante a segunda guerra mundial quedou sorprendido sobre os traballos realizados acerca da penicilina. Colaborando coa compañía Glaxo, elaborou un procedemento práctico de obtención de cortisona. Posteriormente realizou investigacións sobre o espectro estereoquímico das reaccións encimáticas. Estableceu a secuencia xenética do ácido mevalónico utilizando técnicas de trazado radioactivo, así mesmo estudou a biosíntese do ácido málico e o ácido cítrico.

En 1975 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a estereoquímica das reaccións catalíticas das encimas. A outra metade do premio recaeu no químico suízo Vladimir Prelog polos seus traballos sobre a estereoquímica de moléculas e as súas reaccións orgánicas.

  1. Chang, Kenneth. "John W. Cornforth, 96, Nobel-Winning Chemist, Dies". The New York Times. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

OUtros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Paul J. Flory
Premio Nobel de Química

1975
con
Vladimir Prelog
Sucesor:
William Lipscomb