Alfred Werner
(1914) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de decembro de 1866 Mulhouse |
| Morte | 15 de novembro de 1919 Zürich |
| Lugar de sepultura | Rehalp Cemetery (en) |
| Relixión | Catolicismo |
| Educación | ETH Zürich Universidade de Zürich |
| Director de tese | Arthur Rudolf Hantzsch (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Química orgánica, fisicoquímica e química |
| Ocupación | químico, profesor universitario |
| Empregador | Universidade de Zürich |
| Membro de | |
| Obra | |
| Arquivos en |
|
| Familia | |
| Cónxuxe | Emma Werner |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Вернер Альфред) Enciclopedia soviética xeorxiana, (vol:4, p.373) Enciclopedia soviética armenia, volume 11, (p.379) |
Alfred Werner, nado en Mulhouse, Alsacia, antes en Alemaña, actualmente en Francia, o 12 de decembro de 1866 e finado en Zürich o 15 de novembro de 1919, foi un químico suízo, profesor da Universidade de Zürich e gañador do Premio Nobel de Química en 1913 por propor a configuración en octaedro dos complexos de transición metálica. Werner desenvolveu as bases do complexo metálico moderno. Foi o primeiro químico inorgánico en gañar o Premio Nobel, de feito o único antes de 1973.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 18 anos realizou os seus primeiros experimentos químicos. Realizou os seus estudos en Karlsruhe, Zürich e París. Foi profesor de química orgánica do Politécnico de Zürich en 1895 á idade de 29 anos. Foi membro de asociacións de investigadores de Suíza, Francia, Inglaterra e Rusia.
Padeceu de Arteriosclerosis a partir de 1913 e morreu diso en 1919 en Zürich.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Werner desenvolveu no seu traballo de doutoramento as bases para o estudo dos complexos metálicos.
En 1893 enunciou a teoría da coordinación tamén chamada das valencias residuais segundo a cal os compoñentes moleculares inorgánicos actúan como un núcleo central ao redor do cal sitúanse un número definido doutros átomos, radicais ou outras moléculas segundo un patrón xeométrico sinxelo, e grazas á cal chegaron a descubrirse os isómeros de moitas combinacións metálicas. Propuxo a configuración en octaedro dos complexos de transición metálica.
En 1913 foi galardoado co Premio Nobel de Química en recoñecemento do seu traballo sobre o axuste de átomos nas moléculas polas cales abriu novas portas en investigacións anteriores e abriu novos campos de investigación especialmente en química inorgánica.
En 1914 descubriu o exol, un sal de cobalto, o primeiro composto quiral que non contiña átomos de Carbono.
Obras escritas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía en Nobelprize.org
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1913 (en inglés)
- Perfil de Alfred Werner en NNDB (en inglés)
| Predecesor: Victor Grignard Paul Sabatier |
Premio Nobel de Química 1913 |
Sucesor: Theodore William Richards |