Soong Mei-ling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSoong Mei-ling

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(zh) 宋美齡 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1897 Editar o valor em Wikidata
Shanghai (Concessão Internacional de Xangai) Editar o valor em Wikidata
Morte23 de outubro de 2003 Editar o valor em Wikidata (106 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaFerncliff Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Member of the Constituent National Assembly (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeDinastía Qing
República da China
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónMetodismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónWellesley College (pt) Traducir (–1917)
Wesleyan College (1912–1913)
Piedmont University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , figura pública Editar o valor em Wikidata
Partido políticoKuomintang Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua chinesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeChiang Kai Chek (1927–1975), morte do cónxuxe
PaisCharlie Soong (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Ni Kwei-tseng (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSoong Ai-ling (pt) Traducir, Soong Ching-ling, T. L. Soong (en) Traducir, Soong Tse-an (en) Traducir e T. V. Soong (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesChiang Ching-kuo (pt) Traducir (fillastro) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0156976 WikiTree: 宋-2 Find a Grave: 8023780 Editar o valor em Wikidata

Soong Mei-ling ou Soong May-ling (en chinés: 宋美齡, en pinyin Sòng Měilíng), nada en Shangai contra 1897[1] e finada en Nova York o 23 de outubro de 2003, tamén coñecida como Madame Chiang Kai-shek ou Madame Chiang, foi unha figura política chinesa que serviu como primeira dama da República da China, esposa do Xeneralísimo e presidente Chiang Kai-shek. Soong tivo un papel prominente na política da República da China e foi cuñada de Sun Yat-sen, fundadora e líder da República. Estivo activa na vida civil do seu país e tivo moitos postos honorarios e activos, incluíndo a dirección da Universidade Católica Fu Jen. Durante a segunda guerra sino-xaponesa congregou o seu pobo contra a invasión xaponesa e en 1943 dirixiu unha xira de conferencias de oito meses nos Estados Unidos de América para obter apoios. Foi a máis nova e última supervivente das tres irmás Soong e a súa vida estendeuse por tres séculos.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia[editar | editar a fonte]

Naceu en Shanghai o 5 de marzo de 1898, mais algúns biógrafos usan o ano 1897 porque a tradición chinesa considera que unha persoa xa ten un ano ao nacer.[3] Era a terceira de seis fillos, filla de Charlie Soong, un ministro metodista chinés de etnia hakka e empresario que fixo unha fortuna vendendo biblias na China. os seus irmáns eran a súa irmá máis vella Ai-ling, a do medio Ching-ling, e despois os seus irmáns T. V., T.L., e T.A.

En Shanghai, Mei-ling estudou na escola McTyeire para nenas coa súa irmá, Ching-ling, antes de que o seu pai fixese que ampliasen a súa educación nos Estados Unidos en 1907. Ao principio, Mei-ling e Ching-ling asistiron a unha escola privada en Summit (Nova Jersey. En 1908, Ching-ling foi aceptada pola facultade onde se graduou a súa irmá Ai-ling, o Colexio Wesleyan, aos 15 anos e as dúas irmás se trasladaron a Macon (Xeorxia) para unirse a Ai-ling. Non obstante, houbo problemas cando Mei-ling non puido obter permiso para permanecer coa súa irmá no campus como membro familiar nin tampouco puido ser aceptada como alumna debido á súa xuventude. Mei-ling pasou o ano seguinte en Demorest (Xeorxia), onde residía a familia duns amigos do campus de Ching-ling. A nai da amiga coidou de Mei-ling e apuntouna en oitavo curso no Colexio Piedmont. Un ano despois, en 1909, o novo presidente do Wesleyan, William Newman Ainsworth, outorgoulle a Mei-ling un permiso especial para quedar no Wesleyan e asignoulle uns titores especiais. Mei-ling foi oficialmente inscrita como estudante no Wesleyan en 1912 aos 15 anos. Despois mudouse ao Colexio Wesleyan un ano máis tarde para estar máis preto do seu irmán T.V., quen, nese momento, estudaba en Harvard. Para entón, ambas as irmás graduáranse e volveron a Shanghai. Mei-ling graduouse en Wellesley o 19 de xuño de 1917 cunha especialización en literatura inglesa e filosofía. Por ser educada en inglés toda a súa vida, falaba un inglés excelente, cun marcado acento xeorxiano que a axudou a conectar co público estadounidense.[4]

Madame Chiang[editar | editar a fonte]

Soong Mei-ling coñeceu a Chiang Kai-shek en 1920. Ao ter once anos máis ca ela, estar casado e ser budista, a nai de Mei-ling opúxose fortemente ao matrimonio entre ambos, mais finalmente consentiu logo de que Chiang dese probas do seu divorcio e prometese converterse ao cristianismo. Chiang díxolle á súa futura sogra que non podía converterse inmediatamente, xa que a relixión era algo que había que asumir pouco a pouco, e non tragala como unha pílula. Casaron o 1 de decembro de 1927. Aínda que algúns biógrafos consideran esta voda como un dos emparellamentos amorosos máis grandes de todos os tempos, outros descríbeno como un matrimonio de conveniencia. A parella non tivo fillos.

O xeneralísimo Chiang Kai-shek e a súa esposa Soong Mei-ling co tenente xeneral Joseph Stilwell durante a Segunda Guerra Sino-Xaponesa.

Madame Chiang iniciou o Movemento da nova vida e participou activamente na política chinesa. Foi membro do Yuan Lexislativo (corpo lexislativo) de 1930 a 1932 e secretaria xeral da Comisión Chinesa de Asuntos Aeronáuticos de 1936 a 1938. En 1945 fíxose membro do Comité Executivo Central do Kuomintang. Cando o seu marido ascendeu ao posto de Xeneralísimo e líder do Kuomintang, Madame Chiang actuou como a súa tradutora ao inglés, secretaria e conselleira. Durante a segunda guerra mundial Madame Chiang intentou difundir a causa chinesa e formar un legado para o seu marido á altura de Roosevelt, Churchill e Stalin. Boa coñecedora das culturas chinesa e occidental, fíxose popular tanto na China como no estranxeiro. A súa relevancia foi tal que Joseph Stilwell propuxo en broma que fose nomeada ministra de defensa.

Nos Estados Unidos atraeu multitudes de ata 30000 persoas e apareceu na portada da revista Time, primeiro co seu marido como "Persoa do ano" e despois co título de "A Señora do dragón"[5] Tanto ela como o seu marido levábanse ben co editor xefe e cofundador da revista Time Henry Luce, o cal habitualmente tratou de facer colectas e pedir apoios dos estadounidenses a favor do Kuomintang. O 18 de febreiro de 1943 converteuse na primeira cidadá chinesa e segunda muller que falaba no Congreso dos Estados Unidos.

Trala derrota do goberno do seu marido durante a Guerra civil chinesa en 1949, Madame Chiang seguiu o seu marido ata Taiwán, mentres que a súa irmá Soong Ching-ling permanecía na China continental ao lado dos comunistas. Mentres o Xeneralísimo envellecía, Madame Chiang gañaba poder asumindo o papel de "intérprete". Madame Chiang continuou a ter un papel relevante a escala internacional. Foi patroa do Comité Internacional da Cruz Vermella, membro honorario da Fundación Británica de Axuda á China e primeiro membro honorario da Sociedade Conmemorativa da Carta de Dereitos. A finais da década de 1960 foi incluída entre as 10 mulleres máis admiradas nos Estados Unidos.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Eleanor Roosevelt e Madame Chiang Kai-shek, 1943.

Trala morte do seu marido en 1975, Madame Chiang pasou a un segundo plano. Chiang Kai-Shek foi sucedido no poder polo seu fillo máis vello Chiang Ching-kuo, dun matrimonio anterior, co que Madame Chiang mantiña relacións tirantes En 1975 emigrou aos Estados Unidos, onde a súa familia posuía uns terreos de 14,6 hectáreas en Lattingtown (Long Island), onde tiña colgado no seu cuarto un retrato do seu marido vestido de gala militar.

Madame Chiang regresou a Taiwán logo da morte de Chiang Ching-kuo en 1988 para buscar apoios entre os seus antigos aliados. Con todo, o sucesor de Chiang como presidente, Lee Teng-hui, demostrou ser máis hábil na política que ela e logrou consolidar a súa posición. En consecuencia, regresou aos Estados Unidos unha vez máis.

Madame Chiang fixo unha infrecuente aparición en público en 1995 cando asistiu a unha recepción celebrada no Capitolio na súa honra, dentro dun programa de celebracións do 50 aniversario do final da segunda guerra mundial. Madame Chiang tamén fixo unha última visita a Taiwán en 1995.

Nas eleccións presidenciais de Taiwán do ano 2000 o Kuomintang mostrou unha carta escrita por ela na que supostamente apoiaba o candidato Lien Chan en contra do candidato independente James Soong (co que non tiña relación ningunha). O propio James Soong nunca puxo en cuestión a autenticidade desa carta.

Soong vendeu a súa propiedade de Long Island no ano 2000 para pasar o resto da súa vida nun apartamento de Gracie Square no Upper East Side de Manhattan, rodeada sempre duns escoltas de negro que lle abrían paso por onde pasase.

Cando Madame Chiang cumpriu 103 anos, celebrou unha exhibición dos seus cadros chineses en Nova York.

Pasamento[editar | editar a fonte]

Soong faleceu mentres durmía en Nova York, no seu apartamento de Manhattan o 23 de outubro de 2003 á idade aproximada de 105 anos.[2] Os seus restos foron sepultados no cemiterio Ferncliff en Hartsdale (Nova York) á espera de poder enterrala xunto ao seu marido que se atopa en Tzuhu (Taiwán). O propósito sería enterralos a ambos na China continental.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Se ben os rexistros do Colexio Wellesley e a Enciclopedia Británica indican que naceu en 1897, o goberno da República da China, a BBC e The New York Times citan sempre 1898 como o seu ano de nacemento. A necrolóxica de The New York Times incluíu a seguinte explicación: "algunhas fontes dan 1897 como o ano do nacemento porque os chineses normalmente consideran que unha persoa xa ten un ano de idade ao nacer". Porén, fontes antigas como a Columbia Encyclopedia, de 1960, toman como ano de nacemento 1896, calculando a posibilidade de que se restase "un ano" dúas veces.
  2. 2,0 2,1 Faison, Seth (24 de outubro de 2003). "Madame Chiang Kai-shek, a Power in Husband's China and Abroad, Dies at 106". The New York Times. Consultado o 27 de xuño de 2008. Madame Chiang Kai-shek, personaxe clave nunha das grandes batallas do século XX, a loita polo control da China postimperialista disputada entre os nacionalistas e os comunistas durante a invasión xaponesa e a violenta posguerra trala Segunda Guerra Mundial, faleceu o xoves en Nova York, segundo informou o ministro de asuntos exteriores de Taiwán o venres pola mañá. Tiña 105 anos. 
  3. "Madame Chiang Kai-shek, a Power in Husband's China ande Abroad, Dies at 105". The New York Times. 24 de outubro de 2003. Consultado o 27 de xuño de 2008. 
  4. Wellesley
  5. "Portada da revista TIME". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2013. Consultado o 15 de setembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]