Sidney Altman
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de maio de 1939 Montreal, Canadá |
| Morte | 5 de abril de 2022 Rockleigh, Estados Unidos de América (pt) |
| Lugar de sepultura | Congregation Mishkan Israel Cemetery (en) |
| Relixión | Xudaísmo |
| Educación | Universidade Columbia Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Universidade de Colorado en Boulder |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Bioloxía molecular e bioquímica |
| Ocupación | biólogo, académico, físico, profesor universitario, bioquímico, químico, biólogo molecular, biofísico |
| Empregador | Universidade Harvard |
| Membro de | |
| Interesado en | Bioloxía molecular |
| Obra | |
| Doutorando | Benjamin C. Stark (pt) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Ann M. Altman |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sidney Altman, nado en Montreal, Quebec (Canadá) o 7 de maio de 1939 e finado en Rockleigh, Nova Jersey, o 5 de abril de 2022,[1] foi un biólogo molecular canadense-estadounidense,[2] gañador do premio Nobel de Química de 1989.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obtivo a súa licenciatura en física no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) en 1960, pasou 18 meses como estudante de gradación en física na Universidade de Columbia e despois obtivo o doutoramento en bioquímica da Universidade de Colorado en 1967.
Xunto a Thomas Cech recibiu o premio Nobel de Química polo descubrimento das propiedades catalíticas do ácido ribonucleico (ARN). Ambos os investigadores da Universidade Yale demostraron que o ARN é o soporte químico da herdanza, intervindo nas reaccións químicas que posibilitaron a aparición da vida na terra.
Desde 1971, foi profesor de bioloxía na Universidade Yale.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Laurans, Penny (6 de abril de 2022). "Sidney Altman, pathbreaking scientist". YaleNews. Consultado o 6 de abril de 2022.
- ↑ James, Laylin K., ed. (1994). Nobel Laureates in Chemistry, 1901–1992. American Chemical Society and Chemical Heritage Foundation. p. 737. ISBN 0-8412-2459-5. Consultado o 11 de setembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1989 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1989 (en inglés)
- Sidney Altman en Biografías y vidas (en castelán)
- Perfil de Sidney Altmanl en NNDB (en inglés)
| Predecesor: Hartmut Michel, Johann Deisenhofer e Robert Huber |
Premio Nobel de Química 1989 con Thomas Cech |
Sucesor: Elias James Corey |
