Osamu Shimomura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Osamu Shimomura
下村 脩
Osamu Shimomura
Datos persoais
Nacemento27 de agosto de 1928 (95 anos)
LugarFukuchiyama, Prefectura de Quioto Xapón
Falecemento19 de outubro de 2018
LugarNagasaki
CausaSenilidade
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadexaponés[1]
Cónxuxe
  • Akemi
  • FillosTsutomu Shimomura
    Actividade
    Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade de Nagasaki
  • Universidade Nagoya
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • descubrimento e desenvolvemento da proteína fluorescente verde (GFP)
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (2008)
  • editar datos en Wikidata ]

    Osamu Shimomura (下村 脩 Shimomura Osamu?), nado en Fukuchiyama (prefectura de Quioto) o 27 de agosto de 1928, é un químico orgánico e biólogo mariño xaponés[2] galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2008[3] polo descubrimento e desenvolvemento da proteína fluorescente verde (GFP), xunto aos estadounidenses Martin Chalfie e Roger Y. Tsien.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Shimomura foi educado en Manchuria e Osaca, onde o seu pai, oficial do exército, estaba destinado. Posteriormente trasladouse a Isahaya, Nagasaki. A súa muller, Akemi, á que coñeceu na Universidade de Nagasaki, é tamén química orgánica e compañeira nas súas investigacións. O seu fillo, Tsutomu Shimomura, é un experto en seguridade informática que colaborou no arresto do hacker e phreaker Kevin Mitnick.

    Estudos académicos e traballo científico[editar | editar a fonte]

    O profesor Shimomura posúe un Ph.D. en química orgánica e é profesor emérito de dúas institucións científicas dos Estados Unidos, o Marine Biological Laboratory (MBL) situado en Woods Hole, Massachusetts (onde traballou desde 1980 ata a súa xubilación, en 2001) e a Boston University Medical School.

    O 8 de outubro do 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Química, xunto a Martin Chalfie e Roger Y. Tsien, polo seu traballo coa proteína fluorescente verde (GFP), dentro dos seus estudos da medusa Aequorea vitoria e da proteína aequorina.[4][5] O profesor Shimomura foi o primeiro que illou e describiu a GFP da medusa, e descubriu que a GFP, ao recibir radiación ultravioleta, emite unha luz verde.[5]

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. "Osamu Shimomura". Nndb.com. Consultado o 2008-10-10. 
    2. The Nobel Prize in Chemistry 2008
    3. "The Nobel Prize in Chemistry 2008". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 03 de abril de 2011. 
    4. Shimomura, Osamu (1995). "A Short Story of Aequorin" (PDF). The Biological Bulletin (en inglés) 189: 1–5. Consultado o 29 de xaneiro de 2021. 
    5. 5,0 5,1 "Nobel de Química, a innovadora herramienta para la biología - La Jornada". (en castelán)

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Gerhard Ertl
    Premio Nobel de Química

    2008
    con
    Martin Chalfie e Roger Y. Tsien
    Sucesor:
    Venkatraman Ramakrishnan,
    Thomas A. Steitz
    e
    Ada Yonath,