William Howard Stein
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de xuño de 1911 Nova York |
| Morte | 2 de febreiro de 1980 Nova York |
| Educación | Universidade Harvard Universidade Columbia |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Bioquímica |
| Ocupación | biólogo, bioquímico, químico, profesor universitario |
| Empregador | Universidade Rockefeller |
| Membro de | |
| Interesado en | Bioquímica |
| Profesores | Max Bergmann |
| Familia | |
| Pais | Frederick Michael Stein |
| Premios | |
| |
William Howard Stein, nado en Nova York o 25 de xuño de 1911 e finado na mesma cidade o 2 de febreiro de 1980, foi un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química en 1972.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou química na Universidade Harvard, onde se licenciou en 1930, e posteriormente doutorouse na Universidade de Columbia en 1939. Na Universidade Rockefeller de Chicago iniciou a súa investigación baixo a dirección de Max Bergmann, xunto a Stanford Moore e, posteriormente, foi nomeado catedrático de bioquímica.
Investigación científica
[editar | editar a fonte]Xunto a Stanford Moore logrou completar a secuencia da molécula da ribonucleasa, observando a natureza e orde dos seus cento vinte e cinco aminoácidos. Foi a primeira encima cuxa estrutura se clarificou definitivamente.
En 1972 foille concedido a metade do Premio Nobel de Química, que compartiu con Stanford Moore, polos seus traballos sobre a relación entre a estrutura química e a actividade catalítica do núcleo das moléculas da ribonucleasa. A outra metade do premio recaeu nos traballos independentes de Christian B. Anfinsen sobre a ribonucleasa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1972 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1972 (en inglés)
| Predecesor: Gerhard Herzberg |
Premio Nobel de Química 1972 con Christian Anfinsen e Stanford Moore |
Sucesor: Ernst Otto Fischer e Geoffrey Wilkinson |