Henri Moissan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFerdinand Frederick Henri Moissan

Henri Moissan
Nome orixinal(fr) Henri Moissan Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1852
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte20 de febreiro de 1907
París Francia
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Apendicite Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 81 48°51′48″N 2°23′37″L / 48.863466, 2.39361
Grave of Moissan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Francia
País de nacionalidadeFrancés
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
Educación
  • Colexio de Meaux
  • Instituto da Agronomía de París
  • Director de tesePierre Paul Dehérain (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Coñecido por
  • Illar o Flúor
  • Actividade
    Campo de traballo
  • Química
  • Ocupaciónquímico , farmacólogo , profesor universitario , farmacéutico Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorSorbona
    Universidade de París Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    ProfesoresEdmond Frémy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
    Obra
    DoutorandoPaul Lebeau (pt) Traducir e Maurice Meslans (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Familia
    CónxuxeMarie Léonie Lugan Moissan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Premios
  • Premio Nobel de Química (1906)
  • Medalla Davy (1896)
  • Sinatura
    Editar o valor em Wikidata

    WikiTree: Moissan-1 Find a Grave: 7643 Editar o valor em Wikidata


    Henri Moissan, nado o 28 de setembro de 1852 en París e finado o 20 de febreiro de 1907 tamén en París, foi un químico e profesor universitario de Francia, premio Nobel de Química en 1906.

    Traxectoría[editar | editar a fonte]

    Estudou no Colexio de Meaux, no Instituto da Agronomía de París e no Instituto de Toxicoloxía. Traballou no Museo de Historia Natural de París e nos laboratorios de Edmond Frémy. Foi profesor na Escola Superior de Farmacia dende o 1879, chegando a impartir clases de química e toxicoloxía no 1886. Dende 1900 foi profesor de química na Universidade de París. Ingresou na Academia de Ciencias francesa no 1891.

    Faleceu repentinamente en París no 1907, pouco despois da súa volta de Estocolmo, tras recibir o Premio Nobel. Non se sabe se os seus experimentos co flúor contribuíron á súa morte.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Entre as súas contribucións científicas máis notábeis, no 1886 conseguiu illar o flúor en forma de gas amarelo verdoso, por electrólise dunha solución de fluorhidrato potásico en ácido fluorhídrico anhidro. A existencia do flúor coñecíase dende anos antes, mais todos os intentos por obtelo fracasaran, e incluso algúns investigadores morreran no intento.

    Tamén ideou un forno de arco, capaz de acadar temperaturas de 4.100 °C, que permite reducir os minerais de certos metais, como o uranio, cromo, volframio, vanadio, manganeso, titanio e molibdeno.

    No 1893, deu a coñecer o seu método de preparación de pequenos diamantes artificiais a partir de carbono disolto en ferro fundido, o que produceu unha gran sensación.

    Foi un dos primeiros en realizar investigación acerca do calcio, descuberto en 1808, por Humphry Davy, conseguindo unha pureza do 99 % pola electrólise do ioduro de calcio (CaI2).

    Baixo a súa dirección traballou o farmacéutico galego, completando a súa formación, Xosé Casares Gil que foi o precursor do desenvolvemento actual da Química en España.

    En 1906, foi galardoado con Premio Nobel de Química, polos seus experimentos sobre o illamento do flúor.

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Adolf von Baeyer
    Premio Nobel de Química

    1906
    Sucesor:
    Eduard Buchner