Kurt Wüthrich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kurt Wüthrich
Nobel prize medal.svg
Kurt-Wuethrich.jpg
Kurt Wüthrich dando unha conferencia no Forum Europeo de 2005 celebrado en Alpbach, Austria
Datos persoais
Nacemento4 de outubro de 1938 (81 anos)
LugarAarberg Suíza Suíza
ResidenciaSuíza Suíza
Nacionalidadesuízo
Cónxuxe
  • Marianne Briner
  • Actividade
    Campo
  • Química
  • Física
  • Matemática
  • Alma máter
  • Universidade de Berna
  • Universidade de Basilea
  • Director de tese
  • Silvio Fallab
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • espectroscopia de resonancia magnética nuclear
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (2002)
  • editar datos en Wikidata ]

    Kurt Wüthrich, nado o 4 de outubro de 1938 en Aarberg, Suíza é un químico galardoado co premio Nobel de Química no ano 2002.[1]

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Estudou Química, Física e Matemática na Universidade de Berna antes de conseguir o seu Ph.D. baixo a dirección de Silvio Fallab na Universidade de Basilea, outorgado en 1964. Continuou o seu traballo postdoctoral con Fallab durante un breve tempo antes de deixalo para traballar na Universidade de California, Berkeley de 1965 a 1967 con Robert E. Connick. A isto seguiulle un período de traballo con Robert G. Shulman nos Laboratorios Bell en Murray Hill, Nova Jersey (1967-1969).

    Wüthrich volveu a Zúric (Suíza), en 1969, onde comezou a súa carreira na Escola Politécnica Federal de Zúric, chegando a Profesor de Biofísica en 1980. Actualmente mantén un laboratorio alí, aínda que o seu cargo está en The Scripps Research Institute, en La Jolla, California.

    Traballo científico[editar | editar a fonte]

    Durantes os seus estudos de gradación Wüthrich comezou a traballar coa espectroscopia de resonancia paramagnética electrónica e o tema da súa tese Ph.D. foi "a actividade catalítica dos compostos de cobre nas reaccións de autooxidación". Durante o seu tempo como un investigador postdoctoral na Berkeley comezou a traballar coa técnica relacionada recentemente desenvolvida da espectroscopia de resonancia magnética nuclear para estudar a hidratación dos complexos metais. Cando Wüthrich uniuse aos Laboratorios Bell, foi posto a cargo dun dos primeiros espectrómetros de RMN superconductores, e comezou estudando a estrutura e dinámica das proteínas. El perseguiu esta liña de investigación desde entón.

    Logo de volver a Suíza, Wüthrich colaborou co premio Nobel Richard R. Ernst en desenvolver os primeiros experimentos de RMN en dúas dimensións, e estableceu o efecto nuclear Overhauser como un xeito conveniente de medir distancias dentro das proteínas. Esta investigación máis tarde levou á asignación completa de resonancias para o inhibidor pancreático de tripsina bovino e o glicagón.

    Foi premiado con parte do Premio Nobel de Química en 2002 polo seu liderado no traballo en curso, comezado nos anos 70, sobre o uso da espectroscopia de resonancia magnética nuclear multidimensional para estudar a estrutura das proteínas.

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. "Prêmio Nobel de Química vai orientar estudos na UFRJ". O Globo (en portugués). Consultado o 19 de febreiro de 2017. 

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    William Standish Knowles,
    Ryoji Noyori
    e
    K. Barry Sharpless
    Premio Nobel de Química
    Nobel prize medal.svg

    2002
    con
    John Fenn e Koichi Tanaka
    Sucesor:
    Peter Agre
    e
    Roderick MacKinnon