Kurt Alder
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de xullo de 1902 Chorzów |
| Morte | 20 de xuño de 1958 Colonia |
| Lugar de sepultura | Deutzer Friedhof |
| Educación | Christian-Albrechts-Universität zu Kiel Universidade Humboldt de Berlín |
| Director de tese | Otto Paul Hermann Diels |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Química |
| Lugar de traballo | Colonia |
| Ocupación | químico, profesor universitario |
| Empregador | Universidade de Colonia Christian-Albrechts-Universität zu Kiel |
| Membro de | |
| Interesado en | Química |
| Obra | |
| Doutorando | Marcel Bornand, Dirk Trautmann e Gerhard Baur (en) |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Альдер Курт) Enciclopedia soviética armenia, volume 1, (p.150) |
Kurt Alder, nado en Königshütte o 10 de xullo de 1902 e finado en Colonia o 20 de xuño de 1958, foi un químico alemán que gañou o Premio Nobel de Química canda a Otto Diels en 1950.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na Alta Silesia, despois da primeira guerra mundial tivo que deixar a súa terra natal por razóns políticas. En 1922 comeza a estudar química na Universidade de Berlín, e posteriormente na de Kiel, onde coñece a Diels.
No ano 1934 comeza a traballar na IG Farben Industrie en Leverkusen, onde traballou no caucho sintético. En 1940 foi nomeado profesor de Química experimental e técnica na Universidade de Colonia, a pesar das dificultades ocasionadas pola segunda guerra mundial continou as súas investigacións na síntese dos compostos orgánicos, publicando máis de 150 artigos neste campo.
En 1950 recibiu o Premio Nobel de Química compartido con Diels polos seus descubrimentos sobre a síntese diénica (reacción Diels-Alder)

Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kurt Alder |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1950 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
| Predecesor: William Francis Giauque |
Premio Nobel de
Química 1950 compartido con Otto Paul Hermann Diels |
Sucesor: Edwin Mattison McMillan e Glenn Theodore Seaborg |