Heinrich Otto Wieland
Heinrich Otto Wieland ![]() | |
---|---|
![]() Heinrich Otto Wieland | |
Datos persoais | |
Nacemento | 4 de xuño de 1877 |
Lugar | Pforzheim Baden-Württemberg ![]() |
Falecemento | 5 de agosto de 1957 |
Lugar | Múnic ![]() |
Residencia | ![]() |
Nacionalidade | alemán |
Cónxuxe | Josephine Bartmann (1908) |
Fillos | Eva Wieland |
Actividade | |
Campo | Química |
Alma máter | Universidade de Múnic |
Director de tese | Johannes Thiele |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | composición do Ácido biliar |
Premios | Premio Nobel de Química (1927) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Heinrich Otto Wieland, nado en Pforzheim, Baden, (Alemaña) o 4 de xuño de 1877 e finado en Múnic, o 5 de agosto de 1957, foi un químico alemán. Foi galardoado co premio Nobel de Química do ano 1927.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou química nas universidades de Berlín, Múnic e Stuttgart. En 1917 sucedeu a Adolf von Baeyer como profesor de química da Universidade de Múnic e ensinou química orgánica nas de Friburgo e Múnic (1925-1953).
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
Formulou a teoría da deshidroxenación e explicou a constitución de moitos produtos de natureza completa, como a pteridina, as hormonas sexuais e os glucósidos da dixital, e tamén dalgúns alcaloides.
Así mesmo realizou estudos complexos sobre os ácidos biliares.
En 1927 foi galardoado co Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre a composición dos ácidos biliares. O premio foi anunciado o 13 de novembro de 1928, sendo entregado o 10 de decembro daquel mesmo ano en Estocolmo.
Activismo social[editar | editar a fonte]
Wieland tratou exitosamente de protexer as persoas, especialmente os estudantes xudeus, que vían como eran "restrinxidos racialmente" tras as leis de Núremberg. Malia non poder acceder á universidade como alumnos, podían permanecer no grupo de Heinrich Wieland como químicos ou como "Gäste des Geheimrats" (invitados do consello privado).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1927 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel
- Perfil de Heinrich Otto Wieland NNDB (en inglés)
Predecesor: Theodor Svedberg |
Premio Nobel de Química![]() 1927 |
Sucesor: Adolf Otto Reinhold Windaus |